DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61738

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, complementaria do acto do mesmo órgano do 30 de xaneiro de 2023, que resolve o concurso convocado o 28 de marzo de 2022 para a provisión de postos vacantes no cadro de persoal funcionario, correspondentes aos subgrupos A1, A2, C1 e C2.

Elevada pola comisión permanente de valoración de méritos a proposta definitiva de adxudicación de postos efectuada en cumprimento da Resolución reitoral do 19 de xullo de 2023, que executa a sentenza ditada nos autos de procedemento abreviado 303/2022, a Xerencia, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 (DOG do 26 de abril) modificada pola Resolución reitoral do 26 de setembro de 2023 (DOG do 5 de outubro),

RESOLVE:

1. Adxudicarlle ao persoal funcionario que se relaciona no anexo os postos de traballo que nel se especifican, con efectos económicos e administrativos do día 1 de decembro de 2023.

2. A adxudicación destes postos supón a imposibilidade para o persoal nomeado de participar durante dous anos nos concursos ordinarios que se convoquen.

3. Os efectos dos actos administrativos derivados da Resolución de adxudicación do 30 de xaneiro de 2023 non sofren ningunha modificación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2023

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

Persoa proposta

Puntuación total

PF000520

Posto base

Negociado de actividades culturais

Mañá

Lugo

Arias Vázquez, Rocío

28,1450

PF000764

Posto base

Servizo de Xestión Académica

Mañá

Lugo

Lourés Amor, María Vanesa

21,3867