DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/59-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de reconectador TC na LMTA VLL803 no apoio 118-41-1, situada no concello do Pereiro de Aguiar, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 19 de outubro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/59-3.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA VLL803 no apoio 118-41-1.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio número

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Transformador

32059A067000040000OS

Herdeiros de Pura Álvarez Álvarez

Enderezo descoñecido

16.10.2023