DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60412

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal.

Prazas: (2) técnicos/as superiores investigadores/as (referencias: FNS-23-TSINV1, FNS-23-TSINV2).

Programa que se desenvolverá: Aplicación das tecnoloxías da intelixencia artificial á produción industrial.

Modalidade contractual: contrato de actividades científico-técnicas de duración indefinida, a xornada completa, regulado en particular polo artigo 23.bis da Lei 17/2022, do 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia