DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61042

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023 pola que se ordena a publicación do Regulamento de selección de profesorado.

Exposición de motivos

O Consello de Goberno da USC, na súa sesión do 11 de outubro de 2023, aprobou o Regulamento de selección de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Por isto, esta reitoría

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do Regulamento de selección de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 11 de outubro de 2023.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Acordo do Consello de Goberno, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de selección de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela

Os concursos de acceso e provisión de prazas de persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela véñense rexendo por dous textos normativos: o Regulamento para a selección de profesorado con vinculación permanente, aprobado en Consello de Goberno do 27 de setembro de 2019, no cal se regulan os concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e os concursos para a provisión de prazas de profesorado contratado con vinculación permanente, e o Regulamento de selección de profesorado non permanente, aprobado en Consello de Goberno do 8 de abril de 2019 e modificado por acordo deste mesmo órgano do 7 de febreiro de 2020, no cal se regulan os concursos para a selección de profesorado temporal e para a elaboración de listas de agarda para a contratación de profesorado substituto.

A aprobación da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, que introduce novidades relevantes en relación coas figuras de profesorado, en particular no relativo aos requisitos de acceso e ao réxime de dedicación dalgunhas delas, así como á composición das comisións de selección, e a recente publicación do Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos ditos corpos, aconsella adaptar a normativa interna da universidade para axeitala a este novo marco legal.

En consecuencia, este texto nace coa pretensión de regular de xeito transitorio, en canto non se completa o desenvolvemento normativo derivado da aprobación da citada lei orgánica, os procedementos para a selección de profesorado na Universidade de Santiago de Compostela. O regulamento, que refunde nun único texto os dous regulamentos ata o de agora vixentes, incorpora as novidades introducidas polas citadas lei orgánica e real decreto e, ao tempo, regula algúns aspectos non considerados nos textos anteriores, como o da utilización de medios telemáticos no desenvolvemento dos concursos, e introduce diversas modificacións co fin de clarificar algunhas redaccións, así como co de dotar de maior precisión os baremos para así orientar a selección dos méritos por parte das persoas aspirantes e simplificar e harmonizar as valoracións das comisións de selección.

Un primeiro borrador do texto foi presentado aos directores e directoras de departamento e sometido a exposición pública co fin de recoller as propostas e comentarios da comunidade universitaria.

O texto resultante, que incorporaba unha boa parte das suxestións recibidas, foi sometido a negociación na Mesa de PDI e posteriormente contou co informe favorable da Comisión de Organización Académica e Profesorado, así como dos servizos xurídicos da universidade.

En consecuencia, o Consello de Goberno, na súa reunión do 11 de outubro de 2023, acordou aprobar o presente regulamento.

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 1. Ámbito de aplicación

Este regulamento ten por obxecto adaptar á Lei orgánica do sistema universitario, de xeito transitorio en canto non se produzan os desenvolvementos normativos derivados e a renovación dos estatutos da universidade, a normativa actual da Universidade de Santiago de Compostela reguladora dos concursos de acceso e provisión de prazas de persoal funcionario dos corpos docentes universitarios, así como dos concursos para a selección de profesorado laboral e para a elaboración de bolsas de emprego para a cobertura de necesidades docentes sobrevidas, urxentes e inaprazables mediante a contratación de profesorado substituto.

Artigo 2. Principios xerais

1. O proceso de selección do persoal docente e investigador rexerase polos principios de publicidade, mérito e capacidade co obxecto de garantir unha selección eficaz, eficiente, transparente e obxectiva, de acordo cos estándares internacionais avaliadores da calidade docente e investigadora.

2. Co fin de garantir a igualdade de oportunidades, os procedementos de selección do persoal docente e investigador terán en conta as situacións de incapacidade temporal, xestación, embarazo, nacemento, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, lactación, risco durante a xestación, o embarazo ou a lactación, violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, así como por razóns de conciliación ou coidado de familiares ou persoas dependentes, nos termos que estableza a convocatoria e de acordo coa normativa xeral de aplicación. Do mesmo xeito, os procedementos de selección axustaranse ás previsións establecidas na normativa que, con carácter xeral, sexa de aplicación ao sector público para a inclusión efectiva de persoas con discapacidade.

3. As referencias que para cada posto de traballo poidan conter as convocatorias en relación coas obrigas docentes e de investigación que deberán asumir as persoas seleccionadas non suporán en ningún caso para quen obteña estes postos un dereito de vinculación exclusiva a esas actividades, nin limitarán a competencia da universidade para asignarlles unhas tarefas docentes e investigadoras diferentes, agás no caso do profesorado asociado, ao cal, en todo caso, poderá asignárselle, ademais da docencia para a que foi contratado, outras actividades docentes relacionadas con ela. Do mesmo xeito, a referencia ao centro en que se deberá desenvolver a actividade docente non suporá o dereito a non exercer actividade docente ou investigadora noutro centro dependente da propia universidade, aínda no caso de que radique en localidade distinta, de acordo, en todo caso, co que estableza o convenio colectivo, de ser o caso, e demais normas de aplicación.

TÍTULO I

Sistema de selección

Artigo 3. Sistema de selección

O procedemento de selección será o concurso e nel deberanse valorar os méritos de cada persoa aspirante e a súa adecuación ás tarefas docentes e investigadoras propias da praza obxecto de convocatoria.

Artigo 4. Méritos

1. Nos concursos valorarase a traxectoria académica, a actividade docente, investigadora e de transferencia desenvolvida, a experiencia profesional e asistencial, de ser o caso, así como outros méritos, incluídas as actividades de xestión, que sexan relevantes para a praza obxecto do concurso, sempre de acordo co indicado nos baremos para cada figura de profesorado recollidos nos anexos.

2. Naqueles concursos que prevexan a existencia de probas orais valoraranse, ademais dos contidos, a claridade expositiva e a capacidade da persoa candidata para responder as cuestións que lle formule a Comisión de Selección.

3. No desenvolvemento dos concursos as persoas candidatas e os membros da Comisión de Selección poderán empregar calquera das linguas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela. Non obstante, en casos xustificados poderase prever a utilización doutras linguas.

TÍTULO II

Comisións de selección

Artigo 5. Composición e requisitos xerais

1. As comisións de selección constituiranse para cada convocatoria. Estarán formadas por cinco membros do profesorado con titulación e categoría igual ou superior á establecida para ocupar a praza convocada, tendo en conta as posibles equivalencias no caso de persoal doutros organismos, e deberán pertencer á especialidade de coñecemento a que estea adscrita a praza en concurso ou a especialidades afíns.

2. Poderá formar parte das comisións de selección o profesorado das universidades dos Estados membros da Unión Europea que ocupe nelas unha posición equivalente á da praza convocada. Así mesmo, nos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios poderán tamén formar parte das comisións de selección as persoas expertas a que se refire o artigo 31.2 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

3. Os membros das comisións deberán posuír a competencia académica necesaria para cumpriren axeitadamente a súa función, que deberán realizar de acordo cos principios de obxectividade, imparcialidade, neutralidade e transparencia.

4. Os membros das comisións poderán estar en calquera das situacións administrativas agás as de excedencia ou suspensión de funcións, todo isto con anterioridade á data de expiración do prazo para a presentación de solicitudes de participación nos concursos por parte das persoas aspirantes. O profesorado emérito tamén poderá formar parte das comisións de selección.

5. Na conformación das comisións, tanto titulares como suplentes, garantirase a súa composición equilibrada entre mulleres e homes, agás que non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas debidamente motivadas.

6. De acordo co artigo 60 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto básico do empregado público, e do artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o persoal de elección ou de designación política, o persoal funcionario interino e o persoal eventual non poderá formar parte dos órganos de selección.

7. A pertenza a órganos de selección será sempre a título individual e non se poderá exercer en representación ou por conta de ninguén.

8. Os membros do equipo reitoral non poderán formar parte das comisións de selección. Os membros da Comisión de Reclamacións e da Comisión de Revisión poderán formar parte das comisións de selección, pero deberanse abster de intervir na resolución das reclamacións que afecten concursos de cuxas comisións formaran parte, así como cando neles concorra algunha das circunstancias reguladas no artigo 8 deste regulamento.

9. As prazas que para cada convocatoria correspondan á mesma categoría, departamento e especialidade de coñecemento serán xulgadas pola mesma comisión.

10. A participación nas comisións de selección dará dereito á percepción das indemnizacións económicas que se determinen.

Artigo 6. Designación e nomeamento

1. Os membros da Comisión de Selección serán nomeados pola Reitoría, logo da aprobación do Consello de Goberno. No caso das comisións encargadas de valorar as solicitudes de inclusión en bolsas de emprego, os seus membros serán nomeados pola Reitoría, por proposta do Consello de Departamento correspondente.

2. Nos concursos correspondentes a prazas de corpos docentes, de profesorado permanente laboral e de profesorado axudante doutor cando menos tres dos membros das comisións non poderán pertencer á Universidade de Santiago de Compostela, e serán elixidos por sorteo. Correspóndelle ao Consello de Departamento propor o/a presidente/a e o/a secretario/ da comisión, cos seus respectivos suplentes, e, ademais, unha relación de nove profesoras e nove profesores alleos á Universidade de Santiago de Compostela, entre os que se sortearán os tres vogais titulares e os suplentes. O sorteo realizarase de xeito que as comisións de selección cumpran o principio de composición equilibrada entre mulleres e homes.

3. Nos concursos correspondentes a prazas de profesorado asociado e de profesorado asociado de ciencias da saúde, así como para a elaboración de bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, o Consello de Departamento formulará unha proposta de comisión formada por un presidente/a, un secretario/a e tres vogais, cos seus correspondentes suplentes.

4. No caso das comisións encargadas de resolver os concursos de prazas de profesorado contratado ou funcionario con actividade asistencial vinculada, correspóndelle ao Departamento propor o/a presidente/a e o/a secretario/a da comisión, cos seus respectivos suplentes, e, ademais, unha relación de tres profesoras e tres profesores alleos á Universidade de Santiago de Compostela entre os que se sorteará un dos vogais titulares e un suplente. Os dous vogais restantes deberán estar en posesión do título de doutor e do de especialista que se exixa como requisito para concursar á praza. A elección destes últimos levarase a cabo pola institución sanitaria correspondente de acordo co disposto na normativa de aplicación.

Artigo 7. Irrenunciabilidade dos nomeamentos e prohibición de abstención á hora de valorar méritos e probas

1. O nomeamento como membro dunha Comisión de Selección é irrenunciable.

2. Cando un membro dunha comisión considere que existe unha causa xustificada que lle impida actuar, poñerao xustificadamente en coñecemento da vicerreitoría con competencias en materia de profesorado, que deberá resolver no prazo de tres días desde a súa recepción, do que se dará traslado ao presidente da comisión para que, de ser o caso, proceda a convocar o membro suplente que corresponda.

3. Os membros das comisións de selección non poderán absterse á hora de valorar os méritos e probas que se realicen no desenvolvemento dos concursos.

Artigo 8. Abstención e recusación

1. Os membros das comisións deberán absterse de actuar, e as persoas interesadas poderan recusalos, en calquera momento do procedemento, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, debendo facer manifestación expresa das causas que os inhabilitan.

2. Así mesmo, de acordo co artigo 32.4 do Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos ditos corpos, os membros seleccionados deberán declarar os seus posibles conflitos de interese e renunciar a formar parte da comisión cando concorra algunha das seguintes circunstancias respecto dalgunha das persoas candidatas:

a) Ter sido coautor ou coautora de publicacións ou patentes nos últimos seis anos.

b) Ter mantido relación contractual ou ser membro dos equipos de investigación que participan en proxectos ou contratos de investigación xunto con algunha persoa candidata.

c) Dirixir ou ter dirixido a súa tese de doutoramento, defendida nos últimos seis anos.

3. No caso de apreciarse causas de abstención ou recusación, ditarase a resolución correspondente e os membros da comisión serán substituídos polos seus respectivos suplentes. A resolución comunicaráselle, ademais de ás persoas interesadas, á persoa que ocupe a presidencia da Comisión de Selección.

TÍTULO III

Procedemento de selección

Artigo 9. Requisitos

1. Para seren admitidas aos concursos, as persoas aspirantes deberán posuı́r na data de remate do prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou dalgunha outra que, de acordo coa lexislación vixente, permita o acceso ao emprego público.

b) Estar en posesión da titulación e demais requisitos específicos exixidos para cada tipo de praza.

c) De ser o caso, estar en posesión da acreditación para o corpo ou figura de profesorado correspondente á praza en concurso ou ben para unha categoría superior.

d) No caso de prazas con vinculación asistencial, estar en posesión do título de especialista correspondente.

e) Cumprir os requisitos de idade máxima e mínima legalmente establecidos para o acceso ao emprego público.

f) Posuı́r a capacidade funcional para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

g) Acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente. O coñecemento do español acreditarase mediante un diploma de español como lingua estranxeira de nivel B2 ou superior. As persoas que sexan nacionais de Estados que teñen o español como lingua oficial non terán que acreditar o seu coñecemento. A acreditación do coñecemento do idioma galego farase mediante un diploma Celga3 ou equivalente. A universidade disporá os medios necesarios para que o profesorado seleccionado que non poida acreditalo inicialmente estea en condicións de facelo no prazo que determine a convocatoria ou, en todo caso, antes de transcorridos dous anos desde a contratación ou nomeamento.

h) Non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa fose separada ou inhabilitada. No caso de persoal laboral, non ter sido despedida mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trata de acceder á mesma categorı́a profesional a que pertencı́a.

i) No caso de persoas nacionais doutros estados, non estar inhabilitada ou en situación equivalente, nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

Artigo 10. Cómputo de prazos

1. Os prazos a que se fai referencia neste regulamento exprésanse en dı́as que, consonte o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, serán hábiles. Entenderanse festivos para os efectos do presente regulamento os festivos locais tanto de Santiago de Compostela como de Lugo.

2. O mes de agosto será inhábil para a publicación de convocatorias, presentación de solicitudes de participación en procesos selectivos, publicación de listaxes e cómputo de prazos, así como para a reunión das comisións de selección.

Artigo 11. Convocatorias

1. A convocatoria de concursos públicos para a selección de persoal docente e investigador realizarase mediante resolución reitoral consonte a relación de postos de traballo, logo de ser acordada polo Consello de Goberno. Non obstante, a convocatoria de bolsas de emprego será acordada polo/a reitor/a por proposta do Consello de Departamento correspondente.

2. Cando se trate de prazas de profesorado con vinculación asistencial, a convocatoria dos concursos realizarase conxuntamente pola universidade e pola institución sanitaria, e será asinada polo/a reitor/a da universidade, que será a institución responsable da súa execución.

Artigo 12. Contido das convocatorias

As convocatorias conterán necesariamente:

a) O número e categoría das prazas convocadas.

b) O réxime de dedicación e, de ser o caso, a duración do contrato, agás no caso das convocatorias para a elaboración de bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto.

c) O departamento e a especialidade de coñecemento a que se adscribe a praza.

d) A localidade e o centro en que se realizará preferentemente a actividade.

e) As condicións e requisitos que deben reunir as persoas aspirantes.

f) As probas que haberá que realizar, ası́ como o baremo de méritos recollido nos anexos I-VII.

g) A composición das comisións de selección.

h) A orde de actuación das persoas aspirantes.

i) O lugar de celebración das probas, se é o caso.

j) O modelo de solicitude e a documentación que se debe achegar, ası́ como o prazo e o lugar de presentación.

k) Os recursos que proceden, o órgano perante o que deben presentarse e o prazo para a súa interposición.

l) O prazo máximo para resolver o proceso selectivo.

m) Calquera outro aspecto que prevexa as normas de aplicación xeral a estes procedementos.

Artigo 13. Publicidade e difusión

1. As convocatorias publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. As correspondentes aos corpos de persoal funcionario docente publicaranse, ademais, no Boletín Oficial del Estado.

2. Co fin de garantir a súa difusión, as convocatorias publicitaranse a través da páxina web da universidade e serán comunicadas ao rexistro público de concursos de persoal docente e investigador do Ministerio de Universidades. Ademais, as convocatorias de concursos de acceso aos corpos docentes serán comunicadas, con cando menos un mes de antelación con respecto á súa publicación, ao rexistro da plataforma Euraxess Jobs xestionada pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT).

3. A universidade fará pública a composición das comisións de selección e o currı́culo dos seus membros. O contido público do currı́culo comprenderá os seus nomes e apelidos, as institucións en que desenvolven a súa actividade principal, os postos que desempeñan e a información necesaria de conformidade coa norma vixente que regule o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios.

Artigo 14. Presentación de solicitudes e admisión de candidaturas

1. As solicitudes para a participación nos concursos dirixiranse á Reitorı́a no prazo que estableza cada convocatoria, que en ningún caso será inferior a dez dı́as hábiles nin superior a vinte, contados a partir do dı́a seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no caso das convocatorias de prazas de profesorado laboral e de bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, e no Boletín Oficial del Estado, no caso das convocatorias de prazas de profesorado de corpos docentes universitarios.

2. A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través da aplicación de procesos selectivos de PDI, a que se pode acceder a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela. Para iso, as persoas interesadas deberán empregar os medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela.

3. As persoas candidatas deberán presentar, xunto coa solicitude e polo mesmo medio, a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos para a participación que se establezan na convocatoria. Ademais, deberán realizar a través da mesma aplicación informática a liquidación das taxas e o seu aboamento a través dalgún dos medios indicados. En ningún caso o pagamento das taxas suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

4. Nos concursos de prazas de profesorado axudante doutor, profesorado asociado e profesorado asociado de ciencias da saúde, así como para a elaboración de bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, as persoas solicitantes deberán achegar, ademais, a través dos formularios incluídos na aplicación, a relación dos méritos alegados xunto coa súa xustificación documental.

5. En calquera momento os órganos de selección poderán requirir ás persoas aspirantes que acrediten a veracidade das circunstancias e documentación achegada ao concurso.

6. As persoas aspirantes que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas, acompañada da documentación correspondente, agás que se trate de prazas da mesma categorı́a e área de coñecemento incluídas nun mesmo concurso. Neste caso, abondará con presentar unha soa solicitude e documentación acreditativa.

Artigo 15. Lista provisoria de persoas admitidas e excluı́das

1. No prazo máximo de dez dı́as hábiles desde o remate do prazo para a presentación das solicitudes, a Vicerreitorı́a competente en materia de profesorado publicará no taboleiro electrónico da universidade unha resolución coa listaxe de persoas aspirantes admitidas e excluı́das, e indicará, de ser o caso, as causas de exclusión, do cal se informará ás persoas aspirantes a través do correo electrónico.

2. As persoas excluı́das disporán do prazo que se indique na convocatoria, e que non poderá ser inferior a cinco nin superior a dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao de publicación da resolución no taboleiro electrónico, para emendaren o defecto que motivou a exclusión ou omisión da solicitude. De non o faceren, serán excluídas definitivamente do concurso.

Artigo 16. Lista definitiva de persoas admitidas e excluı́das

Unha vez rematado o prazo para a presentación de emendas da solicitude, a Vicerreitorı́a con competencias en profesorado publicará no taboleiro electrónico da universidade, no prazo máximo de dez dı́as, unha resolución coa listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluı́das, do cal se informará ás persoas aspirantes a través do correo electrónico.

Artigo 17. Constitución das comisións de selección

1. As comisións de selección constituiranse no prazo máximo que se determine na convocatoria, e que non poderá ser superior a tres meses, contados desde o día seguinte á data de publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no caso de prazas de profesorado laboral, e no Boletín Oficial del Estado, no caso de prazas de profesorado funcionario.

2. A persoa titular da presidencia da comisión, logo de consultar cos restantes membros, convocará os membros titulares e, de ser o caso, os suplentes, para proceder ao acto de constitución da comisión, con indicación do lugar, a data e a hora. Con carácter xeral, a comisión deberá actuar no centro para o que se convoca a praza. Cando un mesmo concurso inclúa prazas correspondentes a diferentes centros, celebrarase no centro que decida a persoa que ocupe a presidencia da comisión.

3. A válida constitución da comisión exixirá a presenza de todos os seus membros. No caso de que algún dos membros titulares se vise afectado por causas de abstención ou de recusación ou non asistise ao acto de constitución, será substituído polo correspondente suplente. No caso de que o suplente tampouco asista, a substitución farase co resto de suplentes da comisión, por orde correlativa. De non asistiren o/a presidente/a titular nin o seu suplente, ocupará a presidencia da comisión o vogal de maior categoría e antigüidade. De non asistiren o/a secretario/a titular nin o seu suplente, ocupará a secretaría da comisión o vogal de menor categoría e antigüidade.

4. Unha vez constituı́da a comisión, os seus membros non poderán ser substituídos. En caso de ausencia da persoa titular da presidencia ou da secretaría, farán as súas funcións os vogais de maior e de menor categorı́a e antigüidade, respectivamente. A válida actuación da comisión requirirá a participación de polo menos tres dos seus membros. No caso de concursos de prazas con vinculación asistencial, entre os membros presentes deberá figurar, cando menos, un dos designados pola institución sanitaria.

