Ao non ser posible efectuar a notificación ao titular da parcela coa referencia catastral que se relaciona a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada no procedemento proceda á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición para o seu exame e coñecemento, nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Referencia catastral |
Titular |
15092A02200547 |
López y Rogelio |
Vilarmaior, 9 de outubro de 2023
Carlos Vázquez Quintián
Alcalde