DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60439

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR880B).

O 17 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 135 a Orde do 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR880B).

O artigo 4.1 da Orde do 13 de xullo distribúe o crédito dispoñible para a concesión das axudas con distribución plurianual, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Programa

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

Programa I

11.31.322C.770.0

2023 00115

3.000.000

2.000.000

5.000.000

Programa II

11.31.322C.470.0

2023 00116

0

1.000.000

1.000.000

Total

3.000.000

3.000.000

6.000.000

Non obstante, no seu número 4 sinala que «A distribución de fondos establecida para cada anualidade, na primeira aplicación orzamentaria sinalada, é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sen incrementar o crédito total».

Unha vez reunida a Comisión de avaliación, logo de revisar todos os proxectos de emprendemento presentados e avaliar aqueles que cumprían os requisitos sinalados nas bases reguladoras destas axudas, conclúese que o crédito da anualidade 2024 non é suficiente para atender todas as solicitudes que reúnen os requisitos para ser beneficiarias posto que existe un déficit na aplicación 11.31.322C.770.0. Pola contra, nos créditos da anualidade 2023 existe un remanente de crédito suficiente para atender as necesidades da anualidade 2024.

Segundo o artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, é posible modificar a distribución inicialmente aprobada nunha convocatoria de subvencións, supeditándoa unicamente á tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto e a súa publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

En consecuencia co anteriormente exposto:

RESOLVO:

Primeiro. Reaxustar as anualidades previstas na aplicación 11.31.322C.770.0 do proxecto 2023 00115 que financia as axudas ao investimento recollidas no programa I, sen incrementar o orzamento total da convocatoria, minorando a anualidade 2023 en 145.410,18 € e incrementando o mesmo importe na anualidade 2024. Os créditos quedarían coa seguinte distribución plurianual:

Programa

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

Programa I

11.31.322C.770.0

2023 00115

2.854.589,82

2.145.410,18

5.000.000

Segundo. Esta modificación non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

Margarita Ardao Rodríguez
Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego