DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/392-1).

Expediente: IN407A 2023/392-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Pousada.

Situación: concello de Valdoviño.

1. Características técnicas:

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15088A018000960000HK sita no lugar de Pousada, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

– Con orixe no apoio núm. 127 (matrícula AST9T5N6) de formigón tipo A-AL-HV-C2-CA(CS)III pertencente á arquitectura do treito da liña CDR-804 autorizado no expediente 27415, construirase unha nova LMT aérea a 20 kV, de 302,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre tres (3) novos apoios metálicos tipo FL-C-3000/14-H35-CA(CS)III (apoio proxectado 1, Pro-1), no cal se proxecta instalar un reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, A-AG-C-2000/16-H35-CAIII (apoio proxectado 2, Pro-2) e FL-C-2000/14-H35-CAIII (apoio proxectado 3, Pro-3) no cal se proxecta instalar un paso aero-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas. Os apoios proxectado-1 e o proxectado-3 terán a condición de frecuentados.

– Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 547 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio proxectado 3 (Pro-3) e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT San Miguel Valdoviño (expedientes 30.272 e IN407A 2016/1566-1/matrícula 15AT84), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 420 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×150 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará nos dous (2) pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio de formigón tipo HV-300/8 existente e no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en novo apoio de formigón tipo HV-630/11 e a instalación dun (1) novo circuíto aéreo de baixa tensión (RBTA) de 46 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3(1×50/54,6 mm2 Al/Alm), con orixe no apoio de formigón tipo HV-630/11 anterior e remate en apoio de formigón tipo HV-300/8 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 17 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Situación: concello de Valdoviño.

Denominación: LMT, CT e RBT Pousada.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia

catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso

de enerxía eléctrica)

LMTS (servidume de paso de enerxía

eléctrica soterrada)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superf. (m2)

Lonx.

Superf. (m2)

Lonx.

Superf. (m2)

1

María del Carmen Freire Freire

15088A01901083

Espiñedo

64,11

Rústico. Agrario

2

Descoñecido

15088A01900484

Malde

198,98

Rústico. Agrario

4

Manuel

López Veiga

15088A01900478

Pedrosa

9,18

78,41

Rústico. Agrario

5

Trinidad

Loureiro Rey

15088A01900479

Pedrosa

16,08

150,62

Rústico. Agrario

6

Descoñecido

15088A01900480

Pedrosa

6,5

63,27

Rústico. Agrario

7

Herdeiros de Dolores López Corral

15088A01900481

Pedrosa

Apoio

Pro-1 (½)

1

8,81

89,82

Rústico. Agrario

8

Descoñecido

15088A01900483

Malde

96,83

Rústico. Agrario

9

Antonio

Cornide Couce

15088A01900482

Pedrosa

Apoio

Pro-1 (½)

1

37,61

492,42

Rústico. Agrario

10

Descoñecido

15088A01900617

Pedrosa

Apoio

Pro-2

2

48,04

732,82

Rústico. Agrario

11

Descoñecido

15088A01900618

Malde

47,50

589,41

Rústico. Agrario

12

Descoñecido

15088A01900619

Naveiro

72,81

Rústico. Agrario

13

Descoñecido

15088A01900620

Naveiro

2,43

135,42

Rústico. Agrario

14

Herdeiros de Dolores López Corral

15088A01900721

Coto Mouro

9,02

Rústico. Agrario

15

Descoñecido

15088A01900720

Coto Mouro

32,50

Rústico. Agrario

16

Manuel

López Veiga

15088A01900621

Naveiro

56,13

Rústico. Agrario

17

Descoñecido

15088A01900719

Coto Mouro

30,75

Rústico. Agrario

18

Herdeiros de Dolores López Corral

15088A01900622

Naveiro

34,91

Rústico. Agrario

19

Andrés

Fernández Couce

15088A01900718

Coto Mouro

51,20

Rústico. Agrario

20

Descoñecido

15088A01900623

Malde

55,11

Rústico. Agrario

21

Arturo

González Freire

15088A01900717

Coto Mouro

37,14

Rústico. Agrario

22

Arturo

González Freire

15088A01900716

Coto Mouro

59,22

Rústico. Agrario

23

María del Carmen

Yáñez López

15088A01900715

Coto Mouro

66,85

Rústico. Agrario

24

María del Carmen

Yáñez López

15088A01900624

Rego Pequeno

82,12

Rústico. Agrario

26

Herdeiros de Dolores López Corral

15088A01900713

Coto Mouro

24,24

Rústico. Agrario

27

Josefa

Pardo Pardo

15088A01900712

Coto Mouro

19,58

Rústico. Agrario

28

Descoñecido

15088A01900711

Coto Mouro

25,76

Rústico. Agrario

29

María del Carmen

Yáñez López

15088A01901121

Rego

Pequeno

167,4

Rústico. Agrario

30

Arturo

López González

15088A01900709

Coto Mouro

24,83

Rústico. Agrario

31

Descoñecido

15088A01900708

Coto Mouro

28,80

Rústico. Agrario

32

Manuel

López Veiga

15088A01900707

Coto Mouro

25,31

Rústico. Agrario

33

Andrés

Yáñez Naveiras

15088A01900706

Coto Mouro

25,46

Rústico. Agrario

34

Trinidad

Loureiro Rey

15088A01900705

Coto Mouro

28,89

Rústico. Agrario

35

Descoñecido

15088A01900704

Coto Mouro

32,86

Rústico. Agrario

36

Descoñecido

15088A01900703

Coto Mouro

26,13

Rústico. Agrario

37

Descoñecido

15088A01900702

Coto Mouro

1,40

Rústico. Agrario

38

Manuel

López Veiga

15088A01900633

Naveiro

Apoio

Pro-3

2

8,48

209,74

1,5

4,39

Rústico. Agrario

39

Descoñecido

15088A01900634

Coto Mouro

164,45

Rústico. Agrario

40

Descoñecido

15088A01800096

Pousada

CT

e acceso

20,09

Rústico. Agrario