DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 60161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de parcelas ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), públicase a referencia catastral da respectiva parcela en situación de risco de incendio, por resultar infrutuosa e descoñecido o lugar da notificación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advírtese expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición do interesado/a no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela

Interesado/a

Referencia catrastal

Xestiona 1279/2023 URB/32/2023

Polígono 18-parcela 197

B.L.L.I.

36036A018001970000QI

Xestiona 1069/2023 URB/21/2023

Polígono 12-parcela 20

J.A.P.

36036A012000200000QI

Xestiona 1445/2023 URB/35/2023

Polígono 50-parcela 128

R.D.A.

36036A050001280000QF

Xestiona 1445/2023 URB/35/2023

Polígono 50-parcela 132

E.D.A.

36036A050001320000QM

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 18 de outubro 2023

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa