DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62747

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilarmaior

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuar a notificación ao titular da parcela con referencia catastral que se relaciona a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada no procedemento proceda á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición para o seu exame e coñecemento, nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, nº 1, das 9.00 a 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Referencia catastral

Titular

15092A02200545

Cristina García Novoa

Vilarmaior, 20 de outubro de 2023

Carlos Vázquez Quintián
Alcalde