DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, no que se fai público o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a ordenación do ámbito de confluencia da rúa Maior coa rúa Parque, no concello da Fonsagrada (expediente 2023AAE2810).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 31 de outubro de 2023, relativo ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a ordenación do ámbito de confluencia da rúa Maior coa rúa Parque, no concello da Fonsagrada.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código: 2627/2023.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático