DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60479

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria dun posto de persoal directivo (director/a de Profesionalización).

En virtude do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I desta resolución, ao cal, de acordo co artigo 29 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, lle corresponde a dirección da Área do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e da Área de Formación Continua e Consultoría da Axencia.

Segundo. Aprobar as bases polas cales se rexerá o proceso de selección, que se inclúen no anexo II.

Terceiro. Para participar nesta convocatoria, as persoas candidatas empregarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante o director da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderá impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

José Manuel Merelle Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO I

Código: PX.A20.00.005.15770.001.

Denominación do posto: director/a de Profesionalización.

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal directivo. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Directivo do grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección/laboral ou funcionario.

ANEXO II

Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a de Profesionalización da Axencia de Turismo de Galicia

Primeira. Obxecto da convocatoria

Esta convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de director/a de Profesionalización da Axencia de Turismo de Galicia.

Segunda. Vínculo xurídico

O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, se é persoal laboral, ou libre designación, se é persoal funcionario de carreira, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico; na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

O/a director/a estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades recollido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades de persoal ao servizo das administracións públicas.

Terceira. Funcións do/da director/a

Son funcións propias do/da director/a as establecidas no artigo 29 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Cuarta. Requisitos das persoas aspirantes

As persoas aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:

a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

b) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

c) Ter feito os dezaseis anos.

d) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Non encontrarse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían, no caso de persoal laboral, en que fose separado/a ou inhabilitado/a.

f) Estar en posesión dunha titulación superior universitaria de licenciatura ou grao no eido das Ciencias Económicas, Empresariais ou Xurídicas, ou en xestión de empresas hostaleiras.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.

g) Coñecemento lingüístico: acreditarase o coñecemento do idioma galego presentando o título do Celga 4, título de perfeccionamento do idioma galego ou estudos equivalentes, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Os candidatos que non cumpran o requisito lingüístico deberán superar unha proba de dominio do idioma galego. Esta proba consistirá nunha tradución galego-castelán e outra castelán-galego. A súa valoración será apto ou non apto. A valoración de non apto suporá a exclusión do proceso selectivo.

O lugar, a data e a hora anunciaranse na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia.

Para a realización da dita proba o tribunal poderá requirir o asesoramento de persoal cualificado na materia.

Estes requisitos deberán cumprirse na data de publicación do anuncio no Diario oficial de Galicia (DOG) desta convocatoria e manterse ata o momento da toma de posesión ou formalización do contrato.

Quinta. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro da Axencia de Turismo de Galicia (estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, deberán remitirse por fax ao seguinte número: 981 54 63 56 e, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.

2. As solicitudes tamén se poderán presentar por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR004A, accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

3. As solicitudes deberán dirixirse á Dirección da Axencia de Turismo de Galicia.

4. A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

5. Na solicitude, os/as aspirantes deberán presentar declaración responsable de que reúnen todos e cada un dos requisitos exixidos.

6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras e, ao abeiro do establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, implicará a autorización á Axencia de Turismo de Galicia para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas. Non obstante, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; daquela, deberá presentar, xunto coa solicitude, unha copia cotexada do documento de identidade en vigor.

7. Así mesmo, deberá presentar copia cotexada do título universitario exixido ou certificación académica que acredite ter realizado os estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do título académico.

8. Coa solicitude tamén deberá relacionar de forma individualizada cada un dos méritos que alegue e presentar a documentación acreditativa destes para a súa valoración, ben orixinal ou ben fotocopia cotexada.

9. Así mesmo, coa solicitude terá que achegarse o plan de actuación (recollido no punto 8 destas bases) en soporte papel e en formato electrónico.

10. O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións e serán responsabilidade do/da aspirante tanto os erros na súa consignación como a comunicación de calquera cambio.

11. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexta. Admisión de aspirantes

Tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, a Axencia de Turismo de Galicia ditará resolución en que se aproben as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

A lista publicarase no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional, e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución en que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Esta resolución farase pública no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, igual que todas as publicacións referidas a esta convocatoria.

Sétima. Tribunal de selección

O tribunal de selección será nomeado por resolución do director da Axencia de Turismo de Galicia e será constituído unha vez publicada na web da Axencia de Turismo de Galicia a relación definitiva de aspirantes. Serán de aplicación a este órgano as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros se poidan desprazar ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

Oitava. Procedemento selectivo

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a selección efectuarase polo procedemento de concurso, que consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polas persoas aspirantes e que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, cuxa puntuación máxima é de 100 puntos.

O proceso consistirá na baremación de méritos alegados e valoración dun plan de actuación da Dirección de Profesionalización.

1.1. Valoración dos méritos cunha puntuación máxima de 60 puntos.

A valoración dos méritos desenvolverase conforme a seguinte distribución.

1.1.1. Formación, puntuación máxima de 20 puntos.

– Por estar en posesión dunha segunda licenciatura/grao ou posgrao universitario vinculados ao sector turístico, impartidos por centros oficiais de titularidade pública ou privada homologadas: 10 puntos.

– Dominio de idiomas estranxeiros, acreditado mediante titulacións expedidas por organismos oficiais, ata un máximo de 10 puntos.

• Inglés: máx. 6 puntos.

– Certificado de nivel B2 ou superior, de acordo coa táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER): 6 puntos.

– Certificado de nivel B1, de acordo coa táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER): 3 puntos.

• Outros: 2 puntos por cada un.

– Certificado de nivel B2 ou superior, de acordo coa táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER): 2 puntos.

– Certificado de nivel B1, de acordo coa táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER): 1 punto.

1.1.2. Experiencia, cunha puntuación máxima de 40 puntos.

– Por experiencia laboral de, cando menos, cinco anos en tarefas de dirección no sector público turístico: 5 puntos por cada ano a partir do quinto, ata un máximo de 25.

– Por experiencia laboral de, cando menos, tres anos en tarefas de planificación, elaboración e xestión das campañas de promoción e publicidade no sector do turismo: 5 puntos por cada ano a partir do terceiro, ata un máximo de 10.

– Por experiencia laboral de, cando menos, un ano en tarefas de formación no sector do turismo: 2.5 puntos por cada ano a partir do primeiro, ata un máximo de 5.

1.2. Plan de actuación para a Dirección de Profesionalización, cunha puntuación máxima de 40 puntos.

As persoas aspirantes deberán presentar un plan de actuación en que se recolla a estratexia que se desenvolvería na Dirección de Profesionalización da Axencia de Turismo de Galicia a medio prazo. Este plan deberá conter as principais accións que se porían en marcha, e indicar unha planificación aproximada delas e o modelo de seguimento e avaliación que se aplicaría.

O plan non poderá superar os 50 folios de extensión, a dobre espazo por unha soa cara, letra Arial, tamaño 11.

O plan valorarase conforme os seguintes criterios:

• Pertinencia, entendida como a adecuación dos obxectivos do plan proposto á estratexia e prioridades de Turismo de Galicia.

• Viabilidade, entendida como unha adecuada identificación e tratamento das condicións económicas, materiais, técnicas e humanas necesarias para afrontar as tarefas e acadar os obxectivos que se propoñen no plan proposto.

• Eficacia, entendida como grao previsible de consecución dos obxectivos e resultados propios do plan proposto.

• Eficiencia, entendida como relación existente entre os obxectivos e os recursos que se xulgan para acadalos.

• Sustentabilidade, grao en que os efectos transformadores derivados da posta en marcha do plan proposto poderán ser sostidos no tempo.

• Impacto, valoración e toma en consideración dos efectos directos e indirectos, derivados da posta en marcha do plan proposto.

• Coherencia e grao de consistencia entre os diversos compoñentes do plan proposto en relación cos fins que se propoñen.

• Contido innovador do plan proposto, valorando a novidade do proxecto e a súa potencial achega inspiradora para futuras iniciativas.

Para valorar o plan de actuación (número 1.2), o/a candidato/a deberá obter, cando menos, 35 puntos na parte de méritos (1.1).

A relación provisional, coas puntuacións obtidas polos/as aspirantes, publicarase no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional da Axencia de Turismo de Galicia, e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución en que se aprobe a lista coas puntuacións definitivas. Esta resolución farase pública na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia.

Novena. Cualificación e lista de persoas seleccionadas

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes do proceso.

En caso de empate na puntuación total, dirimirase a favor da persoa que obteña maior puntuación nas distintas partes do procedemento selectivo e pola orde establecida nel (1º baremación de méritos; 2º valoración do plan de actuación).

De persistir o empate, resolverase a favor do/da aspirante que obtivese a maior puntuación na parte de experiencia laboral. Se aínda así persiste o empate, resolverase por sorteo.

Unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional da Axencia de Turismo de Galicia as puntuacións obtidas polos aspirantes, con indicación do/da candidato/a seleccionado/a. Establécese un prazo de tres días, contados desde a publicación, para presentar alegacións. A estimación ou desestimación entenderase implícita na resolución definitiva.

O tribunal elevará ao director da Axencia de Turismo de Galicia a proposta a favor do/da aspirante que obteña a maior puntuación. O nomeamento corresponde ao Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia por proposta motivada da Dirección.

De non se presentar solicitudes, de non cumprir ningunha das rexistradas os requisitos exixidos ou de ser considerado que ningunha dos/das candidatos/as resulta idóneo para o posto, a convocatoria será declarada deserta mediante resolución do director da Axencia de Turismo de Galicia que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Décima. Forma de acreditación e valoración dos méritos

A formación acreditarase mediante a presentación de fotocopia cotexada dos títulos ou certificados correspondentes.

A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación do informe de vida laboral ou certificado de aboamento de cotas ao réxime de autónomos se se alegan servizos profesionais por conta propia, contratos de traballo por conta allea ou propia, ou acta de toma de posesión de cargos públicos ou funcionario/a público/a, se é o caso. Ademais, o/a aspirante deberá anexar un certificado de tarefas, así como calquera outro documento que permita acreditar o cumprimento dos méritos asociados á experiencia laboral.

O tribunal non valorará aqueles méritos das persoas aspirantes que non estean acreditados, nin aqueles posteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

missing image file