DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 62998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2022/307-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada nova saída LMT do CS A Xesta a derivación Currelos, no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/307-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 31 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/307-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: nova saída LMT do CS A Xesta a derivación Currelos.

Concello: A Laracha.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

2

Casa Vedra

15042B50100696

María Jesusa Cabezas Vilas

31.10.2023

4

Casa Vedra

15042B50100695

José Antonio Fraga Arantón

31.10.2023

7

Corral

15042B50110700

Descoñecida

31.10.2023

8

Cobras

15042B50110713

María del Carmen García Pallas

31.10.2023

9

Bidueiro

15042B50100711

María del Carmen García Pallas

31.10.2023

12

Prado da Xesteira

15042B50100978

Descoñecida

31.10.2023

15

Laxe

15042B50102044

Descoñecida

31.10.2023

19

Coto

14042B50101053

Descoñecida

31.10.2023