DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023, da Secretaría da Comisión Galega de Control da Violencia, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 4/2023 CGCV.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos tras intentar dúas veces a notificación sen que se puidese efectuar.

O acto foi adoptado polo Pleno da Comisión Galega de Control da Violencia.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para examinar o contido íntegro deste acto na sede da Comisión Galega de Control da Violencia –Secretaría Xeral para o Deporte– rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

Teresa Carrera Babarro
Secretaria da Comisión Galega de Control da Violencia

ANEXO

Nº de expediente: 4/2023 CGCV.

NIF da persoa interesada: 34973789N.

Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador.