DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 60162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles mediante anuncio no Boletin Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial do Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse a disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral/DNI

4788/2023

27067A026004010000XE

Lugar Porta da Leira, Pallaregas, Covas, Viveiro. Polígono 26, parcela 401

En investigación

6086/2023

27067A009001200000XS

27067A009001210000XZ

Lugar Real-Campo de Verdes. Polígono 9. Viveiro (Lugo)

Ferro Castrillón Vicente (herdeiros de) (***6778**)

27067A009001440000XD

Lugar Real-Campo de Verdes. Polígono 9. Viveiro (Lugo)

Cociña Costeiro Consuelo (descoñécese NIF)

5489/2023

27067A061004130000XG

Polígono 61 Parcela 413

Altamira, Galdo, Viveiro (Lugo)

Pernas López Marcelino (herdeiros de) ***7390**

Viveiro, 6 de outubro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa