DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Arzúa (expediente IN407A 2023/311-1).

Expediente: IN407A 2023/311-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR-706 - apoio AOU0MJGK//77-A10-A4.

Termo municipal: Arzúa.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña POR-706 autorizado no expediente 52.268, de 349,4 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-56, comprendido entre os seus apoios núm. 77-A10-A3 (matrícula: AOUNT9UJ) de formigón tipo AM-AL-HV-630/15-CR1-CAI e núm. 77-A10-A5 (matrícula: AOU1E0LR) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-B1-CSRI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15006B511010050000UO sita no lugar de Calvos, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 77-A10-A5, do apoio núm. 77-A10-A4 (matrícula AOU0MJGK) de formigón tipo AM-HV-1000/13-CR1-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H40R-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LAC-56 (condutor existente) no van da liña POR-706, de 233,9 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio núm. 77-A10-A3 existente e o novo apoio núm. 77-A10-A4 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LAC-56 (condutor existente) no van da liña POR-706, de 115,5 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio núm. 77-A10-A4 proxectado e o apoio núm. 77-A10-A5 existente.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de junio).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Arzúa.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT POR-706 - apoio AOU0MJGK//77-A10-A4

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Arzúa

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Manolo Suárez

Vázquez

15006B511010050000UO

Agra das Latas

Novo apoio núm. 77-A10-A4 (ITC)

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño