DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63062

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 9 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

O 21 de xuño de 2023, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 117 a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

Esta orde establece o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia. Concretamente, no artigo 5 establece un período de realización de estadías formativas nas entidades ou empresas de 3 meses consecutivos, excepto causa xustificada.

Tendo en conta a data de publicación da orde e á vista dos prazos de aceptación da axuda e de presentación de documentación por parte das entidades beneficiarias, resultou oportuno facer unha ampliación do prazo máximo establecido para a finalización das estadías formativas, que se estendeu desde o 31 de outubro de 2023 ata o 15 de novembro de 2023, en virtude da Orde do 18 de xullo de 2023 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 139, do venres 21 de xullo de 2023.

Tras a resolución definitiva de concesión das subvencións, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 17 de agosto de 2023, as entidades beneficiarias tiveron que publicar as súas respectivas convocatorias e foi preciso comprobar o cumprimento dos requisitos de cada un dos participantes seleccionados, así como revisar a documentación achegada polas persoas beneficiarias. Considerando a complexidade da xestión da tramitación, enténdese que concorren circunstancias suficientes que aconsellan facer unha nova ampliación do prazo das estadías formativas ata o 15 de decembro de 2023.

Consecuentemente co anterior, cómpre ampliar o período de subvencionabilidade dos gastos e a data de xustificación da subvención, que tiña como data límite o 20 de novembro de 2023, ata o 20 de decembro de 2023.

Esta ampliación do prazo está amparada no artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o cal o órgano concedente da subvención poderá outorgar, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non exceda a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.

Estas modificacións non supoñen a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Na súa virtude, en uso das facultades que me confiren o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, desenvolvida polo Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D)

A Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D), queda redactada como segue:

Un. A letra c) do número 1 do artigo 5, relativo á duración e características das estadías formativas, queda redactada como segue:

«c) As estadías formativas poderán comezar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión das subvencións, unha vez aceptada esta e finalizado o proceso de selección das persoas mozas participantes, de acordo co establecido nos artigos 22 e 23 desta orde. Deberán finalizar, como data límite, o 15 de decembro de 2023.

O tempo de interrupción, establecido na letra b), quedaría excluído do período de estadías formativas e non xera ningún dereito económico para as persoas beneficiarias».

Dous. O número 2 do artigo 7, relativo ao período de subvencionabilidade dos gastos, queda redactado como segue:

«2. O período de subvencionabilidade dos ditos gastos abranguerá desde o día seguinte ao da publicación das bases reguladoras ata o 20 de decembro de 2023.

Cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos, xerados dentro do período subvencionable, de nóminas ou que comporten ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto, factura ou documento equivalente, en que se reflicta o importe da retención ou cotización devindicados na data de xustificación. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao final dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso en período voluntario».

Tres. O número 3 do artigo 24, relativo á data límite de xustificación da subvención, queda redactado como segue:

«3. Establécese como data límite de xustificación da subvención concedida o 20 de decembro de 2023».

Catro. Modifícase o anexo IV, relativo ao acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas no que se refire á data límite para realización das ditas estadías, que será o 15 de decembro de 2023.

Disposición adicional única. Presentación de solicitudes e disposición dos anexos

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude