DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2023/21-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma da LMT CAS805-CAS806 entre os apoios número D29 e D34, situada no concello de Castrelo de Miño, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 18 de outubro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/21-3.

Instalación: reforma da LMT CAS805-CAS806 entre os apoios número D29 e D34.

Concello: Castrelo de Miño

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio número

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Fonteiriña

32023A068001500000HA

Descoñecido

Titular descoñecido

9.10.2023

2

Fonteiriña

32023A068001510000HB

María del Carmen Villanueva Cobelas

Enderezo descoñecido

9.10.2023