DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/389-1).

Expediente: IN407A 2023/389-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: novo CT en Rebordaos e conexión coa RBT existente.

Termo municipal: Santiago de Compostela.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña SCY-822, de 109,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio núm. D29-A1 (matrícula A898UMUR) de formigón tipo A-AL-HVH-Cr. 2-6xCA e o apoio núm. D29-A3 (matrícula A8A9B1DE) de formigón tipo S-AL-HVH-Cr. Bóveda-3×CS, consistente na substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15079A505052530000FD, sita no lugar de San Caetano (Rebordaos), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. D29-A1, do apoio núm. D29-A2 (matrícula A89NTHXL) de formigón tipo HVH-Cr. Bóveda, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/12-H35-6×CA(CS), en que se proxecta a instalación de elementos de protección e manobra tipo XS. Este apoio terá a condición de apoio frecuentado.

Instalación, na parcela con referencia catastral 15079A505018260000FH, sita no lugar de San Caetano (Rebordaos), dun novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/12-H35-3×CA, no cal se proxecta a instalación dun novo centro de transformación (CT) tipo intemperie, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión. Este apoio, que se identifica no proxecto como apoio N1, terá a condición de apoio frecuentado.

Nova liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, de 23 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, con orixe no apoio núm. D29-A2 unha vez substituído, e remate no CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Rebordaos (expediente 11.210/matrícula 15CD81), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación dun (1) novo circuíto aéreo de baixa tensión (RBTA), de 11 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) que se instalará no apoio de formigón tipo HV-630/11 proxectado e o tendido dun novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS), de 184 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio de formigón proxectado, e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) que se instalará no apoio de formigón tipo HV-630/11 existente.

2 Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 17 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Novo CT en Rebordaos e conexión coa RBT existente

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Santiago de Compostela

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Reyes García

15079A505052530000FD

Devesa da Revoltiña

Novo apoio núm. D29-A2

2

9,81

78,81

Matogueira