5. No acto de constitución e antes de acceder á documentación achegada polas persoas aspirantes, a Comisión de Selección aprobará e publicará no taboleiro electrónico os criterios de valoración dos méritos a que se refire o artigo 4, así como os criterios para a superación de cada unha das fases e probas de que conste o concurso. Nos concursos que consten de dúas fases, a puntuación exixida para superar cada unha delas non poderá ser superior ao 50 % da puntuación máxima asignada, agás no caso dos concursos de profesorado axudante doutor e de profesorado asociado, en que a puntuación exixida para superar a primeira fase non poderá ser superior ao 30 % da puntuación máxima. Nos concursos que consten dunha única fase a puntuación exixida para superala non poderá ser superior ao 30 % da puntuación máxima, agás no caso dos concursos de catedrático, en que a puntuación exixida non poderá ser superior ao 50 % da puntuación máxima. Polo demais, os criterios deberán axustarse aos baremos recollidos nos anexos I a VII deste regulamento.

Artigo 18. Actuación da comisión por medios telemáticos

1. Na constitución da comisión, na aprobación de criterios e no desenvolvemento dos concursos os membros da comisión poderán actuar a través de procedementos telemáticos. En calquera caso, o sistema empregado deberá permitir comprobar en calquera momento a identidade das persoas que participan e garantirlles a estas a posibilidade de acceder á documentación presentada polas persoas candidatas e, no caso de concursos que prevexan a realización de probas orais, o seguimento das probas e a interacción e intercomunicación coas persoas aspirantes e co resto dos membros da comisión.

2. Nos actos e probas públicas que requiran da participación das persoas aspirantes, no lugar de celebración deberá estar presente, ademais das persoas aspirantes, cando menos o presidente ou o secretario da comisión.

TÍTULO IV

Desenvolvemento dos concursos

CAPÍTULO I

Profesorado dos corpos docentes universitarios

Artigo 19. Presentación das persoas candidatas

1. Logo de constituída a Comisión de Selección e de aprobados e publicados os criterios de valoración dos méritos, a persoa que ocupe a presidencia da comisión convocará as persoas aspirantes para o acto de presentación de candidaturas. Esta convocatoria realizarase a través do taboleiro electrónico e deberá incluír o lugar, a data e a hora de celebración.

2. O acto de presentación será público e no transcurso deste as persoas candidatas entregarán ao presidente da comisión o seu currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados, de acordo co procedemento formal que sinale a convocatoria. En calquera caso, esta deberá garantir a posibilidade de que a documentación acreditativa poida ser entregada en soporte electrónico.

3. Nos concursos correspondentes a prazas de profesorado titular de universidade, as persoas aspirantes entregaranlle, ademais, ao presidente un proxecto de actividades docentes, que deberá corresponder a unha ou varias materias obrigatorias ou de formación básica da especialidade de coñecemento a que se adscriba a praza, das cursadas para a obtención de tı́tulos de carácter oficial de grao na Universidade de Santiago de Compostela, así como o proxecto investigador que desenvolverán no caso de lles ser outorgada a praza.

4. Nos concursos correspondentes a prazas de catedrático/a de universidade, as persoas aspirantes entregaranlle ao presidente, ademais do currículo e a documentación recollida no punto 2 deste artigo, o proxecto investigador que desenvolverán no caso de lles ser outorgada a praza.

5. O proxecto de actividades docentes mencionado no punto 3 deste artigo terá unha extensión máxima de 100.000 caracteres (incluídos espazos) e deberá referirse cando menos aos seguintes aspectos: datos descritivos da materia, sentido da materia no plan de estudos, obxectivos, desenvolvemento do temario, metodoloxía de ensino-aprendizaxe, bibliografía e criterios de avaliación. As persoas aspirantes deberán entregarlle ao presidente unha copia do texto en soporte electrónico co fin de que a comisión poida verificar o cumprimento do requisito relativo á extensión.

6. O proxecto investigador mencionado nos puntos 3 e 4 deste artigo terá unha extensión máxima de 50.000 caracteres (incluídos espazos). As persoas aspirantes deberán entregarlle ao presidente unha copia do texto en soporte electrónico coi fin de que a comisión poida verificar o cumprimento do requisito relativo á extensión.

7. Nos proxectos de actividades docentes e nos proxectos investigadores que incumpran os requisitos de extensión fixados nos puntos 5 e 6 deste artigo só será tida en conta pola Comisión de Selección a parte do documento que non exceda a devandita extensión.

8. No acto de presentación a comisión indicará a data, o lugar e a hora de realización das probas a que se refire o artigo seguinte, ası́ como, no caso de que haxa máis dunha persoa aspirante, a súa orde de intervención. As probas deberán comezar nun prazo máximo de dez dı́as desde o acto de presentación.

9. O/a secretario/a da comisión garantirá que a documentación entregada polas persoas concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas por todas as persoas candidatas presentadas que o desexen.

Artigo 20. Realización das probas

1. Os concursos de acceso ao corpo de profesorado titular de universidade constarán de dúas probas, ambas de carácter eliminatorio, que serán públicas:

a) A primeira proba terá unha valoración máxima de 100 puntos e consistirá na exposición e defensa oral por parte das persoas aspirantes dos seus méritos e historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial. A exposición non poderá exceder os sesenta minutos, e irá seguida dun debate coa Comisión durante un tempo máximo de dúas horas. No caso de que exista unha única persoa aspirante, a comisión, despois de analizar a documentación presentada por esta, se considera por unanimidade que resulta suficiente para a superación da proba, poderá eximila da exposición oral e posterior debate. Rematada a proba, cada membro da comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados. Concluı́da a realización da primeira fase, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico. A comisión indicará a relación de aspirantes que pasan á segunda fase e realizará a convocatoria para a realización do exercicio correspondente. A publicación incluirá a data, a hora e o lugar de celebración.

b) A segunda proba consistirá na exposición oral en sesión pública do proxecto de actividades docentes e do proxecto investigador, durante un tempo máximo de noventa minutos. Seguidamente, a comisión debaterá con cada unha das persoas aspirantes á praza sobre os contidos da súa exposición durante un tempo máximo de dúas horas. Rematada a proba, cada membro da comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados. O proxecto de actividades docentes e o proxecto investigador terán unha valoración máxima de 50 puntos cada un.

c) A puntuación final de cada candidato será o resultado da suma das puntuacións obtidas na primeira e na segunda fase.

2. Os concursos de acceso ao corpo de catedrático/a de universidade constarán dunha única proba, que será pública, e terá unha valoración máxima de 150 puntos. A proba consistirá na exposición e defensa oral dos méritos e historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial de cada persoa candidata, que terá unha valoración máxima de 100 puntos, e do proxecto investigador que desenvolverá caso de lle ser outorgada a praza, que terá unha valoración máxima de 50 puntos. Esta exposición non poderá exceder os noventa minutos. Seguidamente, a comisión debaterá coa persoa candidata sobre os contidos da exposición durante un tempo máximo de dúas horas. Rematada a proba, cada membro da comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

3. Os resultados de cada unha das fases dos concursos, así como a acta final, faranse públicos a través do taboleiro electrónico.

CAPÍTULO II

Profesorado laboral

Artigo 21. Profesorado permanente laboral

Os concursos para a provisión de prazas de profesorado permanente laboral desenvolveranse de xeito análogo ao establecido nos artigos 19 e 20 para o profesorado titular de universidade.

Artigo 22. Profesorado axudante doutor e profesorado asociado

Os concursos para a selección de prazas de profesorado axudante doutor e de profesorado asociado constarán de dúas fases, ambas de carácter eliminatorio:

a) A primeira fase consistirá na valoración por parte da comisión dos méritos e historial académico, docente, investigador e, de ser o caso, profesional ou sanitario-asistencial alegados polas persoas candidatas. A Comisión de Selección deberá anunciar o inicio dos seus traballos a través do taboleiro electrónico. A Comisión de Selección valorará os currículos das persoas aspirantes aplicando os criterios que determine e de acordo cos baremos que correspondan á categoría, recollidos nos anexos I e III deste regulamento. Concluída a valoración dos currículos, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico, do que se informará ás persoas aspirantes a través do correo electrónico. A comisión indicará a relación de aspirantes que pasan á segunda fase e publicará a convocatoria para a realización do exercicio correspondente, que non poderá iniciarse antes de transcorridos dous días desde a publicación da convocatoria, agás renuncia expresa a este prazo das persoas aspirantes. A publicación incluirá a data, a hora e o lugar de celebración.

b) A segunda fase consistirá na presentación oral por parte das persoas candidatas, durante un tempo máximo de vinte minutos, dun proxecto de actividades docentes, que deberá corresponder a unha materia obrigatoria ou de formación básica da especialidade de coñecemento a que se adscriba a praza, das cursadas para a obtención de tı́tulos de carácter oficial de grao na USC. Non obstante, no caso das prazas de profesorado asociado, a convocatoria poderá establecer outro tipo de perfil. Con anterioridade ao inicio da proba, as persoas aspirantes deberán entregar aos membros da comisión un resumo ou esquema do seu proxecto, de acordo cos requirimentos que estableza a convocatoria. A seguir, a comisión debaterá coas persoas aspirantes sobre o contido da súa exposición por un tempo máximo de corenta e cinco minutos. A Comisión valorará esta presentación tendo en conta os contidos e o dominio da materia, a claridade expositiva e a capacidade de resposta do candidato ás cuestións que se lle formulen, e sempre de acordo co establecido nos baremos que figuran nos anexos I e III. Concluída a realización da segunda fase, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico, do cal se informará ás persoas aspirantes a través do correo electrónico.

c) A cualificación final do proceso será a suma das puntuacións correspondentes ás dúas fases do concurso.

Artigo 23. Profesorado asociado de ciencias da saúde e profesorado substituto

1. Os concursos para a contratación de profesorado asociado de ciencias da saúde e para a elaboración de bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto constarán dunha soa fase, que consistirá na valoración dos méritos e historial académico, docente, investigador e, de ser o caso, sanitario-asistencial alegados polos candidatos. A Comisión de Selección valorará os currículos dos concursantes aplicando os criterios que determine e de acordo cos baremos que figuran nos anexos II e IV do presente regulamento.

2. Concluída a valoración dos currículos, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico, do que se informará ás persoas aspirantes a través do correo electrónico.

Artigo 24. Actuación das comisións de selección

1. A Vicerreitoría con competencias en materia de profesorado facilitaralles ás comisións a información necesaria para a valoración do rendemento e traxectoria académica das persoas aspirantes. En calquera caso, a valoración de cada un dos méritos será responsabilidade da Comisión de Selección.

2. Se houbese discrepancias entre os membros da comisión sobre a admisibilidade dalgún dos méritos alegados por unha persoa aspirante, a decisión adoptarase por maioría dos membros da comisión presentes. Se a discrepancia se refire á valoración do mérito, asignaráselle como puntuación a media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros unha vez descartadas as dúas puntuacións máxima e mínima. As situacións de empate resolveranse co voto de calidade da persoa que ocupe a presidencia da comisión.

TÍTULO V

Proposta de provisión ou contratación

Artigo 25. Proposta

1. No prazo máximo de cinco días desde o seguinte ao de finalización das probas correspondentes aos diferentes tipos de concurso, a comisión elaborará unha proposta de contratación ou de provisión, que incluirá a relación de todas as persoas candidatas que sexan consideradas aptas para ocupar a praza, ordenadas pola puntuación final acadada no proceso. No caso de que ningunha das persoas candidatas atinxa a puntuación mínima establecida nos criterios, a comisión elaborará unha proposta de non provisión. No caso dos concursos para a elaboración de bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, a Comisión de Selección elaborará e fará pública a relación ordenada das persoas candidatas que superaron o concurso.

2. Estas propostas faranse públicas no taboleiro electrónico da universidade.

3. Unha vez publicada a proposta, a comisión de selección remitirá o expediente completo á Vicerreitorı́a con competencias en profesorado, xunto coa documentación achegada polas persoas aspirantes, de ser o caso.

4. Rematado o procedemento, a documentación achegada polas persoas concursantes quedará ao seu dispor na Vicerreitorı́a con competencias en materia de profesorado, de onde deberán retirala. Non obstante, no caso de interposición de recurso, a documentación non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuı́zo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruı́da.

TÍTULO VI

Resolución do concurso

CAPÍTULO I

Profesorado dos corpos docentes universitarios

Artigo 26. Nomeamento

1. No caso de prazas dos corpos docentes universitarios, no prazo máximo de vinte dı́as contados desde o seguinte ao de publicación da proposta de nomeamento, o candidato proposto en primeiro lugar pola comisión de selección terá que acreditar o cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 30 do Real decreto 678/2023 e os requisitos xerais para o acceso á función pública, de acordo coa lexislación aplicable. Unha vez efectuada esta acreditación, o/a reitor/a procederá ao seu nomeamento.

2. No caso de que a primeira persoa candidata proposta non acredite en tempo e forma os aspectos sinalados no parágrafo anterior, o/a reitor/a procederá, de xeito sucesivo, ao nomeamento das seguintes persoas propostas segundo a orde establecida pola comisión de selección, logo da acreditación por estas dos mencionados requisitos en idéntico prazo de vinte dı́as.

3. Os nomeamentos, que especificarán a denominación da praza con indicación da especialidade de coñecemento a que se adscribe e do corpo a que pertence, serán publicados no Boletı́n Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia e comunicados aos rexistros correspondentes para o efecto do outorgamento do número de rexistro de persoal e da inscrición no corpo respectivo, ası́ como ao Consello de Universidades.

Artigo 27. Toma de posesión

No prazo de vinte dı́as contados desde o seguinte ao de publicación do nomeamento no Boletı́n Oficial del Estado a persoa candidata nomeada deberá tomar posesión da praza, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a do corpo docente de que se trate.

CAPÍTULO II

Profesorado laboral

Artigo 28. Autorización de contratación

1. No caso de prazas de profesorado contratado, a Reitorı́a ditará resolución autorizando cando proceda a contratación da persoa candidata proposta pola Comisión de Selección.

2. A resolución pola que se autoriza a contratación farase pública no taboleiro electrónico da universidade. Esta publicación substituirá a notificación persoal as persoas interesadas e producirá os mesmos efectos, segundo o previsto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 29. Formalización do contrato

1. As persoas seleccionadas deberán asinar o contrato nun prazo de cinco dı́as hábiles contados desde o dı́a seguinte ao da publicación da resolución pola que se autorice a contratación. Con carácter excepcional, tras a solicitude motivada da persoa interesada e de acordo coas necesidades do servizo, este prazo poderá ser modificado pola Reitorı́a.

2. Antes de proceder á sinatura, as persoas seleccionadas deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos para acceder a cada tipo de praza nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Agás supostos de forza maior, quen non presente a documentación referida, ou cando do seu exame se deduza que carece dos requisitos requiridos, decaerá no seu dereito a desempeñar o posto para o que foi seleccionado, a universidade procederá a formalizar a contratación coa persoa proposta na seguinte posición.

TÍTULO VII

Xestión das bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto

Artigo 30. Activación das bolsas de emprego

1. Cando nunha especialidade de coñecemento sobreveñan ao longo do curso académico necesidades docentes que non poidan ser atendidas cos recursos de que dispón, o Departamento poderá solicitar á Vicerreitoría con competencias en materia de profesorado a activación da bolsa de emprego que corresponda para a contratación dun profesor/a substituto/a.

2. A Vicerreitoría, tras valorar a necesidade da contratación e coa autorización previa da Comisión de Organización Académica e Profesorado, poderá acordar a contratación, coa dedicación que corresponda, a través da bolsa de emprego. En casos de especial urxencia, a Vicerreitoría poderá resolver sobre a contratación e dar conta posteriormente á Comisión de Organización Académica e Profesorado.

Artigo 31. Oferta de contratación a través das bolsas de emprego

1. Unha vez acordada a contratación, ofertarase o contrato ás persoas que figuren na bolsa de emprego. Non se terán en conta, para estes efectos, aquelas persoas que xa estean ocupando na universidade unha praza de profesorado substituto cunha dedicación igual ou superior á ofertada, agás que o novo contrato supoña unha mellora con respecto ao ocupado, tendo en conta o motivo e a súa duración previsible, ou ben que a praza ofertada estea adscrita a un campus diferente.

2. As comunicacións das ofertas de contratación realizaranse mediante correo electrónico, para o que se empregarán os medios de contacto que figuren na solicitude presentada para concorrer ao concurso.

3. As persoas candidatas deberán responder no prazo máximo de dous días. De non o faceren, entenderase que renuncian ao contrato e este asignarase, de entre as persoas candidatas que respondan afirmativamente, a aquela que ocupe o lugar máis elevado na lista.

4. Aceptada a oferta pola persoa candidata, procederase á súa contratación de acordo co previsto nos artigos 28 e 29 deste regulamento. Non obstante, o prazo para asinar o contrato será de tres días hábiles.

5. Unha vez finalizado o contrato, as persoas candidatas reintegraranse na bolsa de emprego no posto que orixinariamente ocupaban.

Artigo 32. Vixencia das bolsas

Con carácter xeral, as bolsas de emprego estarán vixentes, ademais de no curso en que se resolva a convocatoria, nos dous cursos posteriores. Este período de vixencia poderá prorrogarse por un ano adicional sempre que, a xuízo do departamento correspondente, a bolsa siga contando cun número suficiente de persoas candidatas. Non obstante, se por circunstancias excepcionais non quedan persoas candidatas nunha lista, poderase recorrer a bolsas de emprego de convocatorias anteriores da mesma especialidade de coñecemento, preferentemente ás máis recentes, ou, de non ser posible, a bolsas de especialidades afíns.

TÍTULO VIII

Reclamacións

CAPÍTULO I

Profesorado dos corpos docentes universitarios e profesorado
permanente laboral

Artigo 33. Comisión de Reclamacións

1. No prazo de dez dı́as contados desde o seguinte ao de publicación da proposta de contratación ou de provisión, as persoas candidatas poderán presentar unha reclamación perante o/a reitor/a. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o procedemento ata a súa resolución definitiva.

2. As reclamacións tramitaranse de conformidade coas previsións especı́ficas contidas neste regulamento e co disposto no capı́tulo II do tı́tulo V da Lei 39/2015 en relación coa revisión de actos en vı́a administrativa.

3. A reclamación será valorada por unha Comisión de Reclamacións que estará formada por sete catedráticos/as de universidade de diversas áreas de coñecemento elixidos polo claustro. Esta comisión será presidida polo membro máis antigo, que terá voto de calidade, e actuará como secretario/a, con voz pero sen voto, a persoa que ocupe a Xefatura do Servizo de Planificación de PDI.

4. A Comisión de Reclamacións examinará o expediente relativo ao concurso, nos seus aspectos de procedemento e de fondo, na garantı́a do respecto aos principios de igualdade de oportunidades das persoas candidatas en relación co procedemento seguido e de mérito e capacidade destas, sen que a actuación desta comisión poida substituı́r valoracións de fondo sobre a idoneidade das persoas aspirantes para as prazas convocadas.

5. No desenvolvemento da súa función de exame, a Comisión de Reclamacións deberá oı́r a comisión de selección e as persoas candidatas que participasen nas probas. Ası́ mesmo, poderá recadar informes de especialistas de recoñecido prestixio nas materias de que se trate.

6. No prazo de tres meses desde que se presente a reclamación esta comisión ratificará ou non a proposta reclamada, podendo, neste último suposto, retrotraerse o procedemento ata o momento en que se produciu o vicio, caso en que a Comisión de Selección deberá ditar unha nova proposta motivada.

7. Os membros da Comisión de Reclamacións non poderán absterse nas votacións que se realicen no órgano.

8. Os acordos da Comisión de Reclamacións, salvo manifesta ilegalidade, serán vinculantes para o/a reitor/a, quen, de ser o caso, procederá á contratación ou ao nomeamento, segundo corresponda. Esta resolución reitoral esgota a vı́a administrativa e quedará expedita a vı́a contencioso-administrativa.

CAPÍTULO II

Profesorado axudante doutor, profesorado asociado, profesorado asociado de ciencias da saúde e bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto

Artigo 34. Comisión de Revisión

1. Contra as propostas de contratación as persoas interesadas poderán interpoñer reclamación perante a Reitoría nun prazo de dez días contados desde o seguinte ao de publicación da devandita proposta. A admisión a trámite da reclamación non suspenderá a contratación da persoa candidata proposta, salvo resolución motivada en contrario.

2. As reclamacións serán instruídas por unha Comisión de Revisión, que estará presidida pola persoa titular da Reitoría ou da Vicerreitoría en que delegue.

3. A Comisión de Revisión estará composta polo/a presidente/a, cinco membros con voz e voto elixidos polo Consello de Goberno, un por cada unha das grandes áreas de coñecemento, un ou unha representante designado/a polo órgano de representación do persoal docente e investigador contratado, con voz pero sen voto, e a persoa que ocupe a xefatura do Servizo de Planificación de PDI, que ocupará a secretaría da comisión, con voz pero sen voto. A presidencia terá voto de calidade, dirimindo os empates co seu exercicio.

4. Os membros da Comisión de Revisión elixidos polo Consello de Goberno serán renovados parcialmente cada dous anos, designando de forma alternativa dous representantes ou tres na seguinte renovación.

5. A Comisión de Revisión garantirá a igualdade de oportunidades das persoas aspirantes en relación co procedemento seguido e o respecto aos principios de mérito e capacidade daqueles, sen que en ningún caso a súa actuación poida substituír as valoracións de fondo realizadas polas comisións de selección sobre a idoneidade dos aspirantes.

6. A Comisión de Revisión, para instruír o procedemento de reclamación, terá as seguintes competencias:

a. Á vista das reclamacións, poderá remitilas xunto co expediente á Comisión de Selección co obxecto de que emende os defectos de tramitación observados, responda a todas e cada unha das alegacións presentadas e, de ser o caso, formule unha nova proposta motivada. Este acto de instrución poderá ser realizado polo/a presidente/a da Comisión de Revisión.

b. Ordenar a retroacción do procedemento ao momento en que se aprecie algunha infracción procedimental.

7. Os membros da Comisión de Revisión non poderán absterse nas votacións que se realicen no órgano.

8. Rematada a instrución do procedemento nun prazo máximo de tres meses, a Comisión de Revisión proporalle á Reitoría, mediante resolución motivada, a ratificación da proposta da Comisión de Selección ou, se for o caso, a non contratación da persoa seleccionada.

9. Os acordos da Comisión de Revisión serán vinculantes para a Reitoría, que, de ser o caso, procederá segundo o disposto no artigo 28. Esta resolución reitoral esgota a vía administrativa.

Disposición transitoria única. Especialidades de coñecemento

1. Ata a entrada en vigor da listaxe de especialidades de coñecemento a que fai referencia o Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos ditos corpos, as referencias ás especialidades de coñecemento contidas neste regulamento entenderanse realizadas ás áreas de coñecemento relacionadas no anexo I do Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro.

2. Así mesmo, ata a entrada en vigor da listaxe de especialidades, as convocatorias poderán perfilar a descrición das prazas de acordo coa normativa vixente na data de entrada en vigor do citado real decreto.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogados o Regulamento de selección de profesorado non permanente, aprobado en Consello de Goberno do 8 de abril de 2019 e modificado por Acordo do Consello de Goberno do 7 de febreiro de 2020, así como o Regulamento para a selección de profesorado con vinculación permanente, aprobado en Consello de Goberno do 27 de setembro de 2019.

Ası́ mesmo, quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto no presente regulamento.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Este regulamento entrará en vigor o dı́a seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Profesorado axudante doutor

I. Requisitos específicos.

Título de doutor.

II. Duración dos contratos.

A duración máxima do contrato será de seis anos. Para determinar a duración máxima do contrato computaranse, de existiren, os períodos anteriores de contratación nesta categoría, tanto na Universidade de Santiago de Compostela coma en calquera outra universidade ou centro universitario regulado pola LOSU.

Non obstante, cando a persoa contratada teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, a duración máxima do contrato poderá ampliarse ata os 8 anos. Do mesmo xeito, cando esta situación de discapacidade dese lugar a unha redución da xornada, o contrato prorrogarase polo tempo equivalente á xornada que se reducise.

III. Baremo.

Para as diferentes epígrafes e subepígrafes do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes na epígrafe ou subepígrafe de que se trate.

1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 20 puntos.

1.1. Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 10 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación de Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Nesta epígrafe só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura. No caso de que o acceso ao doutoramento se produza a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica máis un máster oficial, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoración máxima de 10 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.2. Doutoramento. A valoración máxima será de 8 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: sobresaliente cum laude (8 puntos), sobresaliente (6 puntos), notable (4 puntos), aprobado (2 puntos). No caso de que o sistema de cualificación conste unicamente de dous graos, a valoración será a seguinte: apto cum laude (8 puntos), apto (6 puntos). Se o sistema de cualificación consta dun único grao (apto), a valoración será de 6 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.3. Premios extraordinarios de grao, máster, licenciatura ou doutoramento, mencións de doutoramento internacional e outras mencións de calidade correspondentes aos títulos alegados en 1.1 e 1.2. A valoración máxima será de 2 puntos.

2. Postos desempeñados no ámbito da universidade ou de organismos públicos de investigación. A valoración máxima será de 30 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

2.1. Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 20 puntos. Valoraranse unicamente os períodos de contratación nalgunha categoría de profesorado universitario con docencia en titulacións oficiais. Para a valoración da docencia impartida en universidades estranxeiras, as figuras propias deses sistemas asimilaranse ás existentes no sistema universitario español, sempre que sexa posible acreditar a equivalencia do encargo docente.

2.1.1. Postos de profesor/a a tempo completo na especialidade de coñecemento: 2 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.2. Postos de profesor/a a tempo completo nunha especialidade de coñecemento afín: 1 punto por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.3. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 1,5 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.4. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,75 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.5. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P3, PACS ou equivalente: 0,75 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.6. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P3, PACS ou equivalente: 0,35 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 2 puntos por ano, ata un máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.3 Bolsas e contratos de investigación predoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1,5 puntos por ano, ata un máximo de 6 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.4. Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,75 puntos por ano, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.5. Colaboración na actividade docente universitaria. Nesta epígrafe valorarase unicamente a actividade como colaborador docente ou titor clínico en titulacións oficiais ao abeiro da disposición adicional primeira dos estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, a actividade como titor ou colaborador profesional externo en prácticas de titulacións oficiais realizadas en institucións públicas ou privadas, e a actividade de titorización de estudantes en titulacións oficiais impartidas por universidades a distancia e en liña: ata 1,5 puntos por ano, cun máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

3. Calidade docente. Valoraranse unicamente cinco méritos, seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. Cada un dos méritos alegados poderá ser valorado cun máximo de 1 punto, polo que a valoración máxima da epígrafe será de 5 puntos. Dentro desta epígrafe valoraranse actividades como as seguintes:

a) Participación, en calidade de docente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola impartición de cursos cunha duración conxunta de 50 ou máis horas. A impartición de cursos cunha duración conxunta inferior a 50 horas valorarase proporcionalmente.

b) Participación, en calidade de asistente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola asistencia a cursos de formación cunha duración conxunta de 100 ou máis horas. A asistencia a cursos cunha duración conxunta inferior a 100 horas valorarase proporcionalmente.

c) Elaboración de materiais docentes, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

d) Realización de estadías de formación docente, que se valorarán a razón de 0,25 puntos por mes.

e) Participación en actividades de innovación docente, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

f) Premios e recoñecementos da calidade da docencia impartida, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 35 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, en que se aplicará o disposto no punto 4.1.

4.1. Publicacións científicas. A valoración máxima será de 20 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de quince publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 2 puntos. Entre as contribucións achegadas as persoas candidatas poderán incluír como máximo cinco publicadas cunha anterioridade de máis de dez anos con respecto á convocatoria; o resto deberá corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria. En calquera caso, será posible que todas as contribucións achegadas correspondan aos dez anos anteriores á convocatoria. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada (para o que se empregarán prioritariamente os indicadores de calidade aceptados internacionalmente), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.2. Participación en congresos e reunións científicas. A valoración máxima será de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,8 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o ámbito (local, nacional, internacional), o tipo de participación (relatorio convidado, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.3. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional. A valoración máxima será de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.4. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións. A valoración máxima será de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,5 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.5. Estadías de investigación. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,25 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional.

4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións e a elaboración de informes técnicos. A valoración máxima será de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados en función da súa relevancia cun máximo de 0,6 puntos cada un.

5. Experiencia profesional: ata 0,5 puntos por ano ata un máximo de 5 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa especialidade de coñecemento obxecto do concurso, correspondentes a actividades profesionais, docentes ou asistenciais desenvolvidas fóra do ámbito da universidade e acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems, correspondentes a un ou varios dos seguintes ámbitos:

a) Coñecemento de linguas estranxeiras. Por este concepto, valorarase o coñecemento de cada lingua de acordo coas seguintes puntuacións: nivel C2 do MCER, 1 punto; nivel C1 do MCER, 0,8 puntos; nivel B2 do MCER, 0,6 puntos; nivel B1 do MCER, 0,4 puntos. Non serán valorables niveis inferiores aos mencionados.

b) Outras titulacións universitarias oficiais, que se valorarán a razón de 1 punto pola posesión dun título oficial de grao ou licenciatura e 0,5 puntos pola posesión dun título oficial de máster ou diplomatura. Non serán valorables aqueles títulos que coincidan substancialmente cos achegados na epígrafe 1.1.

c) Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura, que será valorado con 0,5 puntos; másters propios, que serán valorados con 0,5 puntos; cursos de especialización, que serán valorados con 0,25 puntos, ou outros.

d) Experiencia en xestión universitaria. Será valorable exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. A experiencia en xestión universitaria valorarase con 0,25 puntos por cada ano de exercicio dun cargo unipersoal dos mencionados.

e) Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc. A dirección de traballos académicos poderá alcanzar unha valoración máxima de 1 punto, que se poderá obter pola dirección dunha tese de doutoramento presentada, ou pola dirección de dez traballos de fin de grao e máster ou de dez proxectos de fin de carreira.

f) Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3/R3 e similares, etc. Valorarase con 1 punto a participación como organizador principal dun congreso internacional, a dirección dunha publicación científica indexada ou a posesión da acreditación I3/R3. A participación como membro do comité organizador dun congreso internacional ou dun consello de redacción ou editorial dunha revista indexada valorarase con 0,5 puntos. No caso de congresos de ámbito nacional ou de revistas non indexadas, as puntuacións mencionadas reduciranse á metade.

g) Outras actividades de divulgación, como publicacións de carácter divulgativo ou en medios non especializados, impartición de conferencias e seminarios de divulgación científica, organización de xornadas de divulgación científica, etc. Cada un dos ítems alegados poderá ser valorado con ata 0,5 puntos.

h) Título de especialista relacionado coa especialidade de coñecemento obxecto do concurso (só no caso de especialidades de coñecemento con disciplinas de contido clínico), que será valorado con 1 punto.

7. Acreditación para categorías de profesorado e corpos docentes universitarios (mérito preferente).

Co fin de dar cumprimento ao previsto na disposición transitoria terceira da LOSU, as persoas aspirantes que dispoñan dunha acreditación para algunha figura de profesorado universitario recibirán por este concepto unha puntuación adicional, que equivalerá a unha porcentaxe da puntuación obtida na primeira fase do concurso. A porcentaxe aplicada dependerá da categoría de profesorado para a que estean acreditadas, de acordo coa seguinte táboa:

a) Profesorado axudante doutor: 15 %.

b) Profesorado permanente laboral, contratado doutor e corpos docentes: 20 %.

8. Proxecto de actividades docentes. A valoración máxima será de 20 puntos.

ANEXO II

Bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto

I. Requisitos específicos.

Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente, ou ben de doutoramento. No casos en que así se determine na convocatoria, titulacións de diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

II. Duración dos contratos.

Ata a reincorporación da persoa substituída.

III. Baremo.

Para as diferentes epígrafes e subepígrafes do baremo, establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes na epígrafe ou subepígrafe de que se trate.

1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 20 puntos.

1.1. Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 10 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Nesta epígrafe só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura. No caso de que o acceso ao doutoramento se produza a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica máis un máster oficial, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoración máxima de 10 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.2. Doutoramento. A valoración máxima será de 8 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: sobresaliente cum laude (8 puntos), sobresaliente (6 puntos), notable (4 puntos), aprobado (2 puntos). No caso de que o sistema de cualificación conste únicamente de dous graos a valoración será a seguinte: apto cum laude (8 puntos), apto (6 puntos). Se o sistema de cualificación consta dun único grao (apto), a valoración será de 6 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.3. Premios extraordinarios de grao, máster, licenciatura ou doutoramento, mencións de doutoramento internacional e outras mencións de calidade correspondentes aos títulos alegados en 1.1 e 1.2. A valoración máxima será de 2 puntos.

2. Postos desempeñados no ámbito da universidade ou de organismos públicos de investigación. A valoración máxima será de 35 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

2.1. Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 25 puntos. Valoraranse unicamente os períodos de contratación nalgunha categoría de profesorado universitario con docencia en titulacións oficiais. Para a valoración da docencia impartida en universidades estranxeiras, as figuras propias deses sistemas asimilaranse ás existentes no sistema universitario español, sempre que sexa posible acreditar a equivalencia do encargo docente.

2.1.1. Postos de profesor/a a tempo completo na especialidade de coñecemento: 2,5 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.2. Postos de profesor/a a tempo completo nunha especialidade de coñecemento afín: 1,25 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.3. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 1,8 puntos por ano. Para períodos inferiores a un curso, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.4. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,9 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.5. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P3, PACS ou equivalente: 0,9 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.6. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P3, PACS ou equivalente: 0,45 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 2 puntos por ano, ata un máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1,5 puntos por ano, ata un máximo de 6 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.4. Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,75 puntos por ano, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.5. Colaboración na actividade docente universitaria. Nesta epígrafe valorarase unicamente a actividade como colaborador docente ou titor clínico en titulacións oficiais ao abeiro da disposición adicional primeira dos estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, a actividade como titor ou colaborador profesional externo en prácticas de titulacións oficiais realizadas en institucións públicas ou privadas, e a actividade de titorización de estudantes en titulacións oficiais impartidas por universidades a distancia e en liña: ata 1,5 puntos por ano, cun máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

3. Calidade docente. Valoraranse unicamente cinco méritos, seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. Cada un dos méritos alegados poderá ser valorado cun máximo de 1 punto, polo que a valoración máxima da epígrafe será de 5 puntos. Dentro desta epígrafe valoraranse actividades como as seguintes:

a) Participación, en calidade de docente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola impartición de cursos cunha duración conxunta de 50 ou máis horas. A impartición de cursos cunha duración conxunta inferior a 50 horas valorarase proporcionalmente.

b) Participación, en calidade de asistente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola asistencia a cursos de formación cunha duración conxunta de 100 ou máis horas. A asistencia a cursos cunha duración conxunta inferior a 100 horas valorarase proporcionalmente.

c) Elaboración de materiais docentes, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

d) Realización de estadías de formación docente, que se valorarán a razón de 0,25 puntos por mes.

e) Participación en actividades de innovación docente, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

f) Premios e recoñecementos da calidade da docencia impartida, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 30 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, en que se aplicará o disposto no punto 4.1.

4.1. Publicacións científicas. A valoración máxima será de 20 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de dez publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 2 puntos. Entre as contribucións achegadas as persoas candidatas poderán incluír, como máximo, tres publicadas cunha anterioridade de máis de dez anos con respecto á convocatoria; o resto deberá corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria. En calquera caso, será posible que todas as contribucións achegadas correspondan aos dez anos anteriores á convocatoria. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada (para o que se empregarán prioritariamente os indicadores de calidade aceptados internacionalmente), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.2. Participación en congresos e reunións científicas. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o ámbito (local, nacional, internacional), o tipo de participación (relatorio convidado, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.3. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional. A valoración máxima será de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.4. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións. A valoración máxima será de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,5 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.5. Estadías de investigación. A valoración máxima será de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,2 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional.

4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións e a elaboración de informes técnicos. A valoración máxima será de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados en función da súa relevancia cun máximo de 0,8 puntos cada un.

5. Experiencia profesional: ata 0,5 puntos por ano ata un máximo de 5 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa especialidade de coñecemento obxecto do concurso, correspondentes a actividades profesionais, docentes ou asistenciais desenvolvidas fóra do ámbito da universidade e acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems, correspondentes a un ou varios dos seguintes ámbitos:

a) Coñecemento de linguas estranxeiras. Por este concepto, valorarase o coñecemento de cada lingua de acordo coas seguintes puntuacións: nivel C2 do MCER, 1 punto; nivel C1 do MCER, 0,8 puntos; nivel B2 do MCER, 0,6 puntos; nivel B1 do MCER, 0,4 puntos. Non serán valorables niveis inferiores aos mencionados.

b) Outras titulacións universitarias oficiais, que se valorarán a razón de 1 punto pola posesión dun título oficial de grao ou licenciatura e 0,5 puntos pola posesión dun título oficial de máster ou diplomatura. Non serán valorables aqueles títulos que coincidan substancialmente cos achegados na epígrafe 1.1.

c) Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura, que será valorado con 0,5 puntos; másters propios, que serán valorados con 0,5 puntos; cursos de especialización, que serán valorados con 0,25 puntos, ou outros.

d) Experiencia en xestión universitaria. Será valorable exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. A experiencia en xestión universitaria valorarase con 0,25 puntos por cada ano de exercicio dun cargo unipersoal dos mencionados.

e) Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc. A dirección de traballos académicos poderá alcanzar unha valoración máxima de 1 punto, que se poderá obter pola dirección dunha tese de doutoramento presentada, ou pola dirección de dez traballos de fin de grao e máster ou de dez proxectos de fin de carreira.

f) Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3/R3 e similares, etc. Valorarase con 1 punto a participación como organizador principal dun congreso internacional, a dirección dunha publicación científica indexada ou a posesión da acreditación I3/R3. A participación como membro do comité organizador dun congreso internacional ou dun consello de redacción ou editorial dunha revista indexada valorarase con 0,5 puntos. No caso de congresos de ámbito nacional ou de revistas non indexadas, as puntuacións mencionadas reduciranse á metade.

g) Outras actividades de divulgación, como publicacións de carácter divulgativo ou en medios non especializados, impartición de conferencias e seminarios de divulgación científica, organización de xornadas de divulgación científica, etc. Cada un dos ítems alegados poderá ser valorado con ata 0,5 puntos.

h) Título de especialista relacionado coa especialidade de coñecemento obxecto do concurso (só no caso de especialidades de coñecemento con disciplinas de contido clínico), que será valorado con 1 punto.

i) Acreditación para categorías de profesorado de nivel superior ao da praza en concurso, que se valorarán de acordo coas seguintes puntuacións: profesorado axudante doutor, 0,5 puntos; profesorado contratado doutor, permanente laboral ou corpos docentes, 1 punto.

ANEXO III

Profesorado asociado

I. Requisitos específicos.

1. A titulación que estableza a convocatoria.

2. A acreditación de que no momento de presentación da solicitude está a desenvolver, fóra do ámbito académico universitario, unha actividade profesional directamente relacionada cos contidos da actividade docente que se pretende desenvolver. Esta actividade deberá continuarse exercendo durante toda a duración do contrato como profesor/a asociado/a.

II. Duración dos contratos.

Indefinida. Non obstante, de conformidade co disposto no artigo 79.d) da Lei orgánica do sistema universitario, en caso de cesamento da persoa interesada na súa actividade principal, o contrato de profesor/a asociado/a extinguirase á finalización do curso académico de que se trate.

III. Baremo.

Para as diferentes epígrafes e subepígrafes do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes na epígrafe ou subepígrafe de que se trate.

1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 10 puntos.

1.1. Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 4 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Nesta epígrafe só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura. No caso de que a titulación requirida na convocatoria sexa de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoracíón máxima. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.2. Doutoramento. A valoración máxima será de 4 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: sobresaliente cum laude (4 puntos), sobresaliente (3 puntos), notable (2 puntos), aprobado (1 punto). No caso de que o sistema de cualificación conste únicamente de dous graos a valoración será a seguinte: apto cum laude (4 puntos), apto (3 puntos). Se o sistema de cualificación consta dun único grao (apto), a valoración será de 3 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.3. Premios extraordinarios de grao, máster, licenciatura ou doutoramento, mencións de doutoramento internacional e outras mencións de calidade correspondentes aos títulos alegados en 1.1 e 1.2. A valoración máxima será de 2 puntos.

2. Postos desempeñados no ámbito da universidade ou de organismos públicos de investigación. A valoración máxima será de 15 puntos. Valoraranse unicamente os méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

2.1. Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 10 puntos. Valoraranse unicamente os períodos de contratación nalgunha categoría de profesorado universitario con docencia en titulacións oficiais. Para a valoración da docencia impartida en universidades estranxeiras, as figuras propias deses sistemas asimilaranse ás existentes no sistema universitario español, sempre que sexa posible acreditar a equivalencia do encargo docente.

2.1.1. Postos de profesor/a a tempo completo na especialidade de coñecemento: 1 punto por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.2. Postos de profesor/a a tempo completo nunha especialidade de coñecemento afín: 0,5 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.3. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 0,75 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.4. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,35 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.5. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P3, PACS ou equivalente: 0,35 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.6. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P3, PACS ou equivalente: 0,175 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1 punto por ano, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 0,75 puntos por ano, ata un máximo de 3 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.4. Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,35 puntos por ano, ata un máximo de 3 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.5. Colaboración na actividade docente universitaria. Nesta epígrafe valorarase unicamente a actividade como colaborador docente ou titor clínico en titulacións oficiais ao abeiro da disposición adicional primeira dos estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, a actividade como titor ou colaborador profesional externo en prácticas de titulacións oficiais realizadas en institucións públicas ou privadas, e a actividade de titorización de estudantes en titulacións oficiais impartidas por universidades a distancia e en liña: ata 1 punto por ano, cun máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.6. Participación na ECOE (só en especialidades de coñecemento clínicas): 1 punto por ano, ata un máximo de 5 puntos.

2.7. Dirección ou codirección de traballos académicos, como teses de doutoramento, traballos de fin de grao e máster ou proxectos de fin de carreira: ata 1 punto por traballo, ata un máximo de 5 puntos. A valoración de cada un dos traballos asignarase en función do tipo de traballo de que se trate e de se se trata dunha dirección ou codirección.

3. Calidade docente. Valoraranse unicamente cinco méritos, seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. Cada un dos méritos alegados poderá ser valorado cun máximo de 1 punto, polo que a valoración máxima da epígrafe será de 5 puntos. Dentro desta epígrafe valoraranse actividades como as seguintes:

a) Participación, en calidade de docente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola impartición de cursos cunha duración conxunta de 50 ou máis horas. A impartición de cursos cunha duración conxunta inferior a 50 horas valorarase proporcionalmente.

b) Participación, en calidade de asistente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola asistencia a cursos de formación cunha duración conxunta de 100 ou máis horas. A asistencia a cursos cunha duración conxunta inferior a 100 horas valorarase proporcionalmente.

c) Elaboración de materiais docentes, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

d) Realización de estadías de formación docente, que se valorarán a razón de 0,25 puntos por mes.

e) Participación en actividades de innovación docente, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

f) Premios e recoñecementos da calidade da docencia impartida, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 15 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, en que se aplicará o disposto no apartado 4.1.

4.1. Publicacións científicas. A valoración máxima será de 10 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de dez publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. Entre as contribucións achegadas as persoas candidatas poderán incluír como máximo tres publicadas cunha anterioridade de máis de dez anos con respecto á convocatoria; o resto deberá corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria. En calquera caso, será posible que todas as contribucións achegadas correspondan aos dez anos anteriores á convocatoria. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada (para o que se empregarán prioritariamente os indicadores de calidade aceptados internacionalmente), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.2. Participación en congresos e reunións científicas. A valoración máxima será de 2 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,4 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o ámbito (local, nacional, internacional), o tipo de participación (ponencia convidada, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.3. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional. A valoración máxima será de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,35 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal ou internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.4. Participación como investigador/a ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións. A valoración máxima será de 0,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,2 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.5. Estadías de investigación. A valoración máxima será de 0,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,1 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional.

4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións e a elaboración de informes técnicos. A valoración máxima será de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados en función da súa relevancia, cun máximo de 0,8 puntos cada un.

5. Experiencia profesional: ata 5 puntos por ano ata un máximo de 50 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa especialidade de coñecemento obxecto do concurso, correspondentes a actividades profesionais, docentes ou asistenciais desenvolvidas fóra do ámbito da universidade e acreditados nos quince anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems, correspondentes a un ou varios dos seguintes ámbitos:

a) Coñecemento de linguas estranxeiras. Por este concepto, valorarase o coñecemento de cada lingua de acordo coas seguintes puntuacións: nivel C2 do MCER, 1 punto; nivel C1 do MCER, 0,8 puntos; nivel B2 do MCER, 0,6 puntos; nivel B1 do MCER, 0,4 puntos. Non serán valorables niveis inferiores aos mencionados.

b) Outras titulacións universitarias oficiais, que se valorarán a razón de 1 punto pola posesión dun título oficial de grao ou licenciatura e 0,5 puntos pola posesión dun título oficial de máster ou diplomatura. Non serán valorables aqueles títulos que coincidan substancialmente cos achegados na epígrafe 1.1.

c) Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura, que será valorado con 0,5 puntos; másters propios, que serán valorados con 0,5 puntos; cursos de especialización, que serán valorados con 0,25 puntos, ou outros.

d) Experiencia en xestión universitaria. Será valorable exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. A experiencia en xestión universitaria valorarase con 0,25 puntos por cada ano de exercicio dun cargo unipersoal dos mencionados.

e) Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc. A dirección de traballos académicos poderá alcanzar unha valoración máxima de 1 punto, que se poderá obter pola dirección dunha tese de doutoramento presentada, ou pola dirección de dez traballos de fin de grao e máster ou de dez proxectos de fin de carreira.

f) Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3/R3 e similares, etc. Valorarase con 1 punto a participación como organizador principal dun congreso internacional, a dirección dunha publicación científica indexada ou a posesión da acreditación I3/R3. A participación como membro do comité organizador dun congreso internacional ou dun consello de redacción ou editorial dunha revista indexada valorarase con 0,5 puntos. No caso de congresos de ámbito nacional ou de revistas non indexadas, as puntuacións mencionadas reduciranse á metade.

g) Outras actividades de divulgación, como publicacións de carácter divulgativo ou en medios non especializados, impartición de conferencias e seminarios de divulgación científica, organización de xornadas de divulgación científica, etc. Cada un dos ítems alegados poderá ser valorado con ata 0,5 puntos.

h) Acreditación para categorías de profesorado de nivel superior ao da praza en concurso, que se valorarán de acordo coas seguintes puntuacións: profesorado axudante doutor, 0,5 puntos; profesorado contratado doutor, permanente laboral ou corpos docentes, 1 punto.

7. Proxecto de actividades docentes. A valoración máxima será de 20 puntos.

ANEXO IV

Profesorado asociado de Ciencias da Saúde

I. Requisitos específicos.

1. A titulación que estableza a convocatoria.

2. A acreditación de que a persoa solicitante se encontra en servizo activo na especialidade e no centro asistencial correspondente á praza convocada. Esta actividade deberá continuarse exercendo durante toda a duración do contrato como profesor/a asociado/a de ciencias da saúde.

II. Duración dos contratos.

Un ano, renovable con informe previo do departamento correspondente. Non obstante, de conformidade co disposto no artigo 79.d) da Lei orgánica do sistema universitario, o contrato de profesor/a asociado/a extinguirase en caso de cesamento da persoa interesada na súa actividade principal ou de traslado a un centro asistencial diferente do indicado na convocatoria.

III. Baremo.

Para as diferentes epígrafes e subepígrafes do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes na epígrafe ou subepígrafe de que se trate.

1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 10 puntos.

1.1. Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 4 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Nesta epífrafe só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura. No caso de que a titulación requirida na convocatoria sexa de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoracíón máxima. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.2. Doutoramento. A valoración máxima será de 4 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: sobresaliente cum laude (4 puntos), sobresaliente (3 puntos), notable (2 puntos), aprobado (1 punto). No caso de que o sistema de cualificación conste únicamente de dous graos a valoración será a seguinte: apto cum laude (4 puntos), apto (3 puntos). Se o sistema de cualificación consta dun único grao (apto), a valoración será de 3 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 1, por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.

1.3. Premios extraordinarios de grao, máster, licenciatura ou doutoramento, mencións de doutoramento internacional e outras mencións de calidade correspondentes aos títulos alegados en 1.1 e 1.2. A valoración máxima será de 2 puntos.

2. Postos desempeñados no ámbito da universidade ou de organismos públicos de investigación. A valoración máxima será de 30 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

2.1. Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 20 puntos. Valoraranse unicamente os períodos de contratación nalgunha categoría de profesorado universitario con docencia en titulacións oficiais. Para a valoración da docencia impartida en universidades estranxeiras, as figuras propias deses sistemas asimilaranse ás existentes no sistema universitario español, sempre que sexa posible acreditar a equivalencia do encargo docente.

2.1.1. Postos de profesor/a a tempo completo na especialidade de coñecemento: 2 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.2. Postos de profesor/a a tempo completo nunha especialidade de coñecemento afín: 1 punto por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.3. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 1,5 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.4. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,75 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.5. Postos de profesor/a a tempo parcial na especialidade de coñecemento, con dedicación P3 ou equivalente: 0,75 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.1.6. Postos de profesor/a a tempo parcial nunha especialidade de coñecemento afín, con dedicación P3 ou equivalente: 0,35 puntos por ano. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda.

2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, como programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 2 puntos por ano, ata un máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais. Valoraranse unicamente as bolsas e contratos obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1,5 puntos por ano, ata un máximo de 6 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.4. Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,75 puntos por ano, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.5. Colaboración na actividade docente universitaria. Nesta epígrafe valorarase unicamente a actividade como colaborador docente ou titor clínico en titulacións oficiais ao abeiro da disposición adicional primeira dos estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, a actividade como titor ou colaborador profesional externo en prácticas de titulacións oficiais realizadas en institucións públicas ou privadas, e a actividade de titorización de estudantes en titulacións oficiais impartidas por universidades a distancia e en liña: ata 1,5 puntos por ano, cun máximo de 15 puntos. Para períodos inferiores a un ano, asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a especialidades de coñecemento afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.

2.6. Participación na ECOE: 1 punto por curso, ata un máximo de 5 puntos.

2.7. Dirección ou codirección de traballos académicos, como teses de doutoramento ou traballos de fin de grao e máster: ata 1 punto por traballo, ata un máximo de 5 puntos. A valoración de cada un dos traballos asignarase en función do tipo de traballo de que se trate e de se se trata dunha dirección ou codirección.

3. Calidade docente. Valoraranse unicamente cinco méritos, seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. Cada un dos méritos alegados poderá ser valorado cun máximo de 1 punto, polo que a valoración máxima da epígrafe será de 5 puntos. Dentro desta epígrafe valoraranse actividades como as seguintes:

a) Participación, en calidade de docente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola impartición de cursos cunha duración conxunta de 50 ou máis horas. A impartición de cursos cunha duración conxunta inferior a 50 horas valorarase proporcionalmente.

b) Participación, en calidade de asistente, en actividades de formación docente. Por este concepto, poderase alcanzar a puntuación máxima de 1 punto pola asistencia a cursos de formación cunha duración conxunta de 100 ou máis horas. A asistencia a cursos cunha duración conxunta inferior a 100 horas valorarase proporcionalmente.

c) Elaboración de materiais docentes, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

d) Realización de estadías de formación docente, que se valorarán a razón de 0,25 puntos por mes.

e) Participación en actividades de innovación docente, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

f) Premios e recoñecementos da calidade da docencia impartida, que se valorarán cun máximo de 1 punto por ítem.

4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 25 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, en que se aplicará o disposto na epígrafe 4.1.

4.1. Publicacións científicas. A valoración máxima será de 15 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de dez publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1,5 puntos. Entre as contribucións achegadas as persoas candidatas poderán incluír como máximo tres publicadas cunha anterioridade de máis de dez anos con respecto á convocatoria; o resto deberá corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria. En calquera caso, será posible que todas as contribucións achegadas correspondan aos dez anos anteriores á convocatoria. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada (para o que se empregarán prioritariamente os indicadores de calidade aceptados internacionalmente), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.2. Participación en congresos e reunións científicas. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o ámbito (local, nacional, internacional), o tipo de participación (relatorio convidado, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.3. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional. A valoración máxima será de 2 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,7. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.4. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións: valoración máxima de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,35 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo), a duración e o grao de afinidade con respecto á especialidade de coñecemento da praza obxecto do concurso.

4.5. Estadías de investigación. A valoración máxima será de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,1 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional.

4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións e a elaboración de informes técnicos. A valoración máxima será de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valoradas en función da súa relevancia, con ata 0,6 puntos cada un.

5. Experiencia profesional: ata 2,5 puntos por ano ata un máximo de 25 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa especialidade de coñecemento obxecto do concurso, correspondentes a actividades profesionais, docentes ou asistenciais desenvolvidas fóra do ámbito da universidade e acreditados nos quince anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.

6. Acreditación para categorías de profesorado e corpos docentes universitarios. A valoración máxima será de 10 puntos.

7. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems, correspondentes a un ou varios dos seguintes ámbitos:

a) Coñecemento de linguas estranxeiras. Por este concepto, valorarase o coñecemento de cada lingua de acordo coas seguintes puntuacións: nivel C2 do MCER, 1 punto; nivel C1 do MCER, 0,8 puntos; nivel B2 do MCER, 0,6 puntos; nivel B1 do MCER, 0,4 puntos. Non serán valorables niveis inferiores aos mencionados.

b) Outras titulacións universitarias oficiais, que se valorarán a razón de 1 punto pola posesión dun título oficial de grao ou licenciatura e 0,5 puntos pola posesión dun título oficial de máster ou diplomatura. Non serán valorables aqueles títulos que coincidan substancialmente cos achegados na epígrafe 1.1.

c) Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura, que será valorado con 0,5 puntos; másters propios, que serán valorados con 0,5 puntos; cursos de especialización, que serán valorados con 0,25 puntos, ou outros.

d) Experiencia en xestión universitaria. Será valorable exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. A experiencia en xestión universitaria valorarase con 0,25 puntos por cada ano de exercicio dun cargo unipersoal dos mencionados.

e) Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc. A dirección de traballos académicos poderá alcanzar unha valoración máxima de 1 punto, que se poderá obter pola dirección dunha tese de doutoramento presentada, ou pola dirección de dez traballos de fin de grao e máster ou de dez proxectos de fin de carreira.

f) Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3/R3 e similares, etc. Valorarase con 1 punto a participación como organizador principal dun congreso internacional, a dirección dunha publicación científica indexada ou a posesión da acreditación I3/R3. A participación como membro do comité organizador dun congreso internacional ou dun consello de redacción ou editorial dunha revista indexada valorarase con 0,5 puntos. No caso de congresos de ámbito nacional ou de revistas non indexadas, as puntuacións mencionadas reduciranse á metade.

g) Outras actividades de divulgación, como publicacións de carácter divulgativo ou en medios non especializados, impartición de conferencias e seminarios de divulgación científica, organización de xornadas de divulgación científica, etc. Cada un dos ítems alegados poderá ser valorado con ata 0,5 puntos.

ANEXO V

Profesorado permanente laboral

I. Requisitos específicos.

1. Título de doutor.

2. Acreditación para a figura de profesorado permanente laboral ou profesorado contratado doutor ou para unha categoría superior.

3. No caso de prazas con vinculación asistencial, título de especialista requirido na convocatoria.

II. Baremo.

Para as diferentes epígrafes do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algunha persoa aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todas as persoas aspirantes na epígrafe de que se trate.

1. Formación académica (máximo de 15 puntos; 10 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Expediente académico.

b) Grao de licenciatura ou proxecto de fin de carreira naqueles estudos que o recollan no seu plan de estudos.

c) Diploma de estudos avanzados ou suficiencia investigadora.

d) Tese de doutoramento.

e) Outras titulacións de grao e máster ou equivalentes.

f) Premios extraordinarios de titulacións oficiais.

g) Doutoramento europeo ou internacional e outras mencións de calidade.

2. Traxectoria investigadora e de transferencia (máximo de 40 puntos; 35 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

2.1. Difusión da actividade investigadora.

2.1.1. Publicacións científicas.

2.1.2. Participación en congresos e reunións científicas.

2.2. Proxectos e contratos de investigación.

2.2.1. Participación en proxectos de investigación.

2.2.2. Participación en contratos de investigación.

2.3. Bolsas e contratos de investigador.

2.3.1. Bolsas e contratos pre e posdoutorais obtidos en convocatorias competitivas.

2.3.2. Bolsas e contratos pre e posdoutorais con cargo a proxectos e contratos de investigación.

2.4. Patentes, produtos con rexistro de propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións.

2.5. Estadías en centros de investigación ou outras institucións de educación superior.

2.6. Outros méritos relacionados coa experiencia investigadora.

3. Traxectoria docente (máximo de 40 puntos; 25 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

3.1. Dedicación docente.

3.1.1. Docencia en titulacións universitarias oficiais.

3.1.2. Docencia en ensino oficial non universitario.

3.1.3. Dirección de traballos académicos.

3.2. Calidade da actividade docente (avaliacións positivas da actividade docente, elaboración de materiais docentes orixinais, participación en proxectos de innovación docente, etc.).

3.3. Calidade da formación docente (participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, estadías en centros docentes, etc.).

3.4. Outros méritos relacionados coa traxectoria docente.

4. Experiencia asistencial (máximo 25 puntos, só para prazas con vinculación asistencial).

5. Outros méritos relevantes para a praza (máximo 5 puntos).

5.1. Participación na xestión académica e na difusión da cultura universitaria.

5.2. Mobilidade.

5.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

5.4. Acreditación para unha figura de categoría superior á da praza en concurso.

5.5. Outros.

6. Proxecto de actividades docentes (máximo 50 puntos).

7. Proxecto investigador (máximo 50 puntos).

ANEXO VI

Profesorado titular

I. Requisitos específicos.

1. Título de doutor.

2. Acreditación para o corpo docente de profesorado titular de universidade.

3. No caso de prazas con vinculación asistencial, título de especialista requirido na convocatoria.

II. Baremo.

Para as diferentes epígrafes do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algunha persoa aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todas as persoas aspirantes na epígrafe de que se trate.

1. Traxectoria investigadora e de transferencia (máximo de 45 puntos; 35 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

1.1. Difusión da actividade investigadora.

1.1.1. Publicacións científicas.

1.1.2. Participación en congresos e reunións científicas.

1.2. Proxectos e contratos de investigación.

1.2.1. Participación en proxectos de investigación.

1.2.2. Participación en contratos de investigación.

1.3. Bolsas e contratos de investigador.

1.3.1. Bolsas e contratos pre e posdoutorais obtidos en convocatorias competitivas.

1.3.2. Bolsas e contratos pre e posdoutorais con cargo a proxectos e contratos de investigación.

1.4. Patentes, produtos con rexistro de propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións.

1.5. Estadías en centros de investigación ou outras institucións de educación superior.

1.6. Outros méritos relacionados coa experiencia investigadora.

2. Traxectoria docente (máximo de 45 puntos; 35 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

2.1. Dedicación docente.

2.1.1. Docencia en titulacións universitarias oficiais.

2.1.2. Docencia en ensino oficial non universitario.

2.1.3. Dirección de traballos académicos.

2.2. Calidade da actividade docente (avaliacións positivas da actividade docente, elaboración de materiais docentes orixinais, participación en proxectos de innovación docente, etc.).

2.3. Calidade da formación docente (participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, estadías en centros docentes, etc.).

2.4. Outros méritos relacionados coa traxectoria docente.

3. Experiencia asistencial (máximo 20 puntos, só para prazas con vinculación asistencial).

4. Outros méritos relevantes para a praza (máximo 10 puntos).

4.1. Participación na xestión académica e na difusión da cultura universitaria.

4.2. Mobilidade.

4.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

4.4. Acreditación ou habilitación para unha figura de categoría superior á da praza en concurso.

4.5. Outros.

5. Proxecto de actividades docentes (máximo 50 puntos).

6. Proxecto investigador (máximo 50 puntos).

ANEXO VII

Catedrático/a de universidade

I. Requisitos específicos.

1. Título de doutor.

2. Acreditación para o corpo docente de catedrático/a de universidade.

3. No caso de prazas con vinculación asistencial, título de especialista requirido na convocatoria.

II. Baremo.

Para as diferentes epígrafes do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algunha persoa aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todas as persoas aspirantes na epígrafe de que se trate.

1. Traxectoria investigadora e de transferencia (máximo de 45 puntos; 35 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

1.1. Difusión da actividade investigadora.

1.1.1. Publicacións científicas.

1.1.2. Participación en congresos e reunións científicas.

1.2. Proxectos e contratos de investigación.

1.2.1. Participación en proxectos de investigación.

1.2.2. Participación en contratos de investigación.

1.3. Bolsas e contratos de investigador.

1.3.1. Bolsas e contratos pre e posdoutorais obtidos en convocatorias competitivas.

1.3.2. Bolsas e contratos pre e posdoutorais con cargo a proxectos e contratos de investigación.

1.4. Patentes, produtos con rexistro de propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións.

1.5. Estadías en centros de investigación ou outras institucións de educación superior.

1.6. Outros méritos relacionados coa experiencia investigadora.

2. Traxectoria docente (máximo de 45 puntos; 35 no caso de prazas con vinculación asistencial). Neste apartado valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

2.1. Dedicación docente.

2.1.1. Docencia en titulacións universitarias oficiais.

2.1.2. Docencia en ensino oficial non universitario.

2.1.3. Dirección de traballos académicos.

2.2. Calidade da actividade docente (avaliacións positivas da actividade docente, elaboración de materiais docentes orixinais, participación en proxectos de innovación docente, etc.).

2.3. Calidade da formación docente (participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, estadías en centros docentes, etc.).

2.4. Outros méritos relacionados coa traxectoria docente.

3. Experiencia asistencial (máximo 20 puntos, só para prazas con vinculación asistencial).

4. Outros méritos relevantes para a praza (máximo 10 puntos).

4.1. Participación na xestión académica e na difusión da cultura universitaria.

4.2. Mobilidade.

4.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

4.4. Outros.

5. Proxecto investigador (máximo 50 puntos).