DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2023/338-1).

Expediente: IN407A 2023/338-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Regueira.

Concello: Pontedeume.

1. Características técnicas.

Instalación, na parcela con referencia catastral 15070A023003960000WF sita no lugar de Regueira, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 668 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe en cela de liña existente no CT Mammer (expediente IN407A 2000/311-1/matrícula 15CCFN) e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT), mediante a desmontaxe de 631 metros da rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente que será substituída por nova rede aérea en condutores tipo RZ 3(1x150/80 Al/Alm) e RZ 3(1×50/54,6 Al/Alm) e a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 163 e 114 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×150 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate, respectivamente, nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente que se van realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón tipo HV-1000/11 e HV-630/11 existentes.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Pontedeume.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Regueira

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Pontedeume

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Pilar Cabana Cabana

15070A023003960000WF

Muíño Vello

CT e acceso

16,46

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño