DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 5 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN407A 2023/121-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.

Domicilio social: avenida San Adrián, 48, 48003 Bilbao.

Denominación: proxecto de modificación de liña aérea de alta tensión a 132 kV San Cristovo-Trives. Treito comprendido entre os apoios núm. 17 e núm. 25.

Situación: concello da Pobra de Trives.

Características principais recollidas no proxecto:

– LMT aérea, a 132 kV, de 1.200 m de lonxitude, en condutor LA-180, con orixe no apoio existente núm. 17 da LMT San Cristovo-Trives e remate no apoio existente núm. 25 da citada LMT. Desmonte dos apoios núm. 21, 22, 23 e 24 da LMT San Cristovo-Trives.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Jesús Ángel Tajuelo Gallego, colexiado núm. 19887 do COIIM, o 19.5.2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 5 de outubro de 2023

A xefa territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/121-3.

Denominación da instalación: proxecto de modificación de liña aérea de alta tensión a 132 kV San Cristovo-Trives. Treito comprendido entre os apoios núm. 17 e núm. 25.

Concello da Pobra de Trives.

Predios

Propietarios

Afección

Núm.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Servidume (voo)

Lonx. m

Sup. afect. m2

1

Canidoira

MT Matogueira

Ubaldino Pérez Pérez

5

60,64

4

Canidoira

MT Matogueira

Ana Diéguez Alonso

12,5

236,49

10

Couso

C-Labor ou labradío secaño

Pedro Martínez Yáñez

19,9

454,95

11

Couso

C-Labor ou labradío secaño

Longina Quintas Basado

24,1

471,12

13

Cruceiro

C-Labor ou labradío secaño

Isonina Pérez Basalo

12,3

145,96

17

Pedrin

a MT Matogueira
b C-Labor ou labradío secaño

Gustavo Pérez Diéguez

33,8

512,67

18

Padreiriño

PD Prados ou pradarías

Leonardo Guerra Rodríguez

57,9

911,48

19

Padreiriño

PD Prados ou pradarías

Amando Martínez Vázquez

46,5

594,85

22

Lamas

a C-Labor ou labradío secaño
b PD Prados ou pradarías

Santiago Álvarez Domínguez

213

5.977,95

23

Lamas

C-Labor ou labradío secaño

Mª del Carmen Canovas López

11,4

311,21

24

Lamas

PD Prados ou pradarías

Amando Martínez Vázquez

79

1.512,81

29

Fontelas

MT Matogueira

Manuel Domingo Pérez Pérez

25,3

120,41

31

Fontelas

E-Pastos

José Benito Pérez

34,9

1.142,09

32

Fontelas

MT Matogueira

Camilo Pérez Domínguez

18,8

620,13

33

Fontelas

E-Pastos

Herdeiros de Araceli Pérez Diéguez

11,1

358,83

35

Fontelas

PD Prados ou pradarías

Manuel Domínguez Pérez

10,5

315,86

36

Fontelas

PD Prados ou pradarías

Mª del Carmen Domínguez Pérez

Fernando Domínguez Pérez

8,4

243,04

37

Cruceiro

MT Matogueira

Ramón Rodríguez

8,5

236,71

41

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Roberto Rivas Pérez

4,4

10,63

42

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Roberto Rivas Pérez

11,3

195,01

43

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Ramón Rodríguez

8,7

134,16

44

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Ramón Rodríguez

5,6

20,83

45

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Herdeiros de Félix Andrés Domínguez Rodríguez

13,5

176,82

46

Cruceiro

PD Prados ou pradarías

Descoñecido

2,8

29,6