DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de execución subsidiaria para a limpeza da biomasa dos predios nos lugares de Soutullo e O Carrizal.

Resolución da Alcaldía 1008/2023, de execución subsidiaria para a limpeza da biomasa dos predios nos lugares de Soutullo e O Carrizal.

Iníciase expediente de biomasa para a parcela 8605322NH1880N0001IU o 20 de outubro de 2022 con informe da Policía local o 31 de outubro de 2022 (expediente 2023/X999/000944); neste caso, aínda que consta titular no Catastro, non constan máis datos para poder realizar as notificacións correspondentes.

A Policía local procede a informar do estado actual o día 12 de xuño de 2023.

Iníciase expediente de biomasa para a parcela 15029A063003420000DF o 3 de xullo de 2023 con informe do 31 de xullo de 2023 (expediente 2023/X999/000178), e procédese a notificar a Antonio Caamaño Carracedo. Con rexistro de entrada nº 202300000002886, do día 6 de setembro de 2023, recibimos declaración da herdeira, María Pilar Caamaño Gándara, na cal fai constar que non son propietarios, polo tanto, dito predio queda en investigación.

Procédese a publicar no DOG.

Procédese a publicar no BOE.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentadas as notificacións ás persoas responsables sen que fose posible efectualas por causas non imputables ao Concello de Coristanco, e dado o incumprimento por parte das persoas responsables que a continuación se indican da obriga da xestión de biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral, titulares, localización, m2, liquidación provisional:

8605322NH1880N0001IU, hros. José Duarte Pena, O Carrizal, 1.057 m2, 1.815 €.

15029A063003420000DF descoñecido, Soutullo 608 m2, 1.210 €.

O artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que «cando os interesados no procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, cando intenta esta non se puidese efectuar a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado».

E no uso das atribucións que me confire a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a execución subsidiaria dos traballos de limpeza das parcelas coas seguintes referencias catastrais:

Referencia catastral titulares, localización, m2, liquidación provisional:

8605322NH1880N0001IU, hros. José Duarte Pena, O Carrizal, 1.057 m2,1.815 €.

15029A063003420000DF, descoñecido, Soutullo, 608 m2, 1.210 €.

A execución subsidiaria dos traballos de limpeza e corta de arboredo levarase a cabo nas seguintes datase e horas:

Referencia catastral, localización, día e hora:

8605322NH1880N0001IU, O Carrizal, 31 outubro de 2023, ás 8.30 horas.

15029A063003420000DF, Soutullo, 30 outubro de 2023, ás 8.30 horas.

Segundo. Os traballos subsidiarios serán realizados pola empresa: Servicios Agoforestales Radasupal, S.L.

Terceiro. Os custos dos traballos de limpeza da biomasa das ditas parcelas con referencias catastrais 8605322NH1880N0001IU e 15029A063003420000DF, serán por conta dos titulares das propiedades.

Cuarto. Notificarlle ao Departamento da Policía Local para que, segundo a quenda que corresponda, o/a policía local faga levantamento da acta de entrada nos predios e posterior informe dos traballos realizados e do estado en que queda cada parcela.

Quinto. Dar traslado ao Departamento de Intervención dos custos provisionais dos traballos que se van realizar nos ditos predios.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas, en cumprimento do establecido no artigo 40 da LPAC, e de conformidade co establecido no artigo 194 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente o recurso potestativo de resposición, no prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ante o alcalde do Concello de Coristanco, de acordo cos artigos 123 e 124 da LPAC, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no contencioso-administrativo, mentres que aquel non se resolva expresamente ou produza efectos a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto sen prexuízo de que as partes interesadas poidan interpor calquera outro recurso que poidan considerar máis conveniente ao seu dereito.

Coristanco, 4 de outubro de 2023

Juan Carlos García Pose
Alcalde