DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 60159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle na esquina da avenida Alcalde Pérez Ardá coa rúa Montevideo (expediente 631/2022/336).

O Pleno do concello, na sesión ordinaria do 5 de outubro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o informe municipal do 4.8.2023, de análise dos informes sectoriais emitidos ao documento e de contestación ás alegacións formuladas durante o período de información pública do expediente.

Segundo. Aceptar o ámbito delimitado para o estudo de detalle e aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle da esquina avda. Alcalde Pérez Ardá, rúa Montevideo, de setembro de 2023 e presentado o 18.9.2023, promovido pola comercial Residencial Montevideo 2022, S.L. e asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Filgueira, Hugo Romero Novas e Álvaro Romero Gil Delgado.

Terceiro. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos no artigo 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Cuarto. Requirirlle ao promotor do estudo de detalle a presentación do proxecto de obras ordinarias de urbanización necesario para a realización das obras de reacondicionamento do espazo público destinado a vías locais, xunto co proxecto das obras da edificación suxeito á licenza.

Quinto. Notificarlle este acordo ao promotor e ás áreas e servizos municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; e de forma dixital, na sede electrónica deste concello, na páxina web https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente; ou ben, desde a mesma web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 23 de outubro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área Económica
e Planificación Urbana