DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61512

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria.

Mediante a Resolución do 16 de agosto de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 163, do 29 de agosto), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles os postos convocados de coordinador/a de servizo de Atención Primaria na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés ás aspirantes seleccionadas relacionadas no anexo I.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 25 de outubro de 2023

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación de prazas de coordinador/a de servizo de Atención Primaria na
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación

Servizo/Unidade

Pardo Durán, Paula

***2241**

S-A2-357

Coordinador/a de servizo de Atención Primaria

Servizo de Atención Primaria

da Lama/Ponte Caldelas (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)

Baquero Sabajanes,

Mª Begoña

***1887**

S-A2-357

Coordinador/a de servizo de Atención Primaria

Servizo de Atención Primaria

Poio/Anafáns (Área Sanitaria de

Pontevedra e O Salnés)

Portabales López,

Mª Josefa

***9642**

S-A2-357

Coordinador/a de servizo de Atención Primaria

Servizo de Atención Primaria

de Soutomaior/Arcade/Vilaboa (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.