DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de setembro do 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2023/333-1).

Expediente: IN407A 2023/333-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PED-706-apoio B33SKCQK//132-12-1.

Situación: concello de Aranga.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED-706 autorizado no expediente 32.339, de 133,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios núm. 132-12 (matrícula: B32D75C3) de formigón tipo AM-ANG-HV-630/12-derivación-CAI, no cal se atopa a orixe das derivadas ao CT Hermida (expediente IN407A 2009/80-1/matrícula: 15AHFB) e ao CT Sopazo Mahía (expediente IN407A 2016/1755-1/matrícula: 15AQA0) e núm. 132-12-2 (matrícula: B34PI2RS) de formigón tipo S-AL-HP-A3/12-B1-CSRI, consistente en:

– Desmonte de 12,3 metros de condutor tipo LA-30 no treito da LMT PED-706 comprendido entre os apoios núm. 132-12 e núm. 132-12-1.

– Substitución, respectando a súa actual localización cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 132-12-2, do apoio núm. 132-12-1 (matrícula: B33SKCQK) de formigón tipo AM-ANG-HV-H35-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/12-H35-CA(CS), en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, pasando a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados neste apoio.

– Rematada a instalación do novo apoio proxectado, o condutor tipo LA-30 retirado será substituído por novo condutor tipo LA-56.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña PED-706 de 121 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 132-12-1 proxectado e o apoio núm. 132-12-2 existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Aranga.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 25 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

anexo

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PED-706-apoio B33SKCQK//132-12-1.

Situación: concello de Aranga.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Felicitas Oroso Porto

15003A501011880001WE

Costeira

Novo apoio núm. 132-12-1

(ITC)

2

Urbano. Labor ou

labradío de secaño