DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual da unidade de execución número 10 do PERI (expediente 2023023645).

Anúnciase, de conformidade co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 199.2 do Decreto da Xunta de Galicia 143/2016, que o Concello Pleno en sesión ordinaria, do día 1 de setembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Concello Pleno en sesión ordinaria, do 1 de setembro de 2023 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

3.1. Aprobación definitiva da modificación puntual da unidade de execución nº 10 do PERI (expediente 2023023645).

O secretario dá conta do ditame da Comisión de Pleno común do 25 de agosto de 2023 que, por catro votos a favor do Grupo Municipal de Democracia Ourensana e cinco abstencións do Grupo Municipal do Partido Popular, do Grupo Municipal Socialista e do Grupo Municipal do BNG, ditamina favorablemente a proposta do concelleiro delegado de Urbanismo que se incorpora ao expediente.

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte Acordo:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PERI do Núcleo Histórico de Ourense no ámbito da unidade de execución nº 10 por instancia de Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U., con NIF A-85527604, representada por Vitoria Calvo Carballo, con NIF 02901723-C, e conforme a documentación do expediente do Servizo de Planeamento núm. 2020023645.

2. Notifica este acordo aos interesados para o seu coñecemento e paa os efectos oportunos.

3. Asumir como parte integrante deste acordo o informe da directora de VPP e PERI de cascos históricos (polo Decreto núm. 2023001024, do 2 de febreiro de 2023), do 17 de xullo de 2023, para os efectos de motivación».

Ourense, 20 de setembro de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente