DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60435

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se modifica o anexo da Resolución do 26 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (IN519B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde do 14 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (IN519B), publicouse, mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Industria do 26 de maio de 2023, o extracto das axudas outorgadas pola Resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación do 4 de abril de 2023 ao abeiro da dita orde (DOG núm. 107, do 7 de xuño).

Mediante a Orde do 2 de maio de 2023 (DOG núm. 87, do 8 de maio) e a Orde do 21 de xullo de 2023 (DOG núm. 148, do 4 de agosto) ampliouse o crédito da Orde do 14 de decembro de 2022. Ademais, algúns concellos beneficiarios da subvención renunciaron ás axudas concedidas. Todo isto xerou crédito dispoñible, que foi destinado a atender as solicitudes que figuraban na listaxe de agarda, consonte o establecido na epígrafe Condicións xerais para os expedientes que conforman a listaxe de agarda da Resolución do 4 de abril de 2023.

Publícanse por medio desta resolución os beneficiarios definitivos das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación ao abeiro da Orde do 14 de decembro de 2022. No anexo recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas. A listaxe inclúe os beneficiarios que renunciaron á subvención.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria

ANEXO

Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía da axuda

Concello de Agolada

P3602000F

IN519B 2023/38-0

Mellora de infraestruturas viarias no interior do polígono industrial Merlín

119.983,60 €

Concello de Ames

P1500200I

IN519B 2023/40-0

Proxecto de eficiencia enerxética na iluminación pública no parque empresarial Novo Milladoiro

41.803,72 €

Concello do Barco de Valdeorras

P3201000A

IN519B 2023/62-0

Mellora de infraestruturas no polígono industrial do Barco de Valdeorras

120.000,00 €

Concello de Boiro

P1501100J

IN519B 2023/35-0

Mellora na iluminación pública no parque empresarial de Espiñeira: iluminación pública

47.796,62 €

Concello de Boiro

P1501100J

IN519B 2023/36-0

Mellora de infraestruturas no parque empresarial de Espiñeira: infraestrutura viaria

65.767,50 €

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

IN519B 2023/03-0

Acondicionamento e mellora do acceso á zona industrial O Picón

120.000,00 €

Concello de Cabanas

P1501500A

IN519B 2023/33-0

Mellora de accesos no parque empresarial de Vilar do Colo

47.999,99 €

Concello de Cambados

P3600600E

IN519B 2023/09-0

Dotación de infraestruturas no polígono industrial de Sete Pías

86.593,69 €

Concello de Campo Lameiro

P3600700C

IN519B 2023/88-0

Xestión de residuos

41.257,02 €

Concello da Cañiza

P3600900I

IN519B 2023/23-0

Mellora no parque empresarial de Uceira

22.512,64 €

Concello do Carballiño

P3202000J

IN519B 2023/15-0

Mellora da vía de acceso noroeste da área empresarial do Carballiño

119.992,95 €

Concello do Carballiño

P3202000J

IN519B 2023/69-0

Proxecto de aforro enerxético na iluminación pública do parque empresarial de Uceira

34.470,48 €

Concello de Castro de Rei

P2701000H

IN519B 2023/66-0

Mellora da infraestruturas no parque empresarial Castro Ribeiras de Lea

14.074,72 €

Concello de Cervo

P2701300B

IN519B 2023/61-0

Mellora da eficiencia enerxética en instalación de iluminación pública no parque empresarial de Cuíña

41.842,40 €

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2023/30-0

Sistemas de protección contra incendios no parque empresarial de Coirós

70.416,87 €

Concello de Fene

P1503600G

IN519B 2023/60-0

Mellora da sinalización e accesibilidade ao polígono de Vilar do Colo

98.779,58 €

Concello da Gudiña

P3203500H

IN519B 2023/13-0

Mellora da rede de saneamento do polígono industrial da Gudiña

93.522,70 €

Concello da Lama

P3602500E

IN519B 2023/20-0

Mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial do Racelo

41.621,38 €

Concello de Meaño

P3602700A

IN519B 2023/42-0

Ampliación da rede de saneamento do polígono industrial da Pedreira

42.909,02 €

Concello de Moraña

P3603200A

IN519B 2023/34-0

Mellora de saneamento e servizos no polígono de Mirallos

98.724,82 €

Concello de Noia

P1505800A

IN519B 2023/64-0

Mellora do punto limpo

44.213,43 €

Concello de Noia

P1505800A

IN519B 2023/65-0

Infraestruturas viarias no polígono industrial de Augalevada

45.440,89 €

Concello de Oleiros

P1505900I

IN519B 2023/56-0

Melloras nas infraestruturas viarias do polígono comercial de Icaria

120.000,00 €

Concello de Ordes

P1506000G

IN519B 2023/45-0

Mellora do firme na vía principal do polígono de Merelle

120.000,00 €

Concello de Oroso

P1506100E

IN519B 2023/52-0

Infraestruturas viarias

120.000,00 €

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

IN519B 2023/51-0

Mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial de Outeiro de Rei

108.568,70 €

Concello de Palas de Rei

P2704000E

IN519B 2023/47-0

Mellora do firme do parque empresarial

28.328,98 €

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

IN519B 2023/74-0

Mellora da vía de acceso noroeste ao parque empresarial do Pereiro de Aguiar, fase 2

38.587,14 €

Concello de Ponteceso

P1506900H

IN519B 2023/32-0

Mellora no acceso ao parque empresarial Tella, fase III

26.092,67 €

Concello de Pontedeva

P3206500E

IN519B 2023/49-0

Mellora do acceso ao polígono de Trado

86.480,88 €

Concello de Ribeira

P1507400H

IN519B 2023/87-0

Saneamento na avenida Ramiro Carregal

77.819,19 €

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

IN519B 2023/14-0

Mellora do acceso ao polígono de Chan da Ponte

5.604,30 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2023/27-0

Mellora do firme de vías no polígono industrial de Barreiros

42.042,35 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2023/28-0

Mellora da rede troncal de videovixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas

41.466,20 €

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2023/10-0

Infraestrutura viaria no polígono industrial de San Cristovo de Cea

120.000,00 €

Concello de Santa Comba

P1507800I

IN519B 2023/76-0

Mellora do acceso sueste ao parque empresarial de Santa Comba

67.869,67 €

Concello de Sanxenxo

P3605100A

IN519B 2023/70-0

Melloras na iluminación pública no parque empresarial de Nantes

120.000,00 €

Concello de Sarria

P2705700I

IN519B 2023/53-0

Mellora de infraestruturas viarias no polígono industrial do Morelle

120.000,00 €

Concello do Saviñao

P2705800G

IN519B 2023/21-0

Acondicionamento do parque empresarial do Peago

55.292,16 €

Concello das Somozas

P1508200A

IN519B 2023/07-0

Pavimentación do vial principal no polígono industrial das Somozas

120.000,00 €

Concello de Tordoia

P1508500D

IN519B 2023/71-0

Renovación de instalacións de iluminación pública na Pedrasalgueira

6.816,03 €

Concello de Valga

P3605600J

IN519B 2023/08-0

Mellora dos accesos e infraestruturas do parque empresarial de Campaña

41.510,69 €

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

IN519B 2023/59-0

Instalación de depuradora de auga no polígono industrial do Camballón

120.000,00 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2023/25-0

Infraestruturas viarias no polígono empresarial de Tamallancos

38.718,91 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2023/29-0

Mellora da xestión de residuos no parque empresarial de Tamallancos

30.958,36 €