DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2023/331-1).

Expediente: IN407A 2023/331-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Ladrido.

Concello: Ortigueira.

1. Características técnicas.

Modificación, sen alterar a súa actual traza, da liña MEA-809 (antes, MEA-827), no seu treito de 84,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 comprendido entre o apoio nº 76-13 (matrícula BBPR4DGC) de formigón tipo S-AL-HV-C e o apoio con matrícula BBR8TNLT, metálico tipo AM-AL-CH-1000/13-CR, consistente en:

– Instalación, intercalado entre os anteditos apoios a unha distancia de 58,5 metros do apoio nº 76-13, na parcela con referencia catastral 15062A013012350000TY, dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS), que se identifica no proxecto como apoio proxectado 1 (Pro-1). Neste novo apoio, que terá a condición de frecuentado, proxéctase a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control e dun paso aéreo-soterrado (PA/S).

Instalación, na parcela con referencia catastral 15062A013012150000TK sita no lugar de Ladrido, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (dúas de reserva).

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 422 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio proxectado 1 (Pro-1) e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Ladrido (expedientes 5.365 e IN407A 2016/1588-1/matrícula 15CV37), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 126 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se vai realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado no apoio de formigón tipo HV-630/9 existente.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Ortigueira.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 25 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Ladrido

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ortigueira

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15062A013012150000TK

Fabeiro

CT e acceso

21,26

Rústico. Agrario

2

Descoñecido

15062A013012350000TY

Castiñeiral

Novo apoio Pro-1

2

15

45,09

Rústico. Agrario