DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60438

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro no ano 2023 (código de procedemento CT221A) (Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 15 da orde de convocatoria, as resolucións administrativas publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://www.cultura.gal

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.432A.770.01 do procedemento CT221A para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades celebradas no sector do libro no ano 2023.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Entidade beneficiaria

Ámbito xeográfico solicitado

Importe axuda

Creotz Ediciones, S.L.

– Guadalajara (México)

– La Habana (Cuba)

1.600,00 €

1.600,00 €

Kalandraka Editora, S.L.

– Frankfurt (Alemaña)

– Guadalajara (México)

900,00 €

1.600,00 €

Editorial Bululu, S.L.

– Madrid

– Guadalajara (México)

500,00 €

1.600,00 €

Edicións Laiovento, S.L.

– Madrid

500,00 €