DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de notificación colectiva para a xestión da biomasa a titulares aos que non foi posible efectuar a comunicación.

Ao non ser posible efectuar a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación da xestión de biomasa, co fin de que no prazo de 15 días naturais, que comezarán a contar desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no BOE.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A011004420000KG

1535/2023

Carracedo Fernández Clementina

36049A011004410000KY

1535/2023

Lorenzo Rodríguez José (Hros. de)

36049A017002270001LJ

1578/2023

Vaqueiro Rodríguez Mariano

36049A015005820000KO

1398/2023

Gil Martínez Luis

36049A020011470000KT

2519/2022

Pérez Martínez Fernando (Hros. de)

36049A028003850001LK

2171/2023

Alonso Alonso Valeriano (Hros. de)

36049A012017160000KO

1656/2023

Martínez Estévez Ángel (Hros de)

36049A017008780000KL

1639/2023

Estévez Rodríguez Dolores (Hros. de)

Salceda de Caselas, 17 de outubro de 2023

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa