DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 62997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2022/338-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos, no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 31 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/338-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos.

Concello: A Laracha.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

2

Terreiro

15042A01300012

Gerardo, Amparo, Manuel, Élida e Luis Varela Viña

31.10.2023

9

Chousa Grande

15042A01300162

Descoñecida

31.10.2023

10

Chousa Grande

15042A01800068

Descoñecida

31.10.2023

12

Brañón

15042A01800045

Descoñecida

31.10.2023

13

Lumbade

15042A01800044

Descoñecida

31.10.2023