DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Campo Lameiro

ANUNCIO do 9 de outubro de 2023 en relación co procedemento aberto en materia de xestión da biomasa.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que mediante a Resolución do expediente 537/2022, do 9 de outubro de 2023, se resolveu o que segue:

RESOLVO

Primeiro. Acordar a execución subsidiaria das actuacións materiais seguintes na parcela correspondente coa referencia catastral 36007A04900305, de acordo coa seguinte valoración:

Actuacións materiais

Valoración (€)

Roza manual

1.500

Roza mecanizada

Selección e corta polo pé, redución da densidade arbórea

Total

1.500

Os gastos que diso deriven serán por conta de José Manuel Cerviño Solla, con DNI*.**7.456-*. As actuacións executaranse por contrato.

Segundo. Advertir que a execución subsidiaria das actuacións se levará a cabo no prazo máximo dun mes desde a publicación desta resolución.

Terceiro. Aprobar a cantidade de 1.500 euros como provisión de fondos para a realización das obras indicadas anteriormente.

Cuarto. Ordenar que José Manuel Cerviño Solla, con DNI *.**7.456-*, como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, ingrese a cantidade de 1.500 € en concepto de liquidación provisional dos custos da realización das actuacións materiais sinaladas no punto primeiro. Todo iso sen prexuízo do seu carácter provisional e a resultas da liquidación definitiva que se efectúe unha vez realizadas as correspondentes actuacións de xestión da biomasa.

Quinto. Remitir este expediente á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra para efectos de que inicie o correspondente procedemento sancionador.

Sexto. Notificarlles aos interesados a resolución de Alcaldía.

Séptimo. Á vista de que non resulta posible a notificación ao titular da parcela correspondente coa referencia catastral 36007A04900305, e a teor do establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, remítase anuncio ao Diario Oficial de Galicia, ao Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e ao taboleiro de anuncios do Concello, en que se comunique que as actuacións materiais se realizarán no prazo máximo dun mes desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Campo Lameiro, 9 de outubro de 2023

Carlos Costa Domínguez
Alcalde