DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución de retirada dun permiso de explotación para o marisqueo a pé.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de retirada do permiso de explotación para o marisqueo a pé.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), nas oficinas da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar, situadas no Alto da Rosa, s/n, O Carril, Vilagarcía de Arousa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Vigo, 26 de outubro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

DNI

Acto que se notifica

53 181 918 F

Resolución do 18.10.2023