DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 64.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 31 de outubro de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 64 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 7.450,00 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actuais titulares: Vicente García González (***3254**) e María Teresa García González (***5394**).

Novos titulares: María Teresa García González (***5394**), Vicente García Otero (***0286**) e Víctor García Otero (***0286**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 31 de outubro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo