DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados correspondentes a unha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/42-ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación Adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 268 e CT 27AJ75 que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 19 de outubro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 268 e CT 27AJ75

Predio

Propietario

Concello

Data

Hora

2

Monte Veciñal Donís

Cervantes

30.11.2023

10.00