DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2023/336-1).

Expediente: IN407A 2023/336-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución de CS Vilacornelle 15CCWV para instalación de telecontrol.

Concello: Narón.

1. Características técnicas.

Coa finalidade de mellorar a calidade e seguridade da subministración de enerxía eléctrica e reducir os tempos de reposición da subministración eléctrica nas tarefas de explotación e mantemento da LMT SMR-711 (Campelo 11), proxéctase dotar de telecontrol o centro de seccionamento (CS) Vilacornelle (expediente IN407A 2007/545-1/matrícula 15CCWV) emprazado no lugar de Quinta (Santa María do Val), para o que é necesaria a execución das seguintes operacións:

– Xa que o actual CS Vilacornelle non dispón de espazo físico suficiente para a instalación do equipamento telecontrolado, deberase desconectar e desmontar (peche e desmantelamento) o centro de seccionamento (CS) prefabricado de formigón Vilacornelle existente, así como toda a súa aparellaxe.

– Na pegada que deixará o dito CS Vilacornelle unha vez desmantelado, proxéctase a instalación dun novo centro de seccionamento prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 3L (dúas telecontroladas)+1SSAA (con transformador de tensión 15/0,23 kV para servizos auxiliares), todas elas con illamento e corte en SF6.

– Para a alimentación do novo CS proxectado, proxéctase a instalación dunha nova arqueta sobre a LMTS existente de alimentación ao CS Vilacornelle que se vai desmantelar, desde a que se tenderá pola canalización autorizada no expediente IN407A 2007/545-1 un novo treito de liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2×12 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe e remate nos empalmes MT que se van realizar na nova arqueta proxectada, tras entrar e saír no novo CS proxectado, que substituirá a existente.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Narón.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Substitución de CS Vilacornelle 15CCWV para instalación de telecontrol

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Narón

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Grupo Inmobiliario Sambil, S.L.

3929101NJ6232N0001RS

Lugar de Quinta

CS (ampliación superficie de ocupación)

4,9

Urbano. Solo sen edificar