DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2023 Páx. 61188

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 25 de outubro de 2023 pola que se nomean os membros do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira.

O Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, crea a reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira. No seu artigo 10 e co fin de constatar a evolución da reserva e de asegurar o cumprimento dos obxectivos establecidos no decreto, créase o órgano de xestión, seguimento e control, que estará constituído por oito membros designados pola consellería competente en materia de pesca, que procurará unha participación equilibrada de homes e mulleres.

Destes oito membros, tres serán nomeados en representación da consellería competente en materia de pesca, un en representación da consellería competente en materia de ambiente, tres en representación da Confraría de Pescadores de Cedeira e un en representación do sector pesqueiro por proposta da Federación Galega de Confrarías. Así mesmo, a consellería competente en materia de pesca designará o presidente e o secretario do órgano de xestión, seguimento e control, entre os representantes da Administración.

Dado que se produciron vacantes, por xubilacións e cambios de posto de traballo, no Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira, cómpre nomear os novos vogais e suplentes, así como designar de entre os nomeados a presidencia e a secretaría do órgano.

Polo ata agora exposto

RESOLVO:

Nomear como membros do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira as persoas que se relacionan a seguir:

Titular

Suplente

Presidente (Consellería do Mar)

Pedro Riveiro Domínguez

Juan Valiela Villar

Vogal-secretario/a (Consellería do Mar)

José Manuel Rodríguez Rodríguez

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

María Magdalena López Bellón

Vogal Confraría de Pescadores de Cedeira)

Bruno Martínez Blanco

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

Ricardo Villar Martínez

Vogal (Federación Galega de Confrarías)

José Antonio Pérez Sieira

Manuel Daniel Formoso Moledo

Polo tanto, a composición do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira queda como se relaciona a seguir:

Titular

Suplente

Presidente (Consellería do Mar)

Pedro Riveiro Domínguez

Juan Valiela Villar

Vogal-secretario/a (Consellería do Mar)

José Manuel Rodríguez Rodríguez

Beatriz Asorey Torres

Vogal (Consellería do Mar)

Nuria Margarita Caruncho Conde

Ignacio Pérez Mantecón

Vogal (Consellería de Medio Ambiente)

Susana Cuesta Fariña

Elisa Gago Moldes

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

María Magdalena López Bellón

Teresa Pardos Vilela

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

José Antonio Pernas Loureiro

Bruno Martínez Blanco

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

Ricardo Villar Martínez

Lucía Villar Martínez

Vogal (Federación Galega de Confrarías)

José Antonio Pérez Sieira

Manuel Daniel Formoso Moledo

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar