DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fan públicas as resolucións polas que se revisan varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), fanse públicas as seguintes resolucións:

Instalación: fábrica de produtos lácteos

Procedemento: revisión e modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Celega, S.L.

Expediente: 2020-IPPC-M-27 e 2022-IPPC-M-45

Localización: concello do Saviñao (Lugo)

Número rexistro: 2012-IPPC-141-264

Instalación: instalación para transformación de produtos lácteos

Procedemento: revisión e modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Industrias Lácteas de Nadela, S.L.U.

Expediente: 2020-IPPC-I-31 e 2022-IPPC-I-140

Localización: Lugo (Lugo)

Número rexistro: 2006/0224_NAA/IPPC_032

Estas resolucións poderán consultarse na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-deexpedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de forma presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático