DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/399-1).

Expediente: IN407A 2023/399-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT BRT-713, apoio AXLRLWX6//15.

Termo municipal: Carballo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña BRT-713 autorizado no expediente 27.175, de 176,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 14 (matrícula 9XN4II51) de formigón tipo A-AL-HV-630/14-B1-CAI e nº 16 (matrícula 9XKGPDRG) de formigón tipo S-AL-HV-630/14-B1-CRSI, consistente en:

• Respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15019A022000990000IF, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 16, substitución do apoio nº 15 (matrícula 9XLRLWX6) de formigón tipo S-derivación-HV-B-CRSI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/12-H35-CA(CS), no cal se proxecta instalar un reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que obtén á condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de manobra actualmente instalados neste apoio.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans da liña BRT-713 anterior e posterior ao novo apoio nº 15 proxectado, de 86,3 e 90,5 metros de lonxitude, respectivamente.

• Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van comprendido entre o novo apoio nº 15 proxectado e o apoio nº 15-1 (matrícula 9XJKRNSP) de formigón tipo A-derivación-HP-1000/14-H-CAI, pertencente á arquitectura do treito da liña BRT-713 autorizado no expediente 52.653 (derivada a CT Sixto).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 17 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Carballo

Denominación: instalación de telecontrol na LMT BRT-713, apoio AXLRLWX6//15.

Parcela
proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie

(m2)

Lonxitude

(m)

Superficie (m2)

1

Ramiro Rama Andrade

José Antonio Díaz Alonso

Xaime Díaz Alonso

15019A022000990000IF

Vella Morta

Novo apoio nº 15 (ITC)

2

Rústico. Agrario.

Eucaliptal.