DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas Ex 3.1 e 3.2 do SUNP I-33-R, Iñás (2022/PLANEAM/000014-FG número 701).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de setembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a agrupación das parcelas Ex 3.1 e 3.2 do SUNP I-33-R, Iñás (documento R.E. nº 2022015280 do 23.8.2023).

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 5 de outubro de 2023

Mª José Varela Neira
Alcaldesa en funcións