DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2023 Páx. 60616

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 19 de outubro de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado estranxeio Montessori Compostela, de Santiago de Compostela.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 29 de agosto de 2016, concedeuse a autorización de apertura e funcionamento temporal ao centro privado estranxeiro (CPREX) Montessori Compostela, de Santiago de Compostela, para impartir ensinanzas do sistema educativo dos Estados Unidos de América, para alumnado español e estranxeiro; autorización que foi prorrogada e modificada con posterioridade mediante distintas ordes desta consellería.

A titularidade do centro educativo solicita unha modificación da autorización da Sección Secundaria para un máximo de 10 alumnos/as de 12 a 16 anos e achega un escrito do 5 de setembro de 2023 emitido pola Middle States Association Commissions on Elementary and Secondary Schools (MSA-CESS), Comisión de Middle States Association para centros de educación primaria y secundaria, no cal fai constar que o centro será revisado para a súa acreditación polos Comisionados na primavera de 2024.

Logo da tramitación do expediente de conformidade co establecido no Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre centros docentes estranxeiros en España, e no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización da Sección Secundaria para un máximo de 10 alumnos/as de 12 a 16 anos, quedando configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado estranxeiro (CPREX).

Denominación específica: Montessori Compostela.

Código do centro: 15033046.

Domicilio: rúa de Sar, 68 (Colexiata de Sar).

Código postal: 15702.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Montessori Compostela, S.L.

Ensinanzas autorizadas do sistema educativo dos Estados Unidos de América para alumnado español e estranxeiro, ata o 23 de xullo de 2024:

Pre-School Section (infantil, de 3 a 6 anos) para un máximo de 30 estudantes.

Elementary Section (primaria, de 6 a 12 anos) para un máximo de 55 estudantes.

Secondary Section (secundaria, de 12 a 16 anos) para un máximo de 10 estudantes.

Artigo 2. Ensinanzas de lingua e cultura

O centro deberá complementar as ensinanzas autorizadas, de niveles equivalentes aos obrigatorios do sistema educativo español con ensinanzas de lingua española e de lingua galega, que deberán impartirse co mesmo deseño e horario establecidos nos correspondentes decretos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a cultura española deberá desenvolver os contidos esenciais da correspondente área de coñecemento, recollidos na norma reguladora das ensinanzas.

Artigo 3. Requisitos do profesorado

O profesorado que imparta as ensinanzas mencionadas no artigo 2 deberá reunir os requisitos de titulación requiridos pola lexislación española para o nivel educativo, e terá os dereitos e obrigas que determina o artigo 12 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta estas materias.

Artigo 4. Obrigas do centro

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio.

Así mesmo, a titularidade achegará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos os documentos que permitan verificar os avances no proceso de acreditación plena por parte da Middle States Association Commissions on Elementary and Secondary Schools (MSA-CESS), Comisión de Middle States Association para centros de educación primaria y secundaria, e solicitará unha modificación ou nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.

Artigo 5. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades