DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63066

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro).

Primeiro. A Orde do 10 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), establece no seu artigo 4 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 10 de xaneiro de 2023 establece no seu artigo 4.6 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional á porcentaxe de paro rexistrada en cada provincia no período 2017-2021, segundo os datos do Servizo Público de Emprego de Galicia. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.

Para estes efectos, terase en conta a data en que se presentou a correspondente solicitude, de acordo co previsto no artigo 8 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Terceiro. A Orde do 10 de xaneiro de 2023 establece no seu artigo 4.1 que se financiará cos seguintes créditos:

– Para os incentivos á contratación das persoas mozas, a aplicación orzamentaria 11.30.322C 470.3, código de proxecto 2016 00308, cun crédito de 2.000.000 de euros (fondo propio), e a aplicación orzamentaria 11.30.322C 472.0, código de proxecto 2023 00120, cun crédito de 1.000.000 de euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas de longa duración e persoas de 55 anos ou máis, a aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, cun crédito de 2.000.000 de euros (fondo finalista).

- Para os incentivos á contratación de persoas emigrantes retornadas e extranxeiras, a aplicación orzamentaria 11.30.322C 472.0, código de proxecto 2023 00126, cun crédito de 2.000.000 de euros (fondo propio).

- Para os incentivos á contratación das mulleres desempregadas, a aplicación orzamentaria 11.30.322C 472.0, código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 7.000.000 de euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e en situación ou risco de exclusión social, a aplicación orzamentaria 11.30.322C 470.9, código de proxecto 2016 00309, cun crédito de 2.950.000 euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexa unha entidade sen ánimo de lucro, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101, cun crédito de 500.000 euros (fondo finalista).

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo ás aplicacións orzamentarias indicadas, ao abeiro do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, de acordo coa repartición provincial da contía segundo a porcentaxe de paro rexistrado en cada provincia no período 2017-2021.

Provincia da Coruña:

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 660.000 €, e a aplicación orzamentaria 11.30.322C 472.0, código de proxecto 2023 00120: correspóndelle unha contía de 330.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 1.3.2023 ás 11.51.07 horas (expediente TR342C/2023/827-01).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 660.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 2.3.2023 ás 17.09.28 horas (expediente TR342C/2023/926-1).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00126: correspóndelle unha contía de 660.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 6.7.2023 ás 14.18.57 horas (expediente TR342C/2023/1698-1).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 2.310.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 3.2.2023 ás 14.56.31 horas (expediente TR342C/2023/314-1).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 973.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 4.4.2023 ás 17.01.51 horas (expediente TR342C/2023/1304-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101: correspóndelle unha contía de 165.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 10.3.2023 ás 14.08.00 horas (expediente TR342C/2023/1051-1).

Provincia de Lugo:

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 21.3.2023 ás 12.18.44 horas (expediente TR342C/2023/475-2).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C 472.0, código de proxecto 2023 00120: correspóndelle unha contía de 170.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 7.2.2023 ás 12.27.18 horas (expediente TR342C/2023/276-2).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 27.2.2023 ás 13.43.29 horas (expediente TR342C/2023/397-2).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00126: correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 10.5.2023 ás 12.19.46 horas (expediente TR342C/2023/570-2).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 1.190.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 1.2.2023 ás 13.07.49 horas (expediente TR342C/2023/118-2).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 501.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 29.6.2023 ás 8.43.39 horas (expediente TR342C/2023/607-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101: correspóndelle unha contía de 85.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 19.4.2023 ás 16.13.27 horas (expediente TR342C/2023/144-2).

Provincia de Ourense:

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 340.000 €, e a aplicación orzamentaria 11.30.322C 472.0, código de proxecto 2023 00120: correspóndelle unha contía de 170.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 23.5.2023 ás 16.21.49 horas (expediente TR342C/2023/472-3).

- Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 2.3.2023 ás 18.49.41 horas (expediente TR342C/2023/306-3).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00126: correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 4.9.2023 ás 10.18.36 horas (expediente TR342C/2023/556-3).

- Aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 1.190.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 3.2.2023 ás 17.41.37 horas (expediente TR342C/2023/132-3).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 501.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 13.6.2023 ás 17.25.55 horas (expediente TR342C/2023/499-3).

Provincia de Pontevedra:

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 660.000 €, e a aplicación orzamentaria 11.30.322C 472.0, código de proxecto 2023 00120: correspóndelle unha contía de 330.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 16.2.2023 ás 10.42.00 horas (expediente TR342C/2023/809-5).

- Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 660.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 10.2.2023 ás 14.08.00 horas (expediente TR342C/2023/663-5).

- Aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 2.310.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 1.2.2022 ás 16.54.00 horas (expediente TR342C/2023/212-5).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 973.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 31.3.2023 ás 13.23.00 horas (expediente TR342C/2023/1328-5).

- Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101: correspóndelle unha contía de 165.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no punto 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 20.3.2023 ás 12.20.00 horas (expediente TR342C/2023/1237-5).

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social