DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 62995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiso (expediente IN407A 2021/205-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a Resolución desta xefatura territorial, do 23 de decembro de 2022, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto denominado LMT, CT e RBT aldea Sardecoiro, no concello de Santiso (expediente IN407A 2021/205-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no edificio administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 61), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da dita resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Consellería de Economía Industria e Innovación no prazo dun mes, que contará a partir da notificación da resolución, ou ben interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 30 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/205-1.

Entidade promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT aldea Sardecoiro.

Concello: Santiso.

Predio

Polígono

Parcela

Lugar

Titularidade proposta

7

507

87

Zarra da Graña

Victoria Varela Rodríguez

8

507

86

Zarra da Graña

Obdulia Rial Taboada

9

507

85

Zarra da Graña

Soledad Agra Fernández e Julio Varela Varela