DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2023/328-1).

Expediente: IN407A 2023/328-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT SNT-824-apoio AE15LXCE//141.

Concello: Boqueixón.

1. Características técnicas.

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SNT-824 autorizado no expediente 51.327, de 344 metros de lonxitude en condutores tipo LA-56 e LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 140 (matrícula AE1D4DQQ) metálico tipo ESP-C-2000/18-T35-CA, no cal se atopa a orixe das derivadas ao CT Xiadas (expedientes 30.193 e IN407A 2016/1867-1/matrícula 15AH34) e ao CT Gastrar (expediente 30.193/matrícula 15CH35), e nº 143 (matrícula AE15LXJ7) de formigón tipo ANG-HV-400/13-CR1-CA, consistente en:

– Desmontaxe de 133,4 metros de condutor tipo LA-30 no treito da LMT SNT-824 comprendido entre os apoios nº 141 e nº 142.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 140, do apoio nº 141 (matrícula AE15LXCE) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-CR-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados neste apoio.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 143, do apoio nº 142 (matrícula AE1A4LQU) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-CR-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS). Rematada a instalación dos novos apoios proxectados, o condutor tipo LA-30 retirado será substituído por un novo condutor tipo LA-56.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña SNT-824 de 113 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 140 existente e o novo apoio nº 141 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña SNT-824 de 97,6 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 142 proxectado e o apoio nº 143 existente.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Boqueixón.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 25 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol na LMT SNT-824-apoio AE15LXCE//141

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Boqueixón

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Luis Manuel Carrillo Laviña

15012A010003970000EA

Viveiro

Novo apoio nº 141 (ITC)

2

Rústico. Agrario. Eucaliptos

2

Julio Manuel Bermúdez Uzal

15012A010003900000EJ

Largo

Doliñón

Novo apoio nº 142

2

Rústico. Agrario. Eucaliptos