DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente 2022/42-ATE).

O 8 de setembro de 2023 a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se lle outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada Adecuación LMTA BCR807 entre apoio número 268 e CT 27AJ75.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo. Inclúense na relación de bens e dereitos que se insire como anexo desta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 16 de marzo de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo de 2023. Deberán comparecer o día 30 de novembro de 2023 no Concello de Cervantes, sinalado como punto de reunión, para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade. Poderán vir acompañadas dos seus peritos e dun notario, pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Asi mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 17 de outubro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Adecuación LMTA BCR807 entre apoio número 268 e CT 27AJ75

Nº de predio

Titular

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Afección do apoio

Sup. do apoio

Lonxitude do voo (m)

Superficie do voo (m2)

2

Monte Veciñal Donís

63

16

Pedriña

Matogueira

270

6.0

3

Herdeiros de Herminia González Quiroga

60

21

O Barreiro

Prado

271

6.0