DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de notificación colectiva para a xestión da biomasa a titulares aos que non foi posible efectuar a comunicación.

Ao non ser posible efectuar a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de 15 días naturais, que comezarán a contar desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no BOE.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A020000210000KM

1817/2022

En investigación

36049A008012810000KW

2308/2022

Coto Gil Jacinto

36049A033004570000KK

2631/2022

En investigación

36049A033007230000KS

2631/2022

En investigación

36049A033003780000KA

2631/2022

En investigación

36049A042006800000KS

1555/2023

En investigación

36049A042006830000KH

1555/2023

En investigación

36049A012006440000KP

1573/2023

Cabaleiro Fernández José

36049A012006450000KL

1573/2023

Morais Núñez Marina (Hros. de)

Salceda de Caselas, 17 de outubro de 2023

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa