DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62129

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2023 pola que se convoca o concurso de méritos específico para a provisión de dous postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

Ao estaren vacantes dous postos de traballo desta universidade, esta Xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), e da delegación de competencias indicada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020 en relación co artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, de acordo co que dispón o artigo 20 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o artigo 79 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, os artigos 90 e seguintes da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro (DOG do 18 de novembro), o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Resolución da Universidade da Coruña do 4 de novembro de 2021 pola que se fai pública a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG do 15 de novembro), modificada polas resolucións do 21.10.2022 e 13.9.2023 e despois de se consultar a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos,

RESOLVE:

Publicar a convocatoria do concurso de méritos específico para cubrir os postos que se relacionan no anexo I desta resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira. Requisitos e condicións de participación

Poderán participar neste concurso todos/as os/as funcionarios/as de carreira das escalas de administración e servizos da Universidade da Coruña, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme mentres dure a suspensión, así como os que pertenzan aos distintos corpos ou escalas de calquera das administracións públicas que se acharen na data desta convocatoria prestando os seus servizos nesta universidade como funcionario/a de carreira, sempre que reuniren, na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación, as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria, así como o establecido no artigo 91.2 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia. Para participar neste concurso específico é requisito necesario ter unha antigüidade mínima de tres anos como persoal funcionario de carreira. Ademais, o persoal funcionario de carreira que ocupe con carácter definitivo un posto de traballo obtido por concurso debe permanecer nel un mínimo de seis meses para poder participar neste concurso específico.

Despois de transcorrer o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para a persoa peticionaria e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obtivese outro destino por medio de convocatoria pública antes de finalizar o prazo de toma de posesión.

O concurso deberá resolverse no prazo máximo de seis meses, contado desde a publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Segunda. Postos de traballo

Os postos de traballo son os que se detallan no anexo I, e para poder optar a calquera deles será necesario pertencer ao grupo e ao corpo ou escala-subescala que se sinala nese anexo, así como reunir os requisitos específicos que se sinalan nel e na vixente relación de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña, coas excepcións feitas na base primeira.

Terceira. Valoración de méritos

A valoración dos méritos das persoas aspirantes para a adxudicación dos postos de traballo que se solicitaren será como a seguir se indica.

1. Méritos xerais.

A puntuación máxima dos méritos xerais: 100 puntos.

1.1. Grao persoal consolidado.

Puntuación máxima desta epígrafe: 15 puntos.

A valoración do grao persoal consolidado efectuarase segundo os seguintes criterios:

Grao consolidado

Máximo: 15

30

15

29

14,5

28

14

27

13,5

26

13

25

12,5

24

12

23

11,5

22

11

21

10,5

20

10

19

9,5

18

9

17

8,5

16

8

15

7,5

14

7

13

6,5

12 ou inferior

6

1.2. Valoración do traballo desenvolvido.

Puntuación máxima desta epígrafe: 25 puntos.

A valoración do traballo desenvolvido na UDC efectuarase segundo os seguintes criterios:

Valorarase o traballo desenvolvido en postos actualmente catalogados como de funcionario que se ocupen con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e pertencentes á mesma escala-subescala (administración xeral).

No caso de ocupar unha praza en comisión de servizos, este tempo valorarase como prestado no último posto que se ocupou con carácter definitivo ou con adscrición provisional.

Para a valoración do traballo desenvolvido na UDC, tomarase a puntuación fixada por ano para cada posto na táboa que a seguir se relaciona. Os períodos inferiores ao ano ratearanse por meses.

Escala da Administración xeral

Letrado/a asesor/a

2,45

Vicexerenta/e

2,375

Xefa/e de servizo

2,3

Xefa/e de sección

1,85

Administrador/a

1,775

Secretaria/o do reitor, Consello Social

1,325

Xefa/e de negociado

1,175

Secretaria/o do secretario xeral, vicerreitor, xerente

Secretaria/o de decanato/dirección

0,875

Secretaria/o de instituto universitario

0,8

Secretaria/o administrativa/o

0,725

Posto base ORI

0,650

Posto base

0,5

Xefe de grupo

0,5

Escala de bibliotecas

Xefe/a de servizo

2,3

Xefe/a de sección

1,85

Director/a de biblioteca

1,775

Bibliotecario/técnico de arquivo/documentalista

1,175

Auxiliar técnico/a de biblioteca

0,8

Escala técnica

Técnico superior/medio-Xefe de servizo-Xefe de área

2,3

Técnico superior-Coordinador da área de informática

1,875

Técnico superior-Coordinador da área de deportes

Secretario técnico

1,775

Técnico superior en asesoramento científico

Técnico en fomento da innovación

Técnico en relacións internacionais

Técnico superior

1,700

Analista

Analista-programador

1,500

Técnico grao medio informático

1,325

Técnico grao medio

1,175

Arquitecto técnico

Técnico especialista en distribución de correos

Técnico especialista

0,875

Conserxe

0,500

Especialista de laboratorio

0,350

Condutor

Mariñeiro especialista

Especialista correos

Socorrista

Especialista de oficios

Telefonista

0,275

Vixilante

0,200

Auxiliar de servizos

Neste punto, consideraranse servizos prestados na UDC o traballo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo (DOG do 24 de xaneiro).

O traballo desenvolvido noutras administracións valorarase segundo a puntuación que se corresponda cos postos que figuran na táboa, segundo o seu nivel de complemento de destino e específico, de acordo cos niveis de complemento de destino e específico acreditados na certificación de servizos prestados, ou a proporción que corresponda. A diferenza por cada nivel será de 0,075, tanto de complemento de destino como de específico, no caso de non existir ese nivel na UDC. En caso de que non se poida certificar o nivel de complemento específico, asimilarase ao complemento de destino. Asegurarase, como mínimo, que a puntuación será a que corresponda ao posto de nivel inferior en que se pode prestar servizos nesta universidade dentro de cada grupo funcionarial da RPT vixente.

1.3. Antigüidade.

Os servizos prestados na Administración pública, en que se inclúen os servizos previos recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario de carreira, valoraranse por cada ano completo (ou fracción 1/12 por mes completo), ata un máximo de 20 puntos, do seguinte xeito:

– Servizos prestados na Administración pública: 0,667 puntos por ano completo de servizo.

Ao abeiro do disposto no Real decreto 255/2006, polo que se modifica o Real decreto 364/1995, e no Real decreto 365/1995, engadirase á puntuación obtida por antigüidade (por enriba dos 20 puntos) e só se terá en conta para postos de igual ou inferior nivel ao do posto que ocupa no momento do concurso con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e que se poderá obter polos seguintes supostos:

a) 1,25 puntos no caso de que o destino previo do cónxuxe funcionario, obtido mediante convocatoria pública, se localice no municipio en que radique o posto ou os postos de traballo solicitados, sempre que se acceda desde un municipio distinto.

b) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado de fillos, tanto cando foren por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, ata que o fillo cumpra doce anos, sempre que a persoa interesada acredite fidedignamente que o posto solicitado permite unha mellor atención do menor.

c) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade sempre que, por razóns de idade, de accidente, de enfermidade ou de discapacidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, sempre que se acceda desde un municipio distinto, e sempre que a persoa interesada acredite que o posto que se solicita permite unha mellor atención do familiar. A valoración deste suposto será incompatible coa concedida polo coidado de fillos.

1.4. Formación.

1.4.1. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

A puntuación máxima será de 15 puntos.

Nesta subepígrafe serán valorados os cursos, impartidos e/ou recibidos, de formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo. Non se avaliará a formación no DEA se se posúe a titulación de doutor.

– Cursos de aptitude: 0,075 puntos por hora.

– Cursos de asistencia: 0,05 puntos por hora.

– Actividades formativas en que non conste o número de horas: computarase unha hora por día da actividade.

Os cursos impartidos avaliaranse como un curso de aptitude polo número de horas dunha edición.

As estadías noutras universidades, convocadas para o PAS, de duración igual ou superior a 5 días, valoraranse como 20 horas de asistencia a unha acción formativa, entendéndose incluídas nesta epígrafe exclusivamente as convocadas para o persoal de administración e servizos.

A formación que tiver unha antigüidade de máis de 10 anos na data en que finalice o prazo de presentación de instancias non poderá superar un máximo de 10 puntos.

Só se puntuarán os niveis máis altos dos cursos recibidos e unha única edición do mesmo curso impartido ou recibido.

1.4.1.1. Valoraranse os cursos organizados pola UDC, os recibidos na EGAP, no INAP, servizos de prevención e mutuas ou noutros centros oficiais de calquera Administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. Igualmente, para os postos reservados ás escalas de arquivos, bibliotecas e museos, valoraranse os cursos específicos organizados por entidades profesionais, membros da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística.

1.4.1.2. Os títulos propios, o DEA e a suficiencia investigadora valoraranse como os cursos recollidos no punto 1.4.1.1.

1.4.1.3. Non se valorarán cursos académicos completos nin por materias de forma illada.

1.4.1.4. Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos que fosen organizados por calquera Administración.

1.4.2. Titulación académica.

Puntuación máxima desta epígrafe: 5 puntos.

Titulacións

Máximo: 5

Doutoramento

5

Mestrado oficial

1º = 0,5 adicional á titulación de acceso

(2º e sucesivos: 10 % do primeiro)

Licenciatura/Grao

4

Diplomatura

3

Ciclo superior de FP

2,5

Bacharelato

2

Ciclo medio de FP

ESO/Graduado escolar

1

Segundas e sucesivas titulacións universitarias

10 % do valor da 1ª equivalente no nivel de estudos

As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo Ministerio, e a persoa interesada deberá citar a disposición en que se establece e o BOE en que se publica.

Non se lle dará a consideración de segundas titulacións ás que constitúan unha especialidade por itinerario da titulación ou ás titulacións adaptadas ao EEES (graos) a que se acceda a través dun curso ponte (ou similar).

No suposto de posuír dúas titulacións, cando se accede ao segundo ciclo dunha titulación mediante a superación do primeiro ciclo doutra, só se terá en conta a de nivel superior.

As titulacións estranxeiras só se valorarán se están homologadas no Estado español por un órgano competente.

1.4.3. Coñecemento da lingua galega.

Puntuación máxima desta epígrafe: 5 puntos.

Valoraranse os cursos segundo o recollido na Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo) modificada pola Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG do 24 de xuño), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), así como as equivalencias que esta última orde dispón no artigo 5:

Galego

Máximo: 5

Linguaxe administrativa, nivel superior, ou Celga 5

5

Linguaxe administrativa, nivel medio

3,3

Celga 4

1,6

Celga 3

0,8

1.4.4. Coñecemento de idiomas.

Puntuación máxima desta epígrafe: 2,5 puntos.

O coñecemento de idiomas (diferentes do galego e do castelán) valorarase seguindo os niveis de competencias lingüísticas establecidas polo Consello de Europa no Marco común europeo de referencia das linguas (MECRL), segundo a táboa de equivalencias contida no anexo IV.

Para os efectos de valoración do nivel de competencias lingüísticas, teranse en conta tamén as previsións e equivalencias dos diferentes títulos obtidos nas escolas oficiais de idiomas regulados no Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como no Decreto 191/2007, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación de ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, e o Decreto 239/2008, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado.

Nivel

Máximo: 2,5

C2

2,25

C1

1,75

B2

1,25

B1

0,75

A2

0,25

A1

0,1

Só se valorará o nivel máis alto dun mesmo idioma.

O coñecemento de idiomas acreditarase por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou homologados. As equivalencias terán que ser achegadas polas persoas interesadas para que se poida valorar esta epígrafe.

As linguas non oficiais na UE valoraranse, segundo o nivel acreditado, coa metade dos puntos da táboa anterior.

1.5. Grupo do corpo ou escala de pertenza.

Puntuación máxima desta epígrafe: 12,5 puntos.

Polo grupo a que pertence o/a funcionario/a e desde o que participa no concurso concederanse os seguintes puntos:

Subgrupo

Máximo: 12,5

A1

12,5

A2

9,375

B

7,81

C1

6,25

C2

3,125

E (AP)

1

2. Méritos específicos.

Puntuación máxima dos méritos específicos: 80 puntos.

2.1. Para participar no concurso de méritos específico é requisito necesario ter unha antigüidade mínima de tres anos como persoal funcionario de carreira. Ademais, o persoal funcionario de carreira que ocupe con carácter definitivo un posto de traballo obtido por concurso debe permanecer nel un mínimo de seis meses para poder participar neste concurso específico. Esta fase está dirixida á comprobación e á valoración dos méritos específicos das persoas aspirantes a postos que figuran no anexo I. Efectuarase da seguinte forma:

2.2. Proba de carácter práctico (artigo 91.5 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

Elaboración dun proxecto, exposición e defensa. Puntuación total: 80 puntos.

Os solicitantes deberán elaborar unha memoria en que se evidencie o coñecemento da área a que concursa, cunha análise das tarefas do posto e dos requisitos, condicións e medios necesarios para desempeñalo, así como unha proposta organizativa do posto e área en que se encadra, que conteña os obxectivos que se desenvolverán nos próximos dous anos, e coa descrición de polo menos dúas accións para cada obxectivo marcado.

De se presentar a varios postos, deberá achegar unha memoria para cada un dos postos a que concurse.

Para os efectos do anterior, os solicitantes deberán presentar por escrito e defender oralmente este proxecto, nun acto público, e ante a comisión para o posto a que concursen.

Con ese fin, presentarase o proxecto, no prazo de solicitude da convocatoria do concurso, nun sobre branco, tamaño 36 cm × 26 cm, pechado e sen ningún tipo de identificación, en que apareza só o enderezo da Universidade da Coruña. Deberá ter unha extensión máxima de 20 páxinas, en tamaño A4 a espazo e medio e cun tipo de letra Times New Roman ou Arial de tamaño 12.

Dentro deste sobre incluirase, ademais do proxecto, un segundo sobre branco, tamaño 18,5 cm × 26 cm, pechado e tamén sen identificación, dentro do cal o aspirante indicará os seus datos persoais (nome, apelidos e fotocopia do documento nacional de identidade).

2.3. Valoración do proxecto, farase en dúas fases:

Fase a). Lectura do proxecto por parte da comisión avaliadora. A valoración farase con base nos criterios que previamente estableza e publique a comisión de valoración dos méritos específicos. A valoración faise sen coñecer a identidade dos aspirantes, e avaliarase cun máximo de 40 puntos, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión, desbotando para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, de ser o caso, unha das que aparezan repetidas como tales. Esta puntuación farase pública antes da exposición (fase b). No caso de non se presentar, non poderá realizar a seguinte fase.

Fase b). Exposición pública do proxecto. A valoración farase con base nos criterios que previamente estableza e publique a comisión de valoración dos méritos específicos. O tempo máximo de intervención para a defensa e exposición por cada candidato será de 30 minutos. Posteriormente, terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que lle poidan formular os membros da comisión. A puntuación será de 40 puntos como máximo, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión, unha vez escoitada a exposición e concluído o diálogo coa persoa aspirante. No caso de non se presentar, non se lle computará a puntuación obtida na fase a) precedente.

O acto será único para todos os aspirantes a un mesmo posto e será público. Deste acto quedará constancia mediante gravación audiovisual da intervención dos aspirantes. Os aspirantes serán convocados para a exposición e defensa pública pola Universidade da Coruña cunha antelación de, como mínimo, 3 días hábiles.

Unha vez outorgada a puntuación de todos os proxectos, a comisión elaborará a acta correspondente, que será publicada no prazo máximo dos cinco días hábiles logo da última presentación do proceso e na que deberán figurar os criterios de valoración e puntuación de cada un destes criterios aplicados pola comisión.

As puntuacións outorgadas, así como a avaliación final, deberán de se reflectir nas actas da comisión que se redactarán para o efecto.

A valoración correspondente á epígrafe de méritos xerais farase pública con posterioridade á valoración dos méritos específicos que realizará a comisión encargada da valoración.

A comisión terá a potestade de decidir o posible aprazamento da presentación dun aspirante, no caso de situación por causa de forza maior apreciada fidedignamente pola comisión, que imposibilite a presentación no día e na hora sinalados.

Cuarta. Solicitudes

As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexos II e III desta resolución e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, no rexistro auxiliar da Zapateira-Elviña, no rexistro auxiliar de Ferrol, ou nas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que fosen varios os postos que se soliciten, a preferencia deles virá establecida pola orde en que aparezan consignados na solicitude.

No caso de que non coincida o número de posto coa denominación deste, prevalecerá o nome do posto.

Poderanse condicionar as peticións de dous funcionarios por razón de convivencia familiar, ao feito de ambos obteren destinos neste concurso e no mesmo municipio, de tal xeito que se un deles non obtiver destino quedará anulada tamén a solicitude do outro. As persoas que se acollan a esta petición condicionada deben xustificar na solicitude a convivencia familiar.

Quinta. Relación de persoas admitidas e excluídas

Despois de rematar o prazo de presentación de solicitudes, o Servizo de Persoal elaborará unha proposta que será trasladada ao xerente, que resolverá declarando a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, onde se indicará a causa de exclusión e os postos a que optan. Esta relación publicarase na sede electrónica e as persoas excluídas ou que non aparezan na relación de persoas admitidas terán un prazo de dez días hábiles para reclamar en contra da exclusión ou da omisión. Unha vez transcorrido o devandito prazo, o xerente ditará a resolución en que se declarará aprobada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, que será publicada na sede electrónica da Universidade da Coruña.

Sexta. Comisións de valoración

A composición da Comisión de Valoración será publicada na sede electrónica da UDC. A composición deste órgano responderá aos principios de profesionalidade e especialización dos seus membros e adecuarase ao criterio de paridade entre home e muller. O seu funcionamento axustarase aos principios de imparcialidade e obxectividade.

As comisións de valoración terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Sétima. Acreditación de méritos

Os requisitos, os méritos e demais datos deberán ser acreditados, xunto coa solicitude de participación, polas persoas interesadas mediante a presentación dos documentos e dos títulos orixinais, ou de fotocopias compulsadas, e/ou as certificacións das correspondentes unidades de persoal. As certificacións deberán estar referidas á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Os servizos prestados na Administración pública serán acreditados de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. No caso de que estes non constaren no expediente da persoa interesada, deberán ser acreditados mediante unha certificación expedida pola xefatura de persoal da Administración onde se prestasen.

Os méritos relativos ao punto 1.4 (Formación) poderán ser acreditados de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña sempre que o interesado declare na súa solicitude que ten revisada e actualizada, no portal de persoal, a documentación correspondente. O prazo de solicitude de actualización da información relativa á formación rematará no mesmo prazo que o de presentación de solicitudes de participación no concurso de méritos específico. A documentación incorporada con posterioridade non será valorada pola comisión.

A Comisión de Valoración non terá en conta os méritos non acreditados pola persoa interesada ou non certificados polo Servizo de PAS.

Non obstante, a Comisión de Valoración poderá, se o considerar oportuno, requirir das persoas concursantes a presentación dos documentos adicionais, as aclaracións e as probas que consideraren precisas.

Oitava. Resolución do concurso e toma de posesión

A orde de prioridade para a adxudicación dos postos virá dada pola puntuación total que se obteña. A puntuación total será a suma da puntuación obtida polos méritos xerais e específicos. No caso de empate na puntuación acudirase para dirimilo á orde de valoración de méritos establecida no artigo 10.1 do Decreto da Xunta de Galicia 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Despois de remataren os traballos de valoración de méritos, a Comisión de Valoración publicará, na sede electrónica da UDC, as puntuacións que obteñan as persoas aspirantes por cada concepto, así como a proposta provisional de adxudicación dos postos, contra a que as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de dez días hábiles que contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Despois de transcorrer este prazo, a comisión remitiralle ao xerente a proposta definitiva de adxudicación de postos a favor das persoas solicitantes que obtivesen a maior puntuación, e especificará, se for o caso, os postos que quedasen desertos. O xerente ditará e publicará a resolución coa adxudicación definitiva dos postos no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración e os que participen nela.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 30 de outubro de 2023

O reitor
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Postos convocados

NP

Posto

Servizo

Centro

directivo

N. C. destino

C.

específico

Provisión

Subgrupo

Escalas

Quenda

Campus

Obs.

24

Xefatura de Servizo

Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo

Secretaría Xeral

28

1.535,46

CE

A1/A2

Escala xeral

M

C

348

Xefatura de Servizo

Servizo de Persoal Docente e Investigador

Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente

28

1.535,46

CE

A1/A2

Escala xeral

M

C

ANEXO II

Concurso de méritos específico para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña (convocado pola Resolución do 30 de outubro de 2023)

MODELO DE SOLICITUDE

Don/dona

Corpo/escala/subescala:

Grupo:

Situación administrativa:

DNI:

Posto que ocupa:

Nivel:

Centro ou dependencia:

Grao consolidado:

Domicilio:

Teléfono:

Solicita os postos seguintes:

Orde de

petición

Nº posto

Denominación do posto

Quenda

Centro de destino

SE DESEXA CONDICIONAR A SOLICITUDE, indique no recadro de abaixo o NIF, apelidos e nome do/da cónxuxe ou parella de feito: (deberá acreditar a relación de parella)

A Coruña, ... de ... de ...

Asdo.:

Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO III

Modelo de currículo

(Deberán numerarse os xustificantes por orde correlativa e farase constar o número nos correspondentes recadros)

Apelidos:

Nome:

NRP:

Corpo/escala/subescala:

Grupo:

Posto que ocupa:

Nivel:

Nº RPT

Situación administrativa:

Destino definitivo (cúbrase só no caso de ser

distinto do posto que ocupa):

Centro/Unidade:

Nivel:

Nº RPT

1. Grao persoal consolidado:

Para cubrir pola Comisión de Valoración:

2. Traballo desenvolvido:

Denominación do posto

Centro/Unidade

Nivel

Desde

Ata

Para cubrir pola Comisión de Valoración

3. Antigüidade na Administración:

Para cubrir pola Comisión de Valoración

Servizos prestados noutras administracións (recoñecidos):

Anos

Meses

Días

Servizos prestados no Sistema universitario de Galicia (recoñecidos):

Anos

Meses

Días

4. Cursos de formación xeral e específica: (elixa unha opción)

– OPCIÓN A: solicito do Servizo de PAS a achega de certificado correspondente á formación xeral e específica (punto 1.4 da convocatoria), e asino esta declaración responsable:

Declaro que, antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso de méritos específico, revisei e actualicei a información dispoñible no portal do persoal relativa á miña formación.

– OPCIÓN B: achego a documentación relativa á formación (punto 1.4 da convocatoria).

Denominación

Impartido por

Horas

Nº xustif.

Para cubrir pola Comisión de Valoración

5. Titulación académica:

Para cubrir pola Comisión de Valoración

ESO/Graduado escolar ou equivalente

Bacharelato, ciclo medio de FPI ou equivalente

Ciclo superior de FP

Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente

Grao, licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente

Mestrado oficial

Doutoramento

Segundas e sucesivas titulacións universitarias

6. Coñecemento da lingua galega:

Para cubrir pola Comisión de Valoración

Curso Celga 3

Curso Celga 4

Curso de linguaxe administrativa, nivel medio

Curso de linguaxe administrativa, nivel superior ou Celga 5

7. Coñecemento de idiomas:

1º idioma: _______________________

Para cubrir pola Comisión de Valoración

C2

C1

B2

B1

A2

A1

2º idioma: _______________________

Para cubrir pola Comisión de Valoración

C2

C1

B2

B1

A2

A1

8. Grupo do corpo ou escala de pertenza:

Para cubrir pola Comisión de Valoración

Grupo A1

Grupo A2

Grupo C1

Grupo C2

Grupo E

9. Puntuación adicional por conciliación familiar:

Para cubrir pola Comisión de Valoración

A Coruña, ... de ... de ...

Asdo.:

ANEXO IV

Táboa de equivalencias no Marco europeo común de referencia das linguas

A1

A2

B1

B2

C1

C2

Alemán

Start Deutsch 1
Fit in Deutsch 1,

ÖSD (GD 1, KD1)

Start Deutsch 2
Fit in Deutsch 2,

EOI básico 2,

DSD-A2,

ÖSD (GD 2, KD2)

Zertifikat Deutsch (ZD)
Zertifikat Deutsch für Jugendliche (ZDj)

EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), DSD I,

ÖSD (ZD, ZDj)

TestDaF
Zertifikat Deutsch für den Beruf (ZDfB), EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), DSH-1,

Goethe Institut B2,

ÖSD MD

TestDaF
Prüfung Wirtschaftsdeutsch International (PWD), DSH-2, DSD II,

Goethe Institut C1,

ÖSD OD

Zentrale Oberstufen-
prüfung (ZOP)
Kleines Deutsches Sprachdiplom (KDS)
Großes Deutsches Sprachdiplom (GDS), DSH-3, ÖSD WD

Catalán

Certificat de nivell bàsic de català

Certificat de nivell elemental de català

Certificat de nivell intermedi de català

Certificat de nivell suficiència de català

Certificat de nivell superior de català

Chinés

HSK I

HSK II

HSK III

HSK IV

HSK V

HSK VI

Danés

Prøve i Dansk 1

Prøve i Dansk 2

Prøve i Dansk 3

Studieprøven

Euscaro

PL-IVAP y Osakidetza
Lehenengo maila/Nivel 1 HABE intermedio

PL 2-IVAP y Osakidetza

PL 1-Ertzaintza

Bigarren maila/Nivel 2 HABE avanzado

Euskararen Gaitasun Agiria (EGA)
PL 3-IVAP y Osakidetza
PL 2-Ertzaintza
Hirugarren maila/Nivel 3 HABE

Laugarren maila/Nivel 4 HABE

Finés

Suomen kieli perustaso 1

Suomen kieli perustaso 2-3
keskitaso 3

Suomen kieli keskitaso 4-5 ylintaso 5

Suomen kieli
ylintaso 6

Suomen kieli
ylintaso 7-8

Francés

Diplôme initial de langue française (DILF), Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF A1), TCF niveau 1, TEF 1

Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF A2), EOI básico 2, TCF niveau 2, CEFP 1, TEF 2

Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF B1), EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), TCF niveau 3, CEFP 2, TEF 3

CERTACLES

Diplôme d’Etudes en Langue Française (DELF B2), EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), TCF niveau 4, TCF-DAP, TEF 4

CERTACLES

Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C1),

TCF niveau 5, DS, TEF 5

Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C2),

TCF niveau 6, DHEF, TEF 6

Grego

CGL Level A`

Elinomathias Elemental, Bebaevsh Ellhnomaqeiai (Veveosi linomathias)

CGL Level B`

Elinomathias Vantage, Epipedo Eparkias,

CGL Level C´

CGL Level D´

Inglés

Preliminary English Test (PET), GESE 2. LTE A1, ILTS A1. CertAcles A1

Key English Test (KET),
Young Learners,
BULATS 1 ISE 0, GESE 3 y 4, LTE 1, EOI básico 2, IELTS 3.5
CertAcles A2
Aptis A2

Preliminary English Test, (PET), BEC 1, BULATS 2, ISE I, GESE 5 y 6 LTE 2, English for Tourism, JETSET ESOL B1, ELSA B1, EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), IELTS 4-5, TOEFL (iBT, cBT, pBT) B1, CertAcles B1
Aptis B1

First Certificate in English (FCE),
ICFE, BEC 2, BULATS 3, ILEC, ISE II, GESE 7, 8 y 9 LTE 3, Certificate of Competency U. Michigan. EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), IELTS 5.5-6.5, TOEFL iBT B2, CertAcles B2
Aptis B2

Certificate in Advanced English (CAE),
ICFE, BEC 3, BULATS 4,
ILEC, ISE III, GESE 10 y 11

LTE 4, IELTS 7-8,

TOEFL (iBT, cBT, pBT) C1
CertAcles C1
Aptis C1

Certificate of Proficiency in English (CPE),
BULATS 5, ISE IV, GESE 12

LTE 5, Certificate of Proficiency U. Michigan, IELTS 8.5-9
CertAcles C2,

Italiano

Diploma Elementare di
Lingua Italiana (DELI), PLIDA A1, CELI-IMPATTO,

CILS A1

Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 1 (CELI 1), PLIDA A2, EOI básico 2, CILS A2, DELI

Diploma Intermedio di Lingua Italiana (DILI/DILC) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 2 (CELI 2), PLIDA B1, EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), CIC 1,

CILS Uno

Diploma Avanzado di Lingua Italiana (DILI II)
Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 3 (CELI 3), PLIDA B2, EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), CILS Due

Diploma Commerciale di Lingua Italiana (DALI / DALC) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 4 (CELI 4), PLIDA C1, CIC A, CILS Tre

Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 5 (CELI 5), PLIDA C2,

CILS Quattro

Xaponés

N5 (antigo 4-kyû)

N4 (antigo 3-kyû)

N3

N2 (antigo 2-kyû)

N1 (antigo 1-kyû)

Luxemburgués

Zertifikat Lëtzebuergesch als Friemsprooch (ZLaF)

Éischten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (1DLaF)

Zweten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (2DLaF)

Ieweschten Diplom Lëtzebuergesch

Neerlandés

Profiel Toeristische en Informele Taalvaardigheid (PTIT)

Profiel Maatschappelijke Taalvaardigheid (PMT)

Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen I (NT2-I)
Profiel Professionele Taalvaardigheid (PPT)

Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen II (NT2-II)
Profiel Academische Taalvaardigheid (PAT)

Noruegués

Språkprøven i norsk for voksne innvandrere

Test i norsk for fremmed-språklige Høyere nivå

Portugués

Certificado Inicial de Português Língua Estrangeira (CIPLE)

Diploma Elementar de Português Língua Estrangeira (DEPLE)

Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE)

Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira (DAPLE)

Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira (DUPLE)

Ruso

I. Pushkin (certf 5 meses)

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ B) Básico/Bazoviy,

I. Pushkin (diplom 2 anos)

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ I) Primeiro/Perviy,

I. Pushkin (diplom 4 anos)

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ II) Segundo/Vtoroy

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ III) Tercero/Tretii

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ IV) Cuarto/Chetvertiy

Sueco

Sfi-provet

Test in Swedish for University
Studies (TISUS)

Valenciano

Certificat de coneixements orals de valencià

Certificat elemental de coneixements de valencià

Certificat mijtà de coneixements de valencià

Certificat superior de coneixements de valencià

.