DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59163

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 18 de outubro de 2023 de selección de entidade no procedemento de asignación do concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (208 prazas) (código de procedemento BS213K).

No Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño de 2023, publícase a Resolución do 29 de maio de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (208 prazas) (código de procedemento BS213K).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, logo da valoración dos criterios e emitida a proposta, o 18 de outubro de 2023 o órgano competente emite a resolución de adxudicación dos diferentes lotes, coa cal se finaliza o procedemento.

A epígrafe 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 29 de maio de 2023 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de outubro de 2023 ditada no procedemento BS213K de selección de entidade para a execución do programa de acollemento residencial en réxime de atención de día integral, que se xuntará a esta resolución no anexo, e coa que se finaliza o procedemento.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia,
Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 18 de outubro de 2023 pola que se selecciona unha entidade,
mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do
Programa de acollemento residencial en réxime de atención de día integral
(código de procedemento BS213K)

A través da Resolución do 29 de maio de 2023 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (208 prazas).

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do programa de acollemento residencial en réxime de atención de día integral (código de procedemento BS213K), en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 29 de maio de 2023, publicada o 19 de xuño de 2023 no Diario Oficial de Galicia número 115.

Dado que só se presentou un licitador para cada un dos lotes ofertados, non é preciso establecer unha orde de prelación para concertar. En consecuencia, a documentación foi revisada polo Servizo de Protección de Menores para os efectos de comprobar que as entidades presentadas cumpren os requisitos establecidos na cláusula F da convocatoria e na normativa aplicable aos proxectos de intervención educativa e as instalacións ofertadas.

Segundo. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala:

Código de procedemento: BS213K.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 19.6.2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.3.2027.

• Lote 1 (Monforte de Lemos), 8 prazas, á entidade seguinte:

Entidade

Pía Unión de Obreras de Jesús

NIF

R7700020F

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

37.010,75 €

225.325,73 €

228.527,37 €

228.527,37 €

56.349,22 €

775.740,44 €

• Lote 2 (Santiago de Compostela), 10 prazas, entidade proposta:

Entidade

Asociación Arela

NIF

G36846152

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

51.048,37 €

311.307,16 €

316.143,66 €

316.143,66 €

77.953,23 €

1.072.596,08 €

• Lote 3 (Ponteareas), 10 prazas, entidade proposta:

Entidade

Aldeas Infantiles SOS de Galicia

NIF

G36639896

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

51.963,37 €

316.797,16 €

321.618,66 €

321.618,66 €

79.303,23 €

1.091.301,08 €

• Lote 4 (O Barco de Valdeorras), 10 prazas, entidade proposta:

Entidade

Asociación Arela

NIF

G36846152

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

51.963,37 €

316.797,16 €

321.618,66 €

321.618,66 €

79.303,23 €

1.091.301,08 €

• Lote 5 (Verín), 10 prazas, entidade proposta:

Entidade

Cruz Roja Española

NIF

Q2866001G

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

51.963,37 €

316.797,16 €

321.618,66 €

321.618,66 €

79.303,23 €

1.091.301,08 €

• Lote 6 (Ourense), 13 prazas, entidade proposta:

Entidade

Cáritas Diocesana Ourense

NIF

R3200098F

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

56.511,21 €

344.080,40 €

348.831,16 €

348.831,16 €

86.013,16 €

1.184.267,09 €

• Lote 7 (Lugo), 15 prazas, entidade proposta:

Entidade

Fundación Educativa e Social Dignidade

NIF

G27473677

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

63.897,10 €

389.002,51 €

394.276,74 €

394.276,74 €

97.218,92 €

1.338.672,01 €

• Lote 8 (Vigo), 15 prazas, entidade proposta:

Entidade

Aldeas Infantiles SOS de Galicia

NIF

G36639896

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

63.897,10 €

389.002,51 €

394.276,74 €

394.276,74 €

97.218,92 €

1.338.672,01 €

• Lote 9 (Vigo), 16 prazas, entidade proposta:

Entidade

Cáritas Diocesana Tui Vigo

NIF

R3600368I

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

67.776,63 €

412.612,08 €

418.175,83 €

418.175,83 €

103.111,85 €

1.419.852,22 €

• Lote 10 (Vigo), 20 prazas, entidade proposta:

Entidade

Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga Alborada

NIF

G36624963

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

87.385,66 €

532.216,60 €

539.836,01 €

539.836,01 €

133.110,25 €

1.832.384,53 €

• Lote 11 (Vigo), 25 prazas, entidade proposta:

Entidade

Aldeas Infantiles SOS de Galicia

NIF

G36639896

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027
(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

109.894,27 €

669.414,45 €

678.944,64 €

678.944,64 €

167.411,01 €

2.304.609,01 €

• Lote 12 (Arteixo), 26 prazas, entidade proposta:

Entidade

Congregación de Religiosos Terciarios Capuchinos de Nuestra Señora de los Dolores

NIF

R1500230F

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

114.249,81 €

695.543,86 €

705.006,47 €

705.006,47 €

173.837,21 €

2.393.643,82 €

• Lote 13 (Burela), 30 prazas, entidade proposta:

Entidade

Hijas del Divino Celo Rogacionistas

NIF

R0800037D

O importe de adxudicación e a súa distribución por anualidades é a seguinte:

2023

(2 meses)

2024

2025

2026

2027

(3 meses)

Total

Totais

(sen IVE)

129.387,59 €

787.584,09 €

798.087,64 €

798.087,64 €

196.788,73 €

2.709.935,69 €

Terceiro. Asinar o concerto social coas entidades seleccionadas dentro dos 30 días seguintes ao da publicación desta resolución de asignación do concerto, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e anexo I.J) da Resolución do 29.5.2023). Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.