DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2023 Páx. 61190

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 25 de outubro de 2023 pola que se nomean os membros do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos.

O Decreto 87/2007, do 12 de abril (DOG nº 88, do 8 de maio); modificado polo Decreto 240/2008, do 2 de outubro (DOG nº 210, do 29 de outubro), crea a reserva de interese pesqueiro Os Miñarzos. No seu artigo 9 e co fin de constatar a evolución da reserva mariña e de asegurar o cumprimento dos obxectivos establecidos no decreto, créase o órgano de xestión, seguimento e control, que estará constituído por oito membros designados pola consellería competente en materia de pesca.

Destes oito membros, tres serán nomeados en representación da consellería competente en materia de pesca, un en representación da consellería competente en materia de ambiente e catro en representación das entidades do sector pesqueiro. Así mesmo, a consellería competente en materia de pesca designará o presidente e o secretario do órgano de xestión, seguimento e control, entre os representantes da Administración.

Dado que se produciron vacantes, por xubilacións e cambios de posto de traballo, no Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos, cómpre nomear os novos vogais e suplentes, así como designar de entre os representantes da Consellería do Mar os nomeados á presidencia e á secretaría do órgano.

Polo ata agora exposto

RESOLVO:

Nomear como membros do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos as persoas que se relacionan a seguir:

Titular

Suplente

Presidente (Consellería do Mar)

Pedro Riveiro Domínguez

Juan Valiela Villar

Vogal-secretario (Consellería do Mar)

José Manuel Rodríguez Rodríguez

Vogal (Confraría de Pescadores de Lira)

José Ramón Sendón Cambeiro

Vogal (Confraría de Pescadores de Lira)

Juan Antonio Caamaño Blanco

Vogal (Federación Galega de Confrarías)

José Antonio Siaba Gallego

Polo tanto, a composición do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos queda como se relaciona a seguir:

Titular

Suplente

Presidente (Consellería do Mar)

Pedro Riveiro Dominguez

Juan Valiela Villar

Vogal-secretario (Consellería do Mar)

José Manuel Rodríguez Rodríguez

Beatriz Asorey Torres

Vogal (Consellería do Mar)

Diana Fernández Márquez

Ramón D. Fernández Conchas

Vogal (Consellería de Medio Ambiente)

Susana Cuesta Fariña

Elisa Gago Moldes

Vogal (Confraría de Pescadores de Lira)

José Mariano Lago Louro

José Ramón Sendón Cambeiro

Vogal (Confraría de Pescadores de Lira)

Andrés Domínguez Beiro

Juan Antonio Caamaño Blanco

Vogal (Federación Galega de Confrarías)

Daniel Formoso Moledo

José Antonio Siaba Gallego

Vogal (Federación Galega de Confrarías)

Primitivo Pedrosa González

Albino Rebollido Núñez

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar