DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2023/390-1).

Expediente: IN407A 2023/390-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: novo CTI e conexión coa RBT.

Termo municipal: Sada.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña SAD-713 autorizado no expediente 50.697, de 396 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio núm. 15C485-6 (matrícula: AKN04X2Q) metálico de celosía tipo A-AL-C-CR-6xCA(CS) e o apoio núm. 15C485-8 (matrícula: AKHW14WO) metálico de celosía tipo A-AL-C-CR-6xCA(CS), consistente na desmontaxe do apoio núm. 15C485-7 (matrícula: AKLAHU09) de formigón, que será substituído polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/14-H35-6xCA(CS) que se instalará na parcela con referencia catastral 15076A01200274, que mantén a numeración 15C485-7, no cal se proxecta a instalación de elementos de protección e manobra tipo XS, e polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/16-H35-6xCA(CS) que se instalará na parcela con referencia catastral 15076A01200387, que se identificará co núm. 15C485-7-bis. Estes apoios terán a condición de apoios frecuentados.

Instalación, na parcela con referencia catastral 15076A01200389, sita no lugar de Mosteirón, dun novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/14-H35-3xCA, no cal se proxecta a instalación dun novo centro de transformación (CT) tipo intemperie, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión. Este apoio, que se identifica no proxecto como apoio núm. 15C485-7-1-CT, terá a condición de apoio frecuentado.

Nova liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, de 23 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, con orixe no apoio núm. 15C485-7 unha vez substituído e remate no CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Mosteirón-Vista Alegre (expediente IN407A 2022/214-1/matrícula: 15C500), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación dun (1) novo circuíto aéreo de baixa tensión (RBTA) de 30 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3 (1 × 150/80 mm2 Al/Alm), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) que se instalará no apoio de formigón proxectado e o tendido de tres (3) novos treitos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 149 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 150 mm2 Al) e de 2 × 4 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 × 95 mm2 Al).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzode 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Sada.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Novo CTI e conexión coa RBT

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Sada

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Celia Alonso Armesto

15076A01200274

Piñeiro

Novo apoio núm. 15C485-7

2

23,5

364,6

Labor ou labradío de secaño

2

Herdeiros de Antonio Deus Gómez

15076A01200389

Souto Vello

Novo apoio núm. 15C485-7-1-CT (CTI)

2

5

90,02

Prado ou praderías de regadío

3

Descoñecido

15076A01200387

Souto Vello

Novo apoio núm. 15C485-7-bis

2

Prado ou praderías de regadío