DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59170

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución de 20 de outubro de 2023, de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS320A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 18 de agosto de 2023, publícase a Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS320A).

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o seu artigo 15 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Presentadas as solicitudes e rematada a instrución tras a valoración de conformidade coas bases, o 20 de outubro de 2023 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento e procede á súa notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 20 de outubro de 2023, para o procedemento BS320A, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria de carácter asociativo e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, que se incorpora no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 20 de outubro de 2023 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 20 de outubro de 2023 ditada no procedemento BS320A de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

Con data do 18 de agosto de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 156 a Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS320A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 17 de outubro de 2023 e de acordo co disposto nos artigos 12, 13 e 14 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para proceder a elaborar o correspondente informe no cal figuran as entidades con proxectos valorados.

Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria a proposta de resolución o 18 de outubro de 2023.

Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2023.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 68.480 €, dos cales 55.440 € corresponden a fondos propios e 13.040 € a fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, destinados a entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.460.0.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2023.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 69.904,18 €, dos cales 58.817,68 € corresponden a fondos propios e 11.086,50 € a fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, destinados a entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 1 de agosto de 2023 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Cuarto. Establecer a lista de reserva que se recolle no anexo III, de acordo co artigo 6.1.6.

Quinto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo IV, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.

Sexto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude; P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 1.8.2023), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas (voluntariado xuvenil)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/007

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

63,00

12.000,00 €

Total

12.000,00 €

Concesións conxuntas (voluntariado interxeracional)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/009

Concello de Vilar de Barrio

P3209000C

Ourense

58,00

4.000,00 €

Total

4.000,00 €

Concesións individuais (voluntariado xuvenil)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/019

Concello de Padrón

P1506600D

A Coruña

69,50

2.000,00 €

2

2023/025

Concello de Lousame

P1504300C

A Coruña

57,00

4.800,00 €

3

2023/027

Concello de Mesía

P1504800B

A Coruña

51,70

3.000,00 €

4

2023/024

Concello de Xove

P2702500F

Lugo

60,00

800,00 €

5

2023/041

Concello de Cervo

P2701300B

Lugo

53,50

4.800,00 €

6

2023/010

Concello de Quiroga

P2705000D

Lugo

52,00

4.800,00 €

7

2023/005

Concello de Verín

P3208600A

Ourense

52,00

4.800,00 €

8

2023/045

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

50,75

2.400,00 €

9

2023/030

Concello de Ribadavia

P3207000E

Ourense

50,00

4.800,00 €

10

2023/043

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

Pontevedra

66,50

4.800,00 €

11

2023/023

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

Pontevedra

51,75

1.640,00 €

12

2023/040

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

50,25

4.800,00 €

Total

43.440,00 €

Concesións individuais (voluntariado interxeracional)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/001

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

A Coruña

58,00

4.240,00 €

2

2023/043

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

Pontevedra

77,00

4.800,00 €

Total

9.040,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

(Voluntariado xuvenil)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/042

Fundación Abrente

G70397849

A Coruña

66,50

4.800,00 €

2

2023/048

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

66,25

4.800,00 €

3

2023/039

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

A Coruña

65,50

3.230,00 €

4

2023/037

Asociación Centinelas

G70390745

A Coruña

64,25

4.800,00 €

5

2023/022

Asociación Ecos do Sur

G15354483

A Coruña

62,50

1.512,00 €

6

2023/014

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, Aspas

G15031537

A Coruña

59,25

4.800,00 €

7

2023/017

Acción Familiar Ferrol

G15745466

A Coruña

58,75

4.275,68 €

8

2023/021

Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos

G15747678

A Coruña

56,50

4.800,00 €

9

2023/036

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de A Limia

G32302671

Ourense

63,50

4.800,00 €

10

2023/008

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

Ourense

62,00

4.800,00 €

11

2023/033

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

56,25

4.800,00 €

12

2023/026

Asociación pola Igualdade e a Coeducación, Apico

G94088549

Pontevedra

67,00

4.800,00 €

13

2023/015

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

62,00

4.800,00 €

14

2023/044

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

Pontevedra

60,50

1.800,00 €

Total

58.817,68 €

(Voluntariado interxeracional)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/022

Asociación Ecos do Sur

G15354483

A Coruña

75,50

1.006,50 €

2

2023/055

Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses

G27368661

Lugo

67,50

2.400,00 €

3

2023/003

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Ourense

50,00

4.800,00 €

4

2023/035

Asociación Cultural O Castro

G36116879

Pontevedra

54,50

2.880,00 €

Total

11.086,50 €

ANEXO III

Lista de reserva

Entidades de acción voluntaria (voluntariado xuvenil)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento

solicitado

1

2023/018

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

55,00

4.236,05 €

2

2023/011

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

Lugo

54,50

3.100,00 €

3

2023/004

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

A Coruña

53,00

4.800,00 €

4

2023/051

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

52,50

4.640,00 €

5

2023/050

Asociación Sustinea

G32422834

Ourense

52,25

4.800,00 €

6

2023/020

Fundación Sociedad Deportiva Compostela

G70585625

A Coruña

52,00

4.000,00 €

7

2023/046

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

A Coruña

51,50

2.400,00 €

8

2023/029

ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

A Coruña

51,00

4.800,00 €

9

2023/031

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

A Coruña

50,75

2.400,00 €

10

2023/047

Fundación Ingada

G70394374

A Coruña

50,50

4.800,00 €

11

2023/002

Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño

G32504508

Ourense

50,25

4.800,00 €

12

2023/058

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

Ourense

50,00

4.800,00 €

ANEXO IV

Solicitudes denegadas

Denegadas entidades locais (voluntariado xuvenil)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Causa de denegación

1

2023/006

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Lugo

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

Denegadas entidades de acción voluntaria (voluntariado xuvenil)

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Causa de denegación

1

2023/049

Asociación Xuvenil Acción Voluntaria

G70187489

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

2

2023/016

Sociedade Deportiva Compostela

G70000385

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

3

2023/057

Asociación de Axuda a Estudantes Estranxeiros

G70406038

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

4

2023/012

Asociación Ecologista y Pacifista Arco Iris

G15151574

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

5

2023/034

Asociación Valentes

G70448055

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

6

2023/056

Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Garatuxa

G42788182

A Coruña

Non inscrita R.A.V. Art. 4.1.a)

7

2023/052

Asociación Juvenil y Cultural Ateibo

G27013309

Lugo

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

8

2023/053

Asociación Amigas da Terra

G32242422

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

9

2023/003

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

10

2023/028

Down Vigo, Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

11

2023/013

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

12

2023/038

Asociación Xuvenil Abertal

G36633394

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

13

2023/035

Asociación Cultural O Castro

G36116879

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

14

2023/032

Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares

G36617082

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6

15

2023/054

Asociación Bata - Bayón, Asociación para el Tratamiento del Autismo

G36105567

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida. Art. 6.1.6